Rodri Suarez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
As alcantarillas do Estado español contaron cun devoto protector: un presunto xuiz chamado Baltasar Garzón. Inquisidor, que non instructor, e megalómano. Vítima das súas propias contradiccións non sería extrano que acabara sendo xulgado por ser un fidel protector da tortura ou por pasarse o estado de dereito polo forro. Auténtico mestre dos autos de prisión sin argumentación (porque sí, porque yo lo valgo). Dá pena ver a certa "esquerda" lambéndolle os zapatos.
És moi bo. Déixáchesme aturulhado. És de outra xeración. O PP, PSOE, BNG forman parte da posguerra social. A minha noraboa por este artigo. Noutros currunchos de Espanha é máis sinxelo atopar xente que actúa con liberdade, pero en Galiza é prácticamente imposíbel.
Sr. Suárez, verdadeiramente vostede é un Potosí de erros do pensamento crítico. Porén, empezo a crer que con esta columna vostede non pretende facer unha argumentación obxectiva, senon soamente unha disertación sesgada de persoaxes ou institucións que non lle son do seu agrado sen aportar todas as probas, facendo con osadía saltos ilícitos entre eles con simplificacións excesivas e caendo no mesmo dogmatismo dos seus adversarios ideolóxicos. Como quera que eu pensaba de vostede o primeiro, paso de seguido a argumentar “ad rem” para sinalarlle os erros que detectei nas súa argumentación. Por suposto, estarei encantado de escoitar os seus comentarios se lle deixan facelo ou se así o considera. Se a súa columna vai do segundo, pode non ler nada do que poño a continuación:
Por ademarcisnegro: 1.-Denuncia valores reprobables do cristianismo e afirma que o cristián Fraga omite as desculpas por elixir esos valores reprobables. Fraga non pediu desculpas: iso é o único certo. Pero que as omitise non implica que optase por esos valores reprobables. Puido elixir outros que vostede non ten en conta: que non se sentise culpábel (autoengano), que o fixese por orgullo (non é un valor cristián), ou mesmo porque sinxelamente non fora culpábel. A omisión de Fraga debe argumentarse en conxeturas, con todas as opcións encima da mesa. Denunciando posibles valores reprobables do poder eclesiástico (ben), vostede da un salto ilícito e aproveita para denunciar a Fraga, que estaba ben relacionado co poder eclesiástico, por asociación culposa (mal), omitindo as hipóteses de outras opcións tamén factibles e polo medio simplificando en exceso ó resto do pensamento cristiá. Quere matar dun mesmo tiro dous paxaros que non son do seu agrado pero faino falazmente.
Por ademarcisnegro: Resumo de 1: Vostede afirma que Fraga omite desculpas por elixir as versión manipuladas do perdón e o arrepentimento. Está vostede descartando outras opcións. (Falacia por vaguedade, ó omitir datos importantes para realizar unha afirmación ) E ademáis, plantexa o seguinte esquema falaz: A= Fraga estaba asociado co poder eclesiástico. B=O Poder eclesiástico presenta comportamentos reprobables. Conclusión C= As accións de Fraga están relacionados con esos comportamentos reprobables. (Falacia “ad hominem” por asociación culposa. Acusa a Fraga non polos seus actos (ad rem) senon pola súa asociación (ad hominem))
Por ademarcisnegro: 2.-Falar de feitos históricos por todos coñecidos, como a morte de Carrero Blanco ou a de Sadam Hussain, por pór exemplos da autoría de asasinatos concretos, non precisa de referencias. Falar da participación de Fraga en asasinatos, sí. Non se pode argumentar tranquilamente a súa participación en seis asasinatos sen unha ou varias referencias contrastadas (a pé de páxina, ligazóns que permitan o estudo crítico de tal aseveración). Argumentando así, a súa opinión é parte dese mantra que, á forza de repetir, remata por parecer certo: Fraga participou en asasinatos. Por moi despreciable que lle parecese por ser tirano e submiso á vez, ou ser membro dun governo ditatorial, de ahí a participar en seis asasinatos vai un trecho que leva a que calquera lector con un mínimo de pensamento crítico (ou como vostede di: con un mínimo de coñecemento científico, que é o mesmo) pense que a súa é unha opinión sesgada que entra na categoría de propaganda.
Por ademarcisnegro: 3.- Estou de acordo con vostede nos excesos de Garzón, mais non son “antidemocráticos”. O uso da linguaxe perniciosa concédelle un poder retórico que leva ó lector a pensar no xuiz coma unha persona próxima ás posturas totalitarias, conseguindo así bloquear a súa capacidade de razoamento ó manipular a súas emocións. A democracia é un sistema de gobernación interesante no sentido popperiano de que permite derrocar ós dirixentes sen derramamento de sangue, por exemplo, pero non é ninguna garantía para a perfección. Os comportamentos dos así chamados "xuices estrelas" como Garzón so poden darse en paises democráticos. Por iso, mais ben serían “excesos democráticos”. Cambia o conto, porque a súa asociación con Fraga polo seu pasado franquista (antidemocrático) perde a súa ligazón e tamén as comparacións retóricas que de ahí se seguen na súa argumentación.
Por ademarcisnegro: E finalmente, 4.- Sendo excesivo o comportamento de Garzón no caso de Pepe Rei, omite vostede as sombras de este señor que moitas veces bordeu a legalidade e algunha delas tivo que pagar por facelo. É comprensible que se xa desde os anos noventa se lle coñecen papeis vinculados cunha organización terrorista, que asasina e extorsiona a cidadáns, sexa unha persona vixilada por xuices e policía. Iso non xustifica o comportamento de Garzón, que obrou mal, pero ofrecería un contexto necesario nesa parte da argumentación. Reciba un saúdo. Ademar.
Por JalinhaBranca: Ademar, non se decata vostede de que está a facer o ridículo, por moito que nos dea a matraca argumentativa e utilice palabros supostamente técnicos? E por certo, o da inocencia asasina de Fraga versus os papeis da culpabilidade de Pepe Rei é para record Guiness da intoxicación (e non etílica precisamente). Vaia vostede durmir a un palleiro!
Por ademarcisnegro: JalinhaBranca, non son palabros supostamente técnicos, son palabras técnicas. Se vostede non as entende, equivocouse de película. Cunha simple busca por internet, por exemplo na wikipedia (non está en galego), podemos atopar sobre Pepe Rei: "En 1994, la Ertzaintza registró la sede de Egin, incautando material informático del equipo de investigación. Ese mismo año se hallaron coincidencias entre los ficheros de las investigaciones del equipo de Rei y la información sobre objetivos incautada a Euskadi Ta Askatasuna (ETA)." Hai mais, pero paréceme suficiente. O do palleiro do final que me recomenda o pon a vostede a baixa altura, pero ése non é o meu problema. Un saúdo.
Por ademarcisnegro: JalinhaBranca, unha cousiña máis: teño que engadir que eu non dixen nada da inocencia asasina de Fraga, coma vostede di. Dixen que para afirmar que participou en seis asasinatos, non sendo iso un asunto ben coñecido pola maoiría da xente, compre pór referencias. Iso non significa que sexa inocente. Pero coma dixen antes, se vostede equivocouse de película, é normal que faga o ridículo opinando sobre cousas que non é capaz de entender tras unha lectura comprensiva. Novamente, un saúdo.
Por JalinhaBranca: Obviamente, non vou entrar a polemizar con alguén que utiliza a wikipedia para encasquetarlle supostos delitos a unha persoa que nunca foi condenada por colaborar cunha organización armada. Só unha cousa: non lle dea vostede tanto crédito ao que poidan dicir os cans e as cadelas do sistema (Ertzaintza, Policía, Garda Civil...) para criminalizar á disidencia porque así lle loce despois o pelo. O dito, descanse a cabeciña, que así descansamos todos/as.
Por ademarcisnegro: Paréceme ben o de non polemizar. Se me lese ben, vería que non lle encasquetei ningún delito, so dixen que é unha persona vixilada. Ademáis, afirmei que Garzón obrou mal contra el. Collo o seu consello de non dar tanto crédito ao que poidan dicir algúns membros do sistema. E eu lle aconsello que non me lexa en diagonal antes de refutarme. Un saúdo.
A característica paparrucha pro-batasuna. Nada novo. Dá noxo que haxa xente así. ¿Porqué non meteron na cárcel aos de ERC, Eusko Alkartasuna ou o BNG? ¿Non será porque non apoiaban a criminais?. Simplemente con dicir isto xa se tira por terra a bobada de "criminalización das ideas". Non tedes nin media hostia dialéctica.
Por Vasquista: Aí está o conto, a Pepe Rei ou o Egin os pecharon e os encarceraron pero NUNCA OS CONDENARON, foron absoltos, polo que queda claro que foi unha represalia política. E, por certo, a represión das ideas tamén levou a calabozos a xente de ERC ou BNG en plena 'etapa democrática'. Pasoulle a Beiras ou a Paco Rodríguez.
Por carmiña: Si, mentres se facia a purga do 89 con danificados, o paquiño quedou de wai cun feito calibrado xurídicamente e veña a que dar de martir. Qué asco dades.
Interesante reflexión. Gustoume que tamén se lle dean paus a Garzón desde a esquerda. Saúdos.
Rodri Suárez (A Coruña. 1974) é xornalista. Foi xefe da área de Política de Xornal de Galicia e xefe de Deportes en La Opinión de A Coruña, traballou en A Nosa Terra e DxT Campeón, foi guionista de humor para a TVG e colaborou ou colabora en varios medios, como en Localia Coruña (Turkia, La Prórroga) en Radio Coruña-Cadena Ser (A Tropa da Tralla ou a programación deportiva), Cope-Galicia ou as revistas Bravú e Interviú, que postas así compoñen un sorprendente pareado. Como o seu eixe vital anda entre Monte Alto e Fisterra ten o soño de ser fareiro.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting