Over Sue Rainbow. Tesouros máis aló do arco da vella

A xoven artista Sue Rainbow, afincada en Santiago de Compostela, adiántanos en exclusiva parte do traballo que conformará a súa próxima exposición.

Por Paco Gallego | Santiago de Compostela | 26/01/2012

  • versión para imprimir
“Somewhere over the rainbow
Skies are blue
And the dreams that you dare to dream
Really do come true”
(Over the Rainbow.  Harold Arlen-Yip Harburg)
 

Podemos xogar a ser Dorothy Gale e conter a respiración. Podemos marchar á procura dunha vida mellor máis aló do arco da vella, lonxe das miserias humanas e dos humanos miserables. Podemos xogar a ser ousados ou intrépidas, como nun trasunto de Judy Garland, desexando irresistiblemente voltar a casa. Deberemos, pois, percorrer o camiño de baldosas amarelas para chegarmos á Cidade Esmeralda, lugar onde o Mago de Oz debería ter a ben axudarnos a regresar a Kansas, perdón, a casa. Deberemos andar, correr, cantar e soñar. Deberemos cumprir promesas e soños. Nosas e doutros. Deberemos por fin chegar e deberemos tamén respirar. Como a pobre pobre pobre de Judy, castigada, prisioneira, apreixada entre as gadoupas dunha faixa insoportable concebida unicamente para ocultar as súas formas máis perigosamente femininas (que afán máis vil). Por iso Dorothy contén a respiración sempre, de camiño ao lugar onde habita o fraude, para logo, ao fin de todo, voltar. A casa. Iso é voltar.
 

Antía Otero

 
Sue Rainbow é unha desas artistas que debías coñecer. Naceu un 30 de xuño de 1984 en Punta Umbría, provincia de Huelva, de raíces absolutamente galegas. Por iso atravesou o arco da vella e chegou a Compostela. Desde ela desenvolve o seu traballo centrado no mundo da fotografía. Sue controla todo o proceso. Realiza a fotografía, retoca, edita, post-produce, maqueta e responsabilízase da videocreación dos seus traballos. Ademais, é directora artística, estilista e coordinadora. Gosta do traballo en equipo, pero nunca desproveita a ocasión de imprimir a súa pegada persoal na propia pegada que é unha imaxe en si mesma. Defínese como romántica e caseira, e prefire o vermello, o branco e o negro. É xoven, freelance e sobradamente profesional, e o seu traballo, as súas fotografías, son as súas baldosas amarelas.
 
O pasado mes de marzo participou xunto con Antía Otero na exposición Art en Femení 2011 (L’Hospitalet de LLobregat), actividade desenvolvida arredor da conmemoración do Día internacional das mulleres. Acaban de anunciarlle que será a imaxe da marca Porta Rossa para a primavera-verán de 2012, nesta ocasión como modelo, e está metida de cheo nun ambicioso proxecto videocreativo e expositivo sobre a metamorfose vampírica, onde conta coa inestimable colaboración do noso amigo Julián Rodríguez “Doc” -coñecido músico coruñés de bandas como NOC ou Plus Lottus- na banda sonora, a súa habitual Trini FSilva como maquilladora e perruqueira e a actriz Antía Otero e mais o modelo Jorge Abelenda, baixo a dirección de Sue Rainbow, encargada tamén da fotografía e videocreación. Contou tamén coa colaboración do hotel NH Obradoiro (Santiago de Compostela) como espazo escénico para os seus traballos. Pero algo malo debía de ter Sue Rainbow. Efectivamente, nin fuma nin bebe.
 

Sue Rainbow agasallounos con esta primicia: Jorge Abelenda Vampirizado

 
Profesionalmente o seu labor está centralizado na realización de books, catálogos de moda, lookbooks, deseño gráfico, fotografía creativa, publicitaria, promocional, fotografía de producto, eventos, videoclips ou videocreación. Entre os seus retratos atoparás modelos, escritores e escritoras, músicos, cantantes, locutores/as de radio, deseñadoras, e a ela mesma. Por citar só a alguns traballos: Alba Mesa, Antía Otero, Antonio Mourelos, Christian Escuredo, Fran Peleteiro, Guillermo Carbajo, Laura Ponte, Ledicia Sola, Luis Iglesias, Manuel Cortés, Mónica García, Mónica Beatka, Monti Castiñeiras, Piño Moreau, Rubén Riós, Sonia Méndez ou Luma Gómez do mundo da interpretación. Puidestes coñecer e/ou recoñecer a algún destes actores e actrices nas diferentes fotografías que vos fomos amosando nesta reportaxe. Realizou diversos traballos tamén para LLOBAR Textil (G54, Staats, Porta Rossa), 7Camicie Bertamiráns, Caramuxo, Belstaff (85º Aniversario), Tambre Piel, revistas e prensa en xeral (Galicia Hoxe, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Fugas, Ames Diario, El Progreso…) Foto DNG e Fuxyz.
 
Animámosvos a que botedes unha ollada a esta web fotográfica de Sue Rainbow. 
 
 
Tamén vén de protagonizar unha vídeo-reportaxe para o programa de TVE Internacional "Desde Galicia para el Mundo".
 
 

Mónica García

 
Como no caso da pequena e, afortunadamente, ousada Dorothy, Sue Rainbow camiña e canta. Canta e camiña. Fotografía cantando. Canta fotografiando. Emprega os tons da música para teimar nas súas intensas pegadas, como nas cores do cadro impresionista. Como nos tons velados dunha fotografía velada. Como nas sombras e oscuridades da alma, onde queira que esta habite. Como nos claroscuros da materia. Inside. Dentro. Pero iso é outro cantar…
 
You are not with me,
you use to be
Now I am alone but I feeling you inside me…
Now I can feel the sun in the sky…
Now I m ready to get away and forget…
Now I can take of and fly for you… for you…
You are not with me, but you use to be, but you use to be
I feel the rain pouring over me…
It feels strange being here with you…
But ‘s feeling good, very good
I m feeling good
But ‘s  I’m  feeling good, very good
I m feeling good
Because I can t forget you…
So don’t let me fall down…
You’re not with me…
 
 
 
 
 
Podemos atrapar a vida a mancheas, comprando almas e vendendo corazóns inmisericordemente, en tanto percorremos un lento camiño adoquinado. Podemos abstraernos das nosas capacidades, vivir eternamente á procura de camiños que non existen. Podemos xogar a correr sen pausa nin destino, como pitas asustadas ou descabezadas, agardando un intre de luminosidade afortunada que nos leve ata onde queremos ir. Ou estar. Ou ser. Tamén podemos, en cambio, agardar a un día de sol, xusto despois dunha fresca chuvia septentrional. Un día mollado e verde invadido polas vivas cores. Podemos albiscar entón un arco da vella, tan poderosamente cromático, e correr e correr descalzos ata o seu nacemento. Podemos atopar alí un cofre soterrado -un cofre cheo de tesouros- como di a lenda. Despois de gozar na súa contemplación, atravesar o arco con decisión e percorrer o camiño que nos leva a Sue Rainbow. Ou a Kansas. Ou a casa.
 
Volveremos. Contáctanos en tendencias@galiciaconfidencial.com

 

 

Sonia Méndez

 

 

 

 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
7

Axitpop Comunicación

Máis sobre Sue Rainbow nesta web: http://axitpop.wordpress.com/2012/0...


6

Carlos

Coñezo a esta rapaza e, certamente, o seu traballo é moi interesante. Non acabo de entender ben o seu novo proxecto pero estarei agardando a ver de que vai. Eu vinlle xa algún traballo en Compostela e gostei del.


5

Clara

Interesante reportaje. Era ya hora de ver algo fresco y no siempre leer los comentarios de los políticos de siempre.


4

Memyselfandi

Se van cantar (ou o que sexa) en inglés e trancribir a letra das canción sería de agradecer que o fixesen sen faltas de ortografía ou empregando a gramática correctamente xa que é unha lingua que se estudia durante tantos anos. Todos os aspectos deben coidarse por igual.

5 respostas
1

Por Jose: pufffffffff cuanta tontería camuflada!!!

2

Por María: Dios mío, si no quieres escuchar música en inglés, búscate otro rollo...Galicia es grande pero "hai moito mundo que ver, como se dí en galego??? "abrir un pouco máis a cachola"

3

Por Memyselfandi: Para estes enteradill@s que "responderon" ó meu comentario: Se se presenta unha obra fotográfica tan coidada o lóxico sería coidar os aspectos gramaticais doutra lingua, alomenos á hora de transcribir a letra dunha canción. Outra máis para estes sesud@s: Unha das miñas linguas de crianza é o inglés así que, como vou estar contra este idioma? As cousas a medias non causan boa impresión. Ala, saúde. A ver se lemos, procesamos e comprendemos un pouquiño mellor.

4

Por Sue Rainbow: hahahaha, gracias por lo de obra fotográfica tan coidada, o meu traballo leva... hahaha, sobre o da canción, e verdade, sei q non esta ben gramaticalmente, tenemos q arreglarla, y bueno, sólo comentar que me esforzaré para mellorar en la música tambien y poder ofrecer la misma calidade que con a fotografía, pero tempo al tempo ;) iso e un boceto de canción realmente, en fin, graciñas a todos por los comentarios!! ;) Feliz fin de semana!! Sue Rainbow Photography

5

Por Memysefandi: Sue, a min a canción gústame. Paréceme fresca, naif e espontánea.


3

Paco Gallego

Grazas a Galicia Confidencial pola confianza que depositou nesta idea. E tamén moitísimas grazas a Sue Rainbow pola súa amabilidade, o seu talento e as súas (necesarias) correccións. Pronto máis...


2

Arnulfo

Entre turistas e farandula están facendo de compostela unha cidade inhabiable

2 respostas
1

Por Carlos DM: Pois marcha landrús!!

2

Por Marta: Este Anulfo es imbécil


1

Marketing

Este espaço publicitário é pago ou de graça? Seja como for, haveria que indicar que é uma "publi-reportagem". Mais empresas de Compostela: http://www.paxinasgalegas.es/empres...

1 resposta
1

Por Marta: si la envidia fuera de tiña a más de uno le caería la cara