En que ano estamos?

Francisco Rodriguez e Xose Manuel Beiras volven estes días á primeira liña politica, un porque quere facer da súa hipotetica retirada ou "paso atrás" unha noticia de relevancia politica e o outro por sentirse aludido por ese feito como un "recado" á súa persona por encabezar unha das listas para a Asamblea Nacional do BNG. Teño que confesar que calquera dos dous me merecen un grande respeto pola súa importante aportación ao nacionalismo das últimas catro décadas, independentemente das dispares personalidades de ambos.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 27/01/2012

  • versión para imprimir
En calquera caso, teño a sensación de ter entrado nos últimos días nunha especie de túnel do tempo e que me trasladei varias décadas atrás. O problema de esta situación non é que ambalas dúas figuras incuestionabeis da politica galega en xeral e do nacionalismo en particular estexan caducas, o verdadeiro problema é que dentro do ámbito do BNG, as dúas siguen a ser as máis destacadas, o que pon en evidencia varios problemas dentro do nacionalismo galego.
 
En primeiro lugar, é preocupante que ningún figuras actuais do BNG teña máis importancia que Beiras ou Rodríguez cando estes deciden pasar a un primeiro plano.
 
En segundo lugar, e despois de trinta anos de existencia do BNG, o debate pivote arredor dos mesmos que o criaron, o que denota diante da sociedade que esta organización pouco ten evolucionado no plano politico e mesmo nos seus verdadeiros referentes públicos, poñendo ás claras unha debilidade que xa se viña constatando nos resultados electorais.
 
O aparato do BNG, controlado pola UPG amosa esgotamento pola falta de capacidade para manter unha armonía interna e a alternativa a estes amosan debilidade ao articular propostas co único obxectivo de quitar a quen hai, pero coa dúbida de si o seu entendimento será serio dabondo para xestionar o futuro sen fisuras.
 
outros partidos, teñense renovado con éxito, aínda que non sen problemas, pero o nacionalismo galego, referencial no pasado en ideas, renovación, representatividade, democracia interna, e outros valores que lle deron respeto, apoio social e éxito electoral, parece ter caído nun letargo perigoso.
 
O BNG, é hoxe en Galicia, a forza máis conservadora de facto, non no ideolóxico, e pase o que pase na Asamblea Nacional, moito deben cambiar as cousas para que os galegos volvan a confiar na forza destinada a defendelos.
 
A mensaxe que se está a trasladar á sociedade galega é de división interna con risco de quebra, que non hai referentes novos fiables, que hai unha volta ao pasado e que se sigue sin falar dos verdadeiros problemas que afectan aos cidadáns, con debates máis de poder interno e endogámicos que de verdadeiras propostas para os galegos e galegas que están a padecer a crise.

Antón Tenreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

16 comentarios
8

esperocontestación

De división sabes ti moito Antón. Aínda sigo agardando, e vexo que non eu só, a túa RECTIFICACIÓN SOBRE AYMERICH, si si, vendido á UPG dicías ti? Afortunados os que apostamos por AYMERICH nunca nos decepcionará. Por certo dacordo co teu titular efectivamente XA HAI TEMPO QUE NON SABES EN QUE ANO VIVES! andas perdido....MADURA que xa é tempo.


7

balmaseda

Tenreiro, respondendo á tua pregunta: 2012 Penso que realmente é necesario que cho diga alguén. E tamén que fuches liberado polo bipartito e polo concello de oleiros, onde non fuches capaz de facer medrar ao BNG. Pero foi antes de 2012.


6

Lois

Antón, agardamos a túa rectificación sobre Carlos Aymerich.


5

Tomás Santiso

Que quede claro que eu non tenho nin a menor idea das liortas que poida ter o BNG. Unha vez dito esto voume decantar por todas as correntes. Por unha sinxela razón: Por amor ao parchís. De corrente a corrente e tiro porque me leva á corrente. Grazas a este xogo, sin ser de ningunha corrente, cheguei á meta e ganei.

1 resposta
1

Por VentoMadeira: Confundícheste de taboleiro amigo. O das correntes é o Xogo da Oca. No Parchís tes que andar a que non te coman. Como non espabiles vante comer !!!


4

andrea

Tenreiro, ti non marchaches xa do BNG hai maís de medio ano ? Non tés outra cousa de que falar ?? Carallo, eres ben moíno, sempre te repites !! Eu pensei que xa te perderamos de vista, pero vexo que te aburres. Animo Tenreiro, que te seguimos con atención !!


3

Fendetestas

É sinxelo: Que rache o BNG dunha vez! Hoxe mellor que mañá. Saneamento. Renovar a filosofía de partido. Son estes os tempos que corren. Fóra cos casposos. Precísase dun líder claro. Que se lle escoite. Veterano ou non. Beiras…. pois perfecto. Hai moito mesías apocalíptico con opinión. Demasiado orgullo persoal. Facédevos un partido, presentádevos, e suicidádevos. E sobre todo… un pouco de alegría.

1 resposta
1

Por Duratestas: Curiosa coincidencia, casposas foi o que lle chamou Beatriz Mato ás deputadas do BNG no Parlamento Galego nun debate sobre ás axudas ás asociacións antiabortistas. E veña ledicia, ledicia home!!


2

Xanti

Eu sei dunha persoa que leva 30 anos presidindo a UPG e que semella non ter intención de dimitir...

5 respostas
1

Por Pois xa sabes: Penso que te trabucas o presidente da UPG dimitiu hai tres ou catro anos. Pero o que si podes facer é xuntar á maioría dos militantes da UPG e votar a outra persoa, seguro que se a metade máis un queren que marche, marchará. Ánimo. Este Tenreiro era máis ben de Máis Galiza, non? Gústame ese compromiso militante.

2

Por Xanti: Que dimitiu? HAHAHAHAHA, como broma é boa. Ai se perdedes na asemblea, faredes igual que fixestes no SLG? Cada un é dono das súas verbas, na U hai unidade estalinista de pensamento.

3

Por Ja ja ja: No SLG os que perderon a asemblea foron expulsados e con despidos improcedentes en varios casos. Tamén che parece mal que se reorganice, non? Aínda tes narices de sacar o tema. A diferenza entre ti e os outros é que se gaña a APU haberá integración e se gaña Beiras e o Aymerich haberá exclusión. "Presidindo a UPG..." Sae un pouco do foro de Internet home.

4

Por Iago: A presidencia da UPG leva deserta dende o ano 2008 en que Bautista Álvarez, presidente histórico da formación, renuncio ao cargo.

5

Por Xanti: Logo Paco é un militante raso, sodes patéticos, pero patéticos patéticos. O do SLG é a versión UPG, a do resto do mundo eche ben diferente.


1

Non me asesores

Es ti o que quere facer relevancia política de que un señor vaia de 9º. Outro que está dando roldas de prensa si que fai relevancia. "O aparato do BNG, controlado pola UPG"... Xa cansa: o BNG está "controlado" por todos, de feito +G e EI tiveron maioría no Consello Nacional. Estamos no ano da era dixital, de abrirse á sociedade escribindo en Internet e deixando de falar co veciño. Rematas ben, dicindo que este tema non interesa aos cidadáns, é certo. Pero te afastas da sociedade ao estar tan obsesionado con el, ti mesmo caes nunha contradición.

1 resposta
1

Por bouzas: Nunha sociedade cada vez máis farta dos partidos políticos, e representando o BNG a parte máis conservadora do que despreciamos de tales formas de representación pública -coincido co autor-, esperas que nos deixemos engaiolar por uns vendedores de fume. O BNG xa non é percibido como alternativa, de abrirse á sociedade non hai nada, a asemblea e os candidatos son a prova que o evidencia. Os galegos precisamos crear novas ferramentas políticas, o BNG cos seus acertos e cos seus erros é pasado.


Antón Tenreiro

Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog