Rodri Suarez
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
non estamos en contra dos comunistas home, estamos en contra dos jetas, dos que van de comunistas pero ben acomodados e cobrando un soldo moi decente mentres os demais traballamos. Curioso comunismo o deles. Nunca deron un pao a´ auga, como para gobernar un pais.
Por ana quiro: Pois e o mais normal iso de pillar chollo traballando o menos posible, a partires disto folgan tantas voltas ao asunto. Si e que o problema e ser honrado ou non en principio, polo tanto todo acaba na fé, na fé ainda que a realidade che dea ben na cara continuamente. Todo o mundo busca a groria e a pasta, vivir cómodo e ter parcela de poder sin abater o lombo. Así é.Agora que está a cousa ben mal mandan o recado de que non se debe ter como meta pillar chollo senon traballar polo país na organización, pero só por cuestións crematísticas, por imposibilidade económica, non por convencemento. A desviación voluntarista troca en liña correcta, así é o oportunismo dos listos que levan o gando. Eche o que hai.
Deixen un pouquiño a Beiras, el non será en todo caso, o candidato á Xunta. Como moito, estará na nova formación política, pero non vai a ir de candidato alternativo ao BNG. Poido estar equivocado, pero non o creo. Muden o discurso antiBeiras. El só acomulou forzas para enfrontar á UPG. Beiras é un home de idade e non se vai poñer ao frente dunda nova forza política. Esa forza política partirá do EI, dos que se queiran xuntar de +Galiza e do resto de colectivos e individualidades. Fai unha semana da AN do Bloque, queda ainda algún tempo para ver o que pasa, pero Beiras non será o candidato de ningún novo partido.
..."non como agora que só o fai para gañar cartos". Que alguén me diga onde e cando dixo isto Beiras referíndose a TODA a militancia. Ou, mellor, que mo indique o autor do artigo. Só hai que escoitar con atención os vídeos das intervencións do dirixente irmandiño na XIII Asemblea Nacional para decatarse de que as súas palabras foron aquí tersiverxadas como pouco. Ou directamente cambiadas por outras que non pronunciou: as postas entre comiñas no texto.
Por Voluntario: Deberías volver ver os videos e fixarte. Non o dixo como o puxo o periodista, pero é certo que mandou esa mensaxe e que moitos compañeiros que estaban traballando de balde se sentiron ofendidos.
Por toupa: sentiríanse ofendidos os trepas, non os que traballamos de balde. A crítica a burocratizaición sempre é pertinente. Non hai máis que ver porque fracasou a URSS, cando o partido se converte nun fin en si mesmo, mala cousa. A crítica de Beiras é pertinente pero non orxinal, e faina onde se pensa que algo se pode salvar, como ten dito en varias ocasións. Non tería sentido facer esa critica no PP ou no PSOE. Faina onde existe militancia que aínda conserva eses valores, precisamente os que non son aludidos como torcidamente di o autor do libelo.
Por toupa: e un artigo de opinión, como se dixo por aquí, é iso, opinión, mais poñer entre aspas algo que non dixo Beiras dá mostra da falta de escrúpulos do articulista.
Por Suído: Mira, Voluntario, estou farto de ver os vídeos -varias veces e prestando moitísima atención- logo de ler o que Rodri Suárez escribiu aquí, repito, terxiversando o dito por Beiras. As súas palabras non ían dirixidas ós militantes comúns coma min, ós que temos traballado e traballamos sen pedir nada a cambio, e si tiñan como obxectivo a certas persoas que fixeron do BNG o seu modo e medio de vida dun xeito xa escandaloso. E ninguén ben intencionado pode interpretar iso arrevesadamente. Eu respecto calquera opinión que o autor do artigo teña sobre a Asemblea e o seu resultado; incluso lle recoñezo o dereito a facer unha interpretación, dende o meu punto de vista errada, das palabras do compañeiro Xosé Manuel. Agora ben, poñer na súa boca cousas que non dixo, como ben comenta arriba toupa resulta dunha falla de escrúpulos noxenta que convirte a este xornalista en moi pouco fiable. Agora recomendo eu unha nova e máis atenta visión das intervencións.
Por Voluntario: "Teño na miña memoria a aqueles compañeiros que loitaban cóbado con cóbado sen ningunha ambición persoal, sen ningunha ambición de resolver así a súa vida persoal" e logo engade "temos que recuperar a ética da entrega de tempo de traballo gratuito". Eu o que entendo é iso, que veu dicir que neste bng ninguén fai nada sen cobrar, e iso é mentira. Por certo, segundo dixeron alguns comentaristas el preside unha fundación do BNG que lle paga teléfono e longas viaxes que practicamente non aportan nada á organización xa que se descoñece o que alí di nin teñen ningunha difusión nos medios nin de forma interna. E ben me doe que este ambiente interno salpique a beiras, que deberías ser patrimonio de todos.
Por toupa: insisto en que Beiras ten dito en varias ocasións que se sigue no BNG é porque 'é recuperábel', por iso dixen eu que ese discurso non tiña sentido en partidos onde todo o mundo, ou unha grandísima maioría, estivese corrompido por intereses persoais antepostos aos da organización. É máis, Beiras dixo que non estaba en contra de que houbese traballos remunerados, o cal sería incluso un posicionamento chocante desde parámetros de esquerda (só os ricos poderían dedicarse á política a tempo completo), senón que 'evidentemente' iso tiña que ser así, pero que os cargos, as remuneracións non se podían converter nun 'motor', nun fin en si mesmo.
Por toupa: A crítica é oportuna porque no BNG ocorre algo disto e incluso é inevitable que ocorra en organizacións de certas dimensións e con certo peso institucional. Por iso tal crítica sempre é necesaria, son os cargos, os liberados quen deben estar baixo o control da militancia e non á inversa, e daí o fincapé do EI nos aspectos organizativos. Tampouco a CIG está a salvo desta crítica a pesar da distancia que observamos nisto con CCOO e UXT cuxo pactismo actual só se pode explicar por unha burocratización orgánica que acaba sendo prexudicial para os intereses dos seus afiliados.
Por toupa: 'intereses persoais antepostos aos do pobo galego', quixen dicir, porque pode haber simbiose entre os intereses persoais de cada quen e os da organización por autoconservarse e sen embargo non coincidir cos intereses do pobo ou co obxectivo da liberación nacional. E nesta disociación tamén fixo fincapé Beiras.
Por toupa: Unha cousa máis, co das viaxes de Beiras supoño que te referirás aos FSM. Acaso hai algún embaixador mellor do pobo galego ca el nese ámbito? E non é certo que Beiras non dea conta do que fai nesas viaxes: ten crónicas extensas e exhastivas publicadas en prensa.
respecto á crítica dixo que tiña que ser interna pero "non afogada dentro". Esta é unha diferenza respecto ao 85. Compañeiros dun pequeno concello quixemos traer a Beiras e Camilo para unhas conferencias e para iso pedímoslle colaboración ao aparato do BNG quen nola negou...
Por ADM: conferencias para consumo interno, of course.
non creo que a xente que traballou desisteresadamente se dese por aludida nas palabras de Beiras. O que quixo entender entendeu.
Por touporontón: http://www.youtube.com/watch?v=pcZG...
Unha análise fantástica! Estou moi impresionado. Mágoa que os rancores e interese persoais ceguen a moitos e lle estean a causar tanto dano ao nacionalismo.
Encántame este artigo, por fin alguén raozable en todo isto, sinceiramente os que tanto o criticades deberíades facer autoreflexión porque ata onde eu sei, igual equivócome, TODOS seguen no BNG, incluidos aqueles que se gañaban querían botar aos outros....... non fai falla que poña nomes verdade???
Mimá! Tremenda análise, neno. Nin unha pisca de autocrítica cos persoeiros ApU, Vázquez e Jorquera son pouco menos que santos exemplares, resaltando ata o lambecuismo a súa "humanidade" (como se os demáis pensaramos que fosen robots ou malvados, que cousas!). Pola outra banda, a Beiras se lle fai un perfil de vella gloria difamadora e Aymerich é pouco menos ca un trepa. Se lle quitas o estilo DxTC, rollito intercambiable con calquera sermón made-in "Terra e tempo", tan xustificativo e autocomplacente coma sempre, sen máis valor como análise que o propio descargo en nome da lexión (Cautivos e desarmados os traidores ó BNG... a guerra terminou)
Por Xornaleiro: Eu o que entendo é que a Guillerme con quen o compara non é con Beiras e Aymerich senón con Quintana, e dende logo comparado coa chulería de creerse Jordi Puyol que tiña Quintana ten toda a razón. E a Guillerme e a Jorquera e a todo o mundo lle tedes chamado robot de Paco, cómo que non? así que está bien que alguien diga que non o son, iso é pluralidade e non o senonganomarcho voso.
Por TmXornaleiro: Non é por joder, pero hai dous días que che levo preguntando se Alfonso Eiré segue sendo militante da UPG e da CIG e non me dás respondido. En serio, despois de presumir de superrevolucionario poderías aclararnos este detalle aos vulgares proletarios?
Por Xornaleiro: Non respondo preguntas das que descoñezo a resposta e que tampouco entendo porque mas fan a minn xa que non teño nin idea de quen milita ou non na UPG, posto que eu non milito nela. Desculpas.
Por Bakunin: Rodri con ise curriculum e coa tua xenreira vaite de fareiro porque da noxe lerte cheonde prexuizos
Por Bakunin: Rodri con ise curriculum e coa tua xenreira vaite de fareiro porque da noxe lerte cheonde prexuizos
Rubén, afirmar que o "PSOE espera o que lle digan dende Madrid" é tan gratuíto como afirmar que o "BNG espera o que lle digan de Santiago", unha trapallada. No proceso interno do PSOE participan todalas agrupacións do estado por pequenas que sexan. Tiñas un argumento mellor criticando o seu sistema por delegados do PSOE, certamente bastante menos representativo (ou, o que é o mesmo, democrático) que o do BNG. Eso si, nin unha referencia a que este retorno ao asamblearismo foi unha esixencia do EI. Se pola UPG fose (aínda temos memoria da XII Asemblea) Un saúdo.
E logo ti Rodri xa non traballas para o BNG? Dime quen che pagou, e quen esperas que che pague, e saberei se escribes a ditado!
Por En oferta: Ala, o que escrebe o que non vos gusta está pagado, o que defende o que queredes pois non. En efecto, como os alternativos non cobran do Bloque... que va.... Por certo, debe andar ben de pasta a U porque seguro que este artigo de Fran P. Lorenzo tamén foi pagado por ela segundo vós. E por certo, oxalá ficharan aos dous para Sermos, sería unha boa noticia xa que son do mellor que hai na prensa galega. http://unpaisenlata.wordpress.com/2...
Por Xosé: En oferta estades ou xa rebaixas ou más ben liquidación, que mágoa ver o actual BNG, que noxo. O trompicazo electoral vai ser gordo e coa Ana Pontón de voceira aínda máis. Pero pensades que o votante galego é parvo?
Por podercopular: 11% de galegos aínda picaron nas últimas, e baixando... Coidadiño que máis abaixo do 5 marchades para a casa e se acabou vivir de subvencións.
Rodri Suárez (A Coruña. 1974) é xornalista. Foi xefe da área de Política de Xornal de Galicia e xefe de Deportes en La Opinión de A Coruña, traballou en A Nosa Terra e DxT Campeón, foi guionista de humor para a TVG e colaborou ou colabora en varios medios, como en Localia Coruña (Turkia, La Prórroga) en Radio Coruña-Cadena Ser (A Tropa da Tralla ou a programación deportiva), Cope-Galicia ou as revistas Bravú e Interviú, que postas así compoñen un sorprendente pareado. Como o seu eixe vital anda entre Monte Alto e Fisterra ten o soño de ser fareiro.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting