Unha gran perda

Cando a alguén lle chega a morte a todos nos sae a vena xenerosa á hora de referenciar a súa experiencia vital. Parece que únicamente somos capaces de salientar as virtudes do finado. Ante un trance difícil coma este, sabedores todos de que ninguén seremos quen de evitalo, é lóxico que flúa a empatía.

Por X.M. Barreiro | | 23/01/2012

  • versión para imprimir

Pero, pese a esa solidariedade inicial e comprensible, hai casos de casos. E se a conmoción que xenera o recibimento de noticias desta índole pode empregarse como baremo da admiración, respeto ou afecto que calquer persoa xerou durante a súa vida, non cabe dúbida de que Isaac Díaz Pardo é unha desas (non sei se exemplo de excepcional excepción) que maior unanimidade provocou.

A súa perda conmocionou a Galicia enteira, ó mundo da política, da cultura, da empresa, a todos e cada un dos cidadáns, anónimos ou non tanto, do noso país e incluso máis aló das nosas fronteiras, porque moito máis aló chegou Isaac.

Esa turbación xeral dá idea da grandeza de Díaz Pardo, da súa dimensión polifacética, intelectualidade, esprito emprendedor, da súa bonhomía, da súa gran humildade. E, non hai que esquecer senón máis ben salientar, o seu ideario galeguista, o seu compromiso cultural, político e empresarial con esta terra. Sempre presente, sempre activo; na xuventude e na vellez; no exilio e no retorno.

Entre o seu amplo legado, gustaríame salientar, precisamente polo contexto de crise económica no que nos atopamos, a súa faceta emprendedora, un dos aspectos que mellor caracterizan ós galegos que, obrigada ou voluntariamente, percorreron o mundo. En tempos nos que é preciso incentivar a cultura emprendedora, Isaac Díaz Pardo é un dos mellores exemplos ós que se pode recurrir, e permítanme por elo que aluda a ela.

Que saliente a súa actividade empresarial, moi diversa, cargada ademais de matices, igual de relevantes, igual de significativos, e perfectamente ensamblados coa defensa e a divulgación da nosa identidade cultural como pobo diferenciado. Sargadelos é (ademais dun proxecto xerador de riqueza, confluente coa reafirmación cultural) unha seña de identidade artística, rica e única que todos os galegos interiorizamos como propia.

Isaac Díaz Pardo é un galego universal, comprometido coa súa terra e, por riba de todo, tremendamente querido. É unha gran perda e por eso Galicia enteira garda luto por el.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
8

Bruar

Que oportuno. que lindeza na formas, que bonitura nas palabras. Que engano sin enganar. Finou D. Isaac e é de obriga recoñecerlle as suas palabras. Máis tamén cabe non sen tan inxenuos como para meter a masa encefálica nas fauces dos sinistros saurios. Felicítoo polo acertado do seu artigo, pero non nos tome por idiotas. Os feitos son amores...


7

carlos Goiriz

Non, Xosé Manuel, non. Entendo o teu xogo. Pero eu non xogo. Prégoche que o deixes en paz. Tendes que procurar persoeiros así no teu partido. Non os procures fora. Nunca estaría con vos. Así que déixadeo que descanse en paz.

2 respostas
1

Por ousi: con quien no estaría sería con los radicales que defendéis la intolerancia, que invitáis a los que hablamos castellano a irnos, los que en una supuesta defensa de galicia ponéis bombas, menospreciáis a los demás por tener un discurso distinto.... con esos Díaz Pardo , JAMÁS ESTARÍA, era un hombre que desde el respeto y la tolerancia defendió sus ideales, NO DESDE LA VIOLENCIA DIALÉCTICA QUE EL BNG QUIERE IMPONER. a ver si aprendéis algo

2

Por carlos Goiriz: Non entendiches nada. Déixao. Sé feliz. Invítoche a tomar un vinho. Esta ronda págoa eu. A ver qué acontece co Barça-Madrid. Vai ser un partido moi renhido.


6

Andamolho

Pois sim, uma gram home,mas os grandes homens coma el não morrem de tudo eles som a semente que precisa esta terra para, a pesar dos mequetrefes, seguir lutando pela dignidade deste povo.Isaac Diaz Pardo Bom e Generoso!!!


5

Observador independente

O que lle fixeron os oportunistas a Diaz Pardo en Sargadelos, aialma a que remataron afastando, é o mesmo que queren facer os oportunistas acoa UPG, aialma do Bloque, a que queren afastala para quedarse coa marca.


4

X.M. Barreiro

Léase Fraga Iribarne onde pon Díaz Pardo...

1 resposta
1

Por ...: Es un troll, verdade?


3

Antón

Panexirico para un home que centrou toda sua vida na promoción da cultura galega por un membro do partido que a persegue. Non sei por qué lembrame un Goering de macenas de acumulación de obras de arte namentras mandaba ós fornos crematorios ós artistas, pero ó revés.


2

Presidente Feijóo

¡Oye! Cranio, no te vi donando los 200 grms. correspondendientes de alimentos para que los pobres no se mueran de hambre. Hay que contribuir al modelo de estado de bienestar que promueve el partido, que luego dicen que al PP no le importan los desfavorecidos.

1 resposta
1

Por CranioF: Tranqui presidente, vou de contado a doar uns cartos para a mesa, a cadeira ou o armario, que é moito máis importante que eses pobres esfarrapados.


1

CranioF

Sobre Díaz Pardo non creo que haxa discrepancia algunha sobre a súa valía. Malia ter un ideario nidiamente nacionalista, amosouno sen o sectarismo, superioridade e narcisismo ideolóxico que abonda en moitos dos seus seguidores, crentes na superioridade da "raza" nacionalista sobre o paisano adocenado e inerte. Por esa razón, máis que por calquera outra, merece o noso recordo.

6 respostas
1

Por Adolfo Bermúdez: Reláxate, desfruta da vida.

2

Por non debin de nacer: Caramba, Bermúdez, perdoáchelle a vida? como está o ambiente.

3

Por Adolfo Bermúdez: Desfruta da vida ti tamén, meu.

4

Por non debin de nacer: Grazas, non sabes tí a calma que me dás a este desacougo, non sei si estou purgado e posto en lista ou non. A verdade e que non sei si e real ou imaxinado, pero ao final efectivamente un non disfruta da vida. Grazas

5

Por Adolfo Bermúdez: A cousa é-che así.

6

Por Lubre: Para non debín de nacer: Non pretendo xulgar as súas ideas nin, por suposto, a súa forma de dicilas. Só dicirlle que, no seu comentario, hai cinco grallas (tí, si, e, si, e), cousa que fai difícil a lectura. Perdoe.


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog