"O desempeño das funcións de portavoz nacional, candidato á Xunta, voceiro no Parlamento galego, español e europeo, conlevará a imposibilidade de desempeñar o cargo de portavoz interno ou externo, público, da corrente a que pertenza, debendo representar exclusivamente ao BNG". Esta é a enmenda aprobada na pasada Asamblea Nacional, introducida pola APU, a alianza de indepentes e UPG.
Aymerich admite que está nunha situación contraria aos estatutos do BNG
Esta enmenda introducida a última hora é á que se agarra Carlos Aymerich para suliñar que a súa situación actual é de "ilegalidade". "Sen facer xuízos de intención de por que se introduciu esta emenda, eu sigo confiando no BNG e as teses que se aprobaron pois as fixen miñas", asegura en declaracións a GC.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Aí vai un exemplo do que a UPG considera integración: "Pasaron 40 anos do «Domingo Sanguento» Daquela a hoxe, en Irlanda do Norte, moito avanzado e moito por avanzar..." RUBÉN CELA dixit no seu taboleiro do facebook. Rubén, Rubén, xa sabes o que di o refrán aínda que a mona se vista de seda (ollade que traxes nos leva...)mona se queda.
Unha dúbida, QUEN É O COORDENADOR, RESPONSÁBEL OU COMO SE CHAME DA APU??? NON SERÁ GUILLERME?? pois estaría en incompatibilidade, claro que se é PACO R. non, pero non o creo pois a APU e a UPG non son a mesma cousa...
OS TEMPOS SON CHEGADOS PARA TODOS. A NORMA É A NORMA, E O AYMERICH NO PARLAMENTO É UN PERIGO PARA A UNIDADE DA ORGANIZACIÓN. CARME ADÁN COLLERA O TESTIGO. TERRA E SAÚDE.
Por Santi: Carmen Adán: Nin de coña, está moi a gusto sentadíña na Mesa do Parlamento
Por bloqueiro: Carme Adán ten dado mostras da súa valía profesional e política. A ver se a elixiran para esa función.
Por carrabouxo: Carme Adán jajajajajajajajajajajajajajaj aquí quedo á espera de que alguén poda explicarme a valía de Carme Adán
Por carrabouxo: ahhh! ocorréuseme unha: venderse ao mellor postor. Si señor sabe onde pegarse para conservarse aínda que sexa en formol
Por Manolo__: Por favor, "Carrabouxo", para soltar burradas deixa de enlixar o nome de tan fantástico personaxe. Dubido que X.Lois (o debuxante) aceptase semellante uso.
As moscas mudan... máis a "merda" non varía ! Disque agora este rapaz fai declaracións en exclusiva a GC (vexo que despois dun ano e medio aprendeu algo!) Lástima que os lectores con MEMORIA non fiemos un pelo nas ansias de poder deste trepa político de turno! Aquí deixo unha testemuña do que "mudan" as cousas neste patio traseiro do nacionalismo do Pazo do Hórreo (o comentario que fixen daquela aínda ten sentido hoxe) http://www.galiciaconfidencial.com/... Voceiro non sei... pero "voceras" bastante!
Por carrabouxo: Gamela que falta de educación e de respecto. Non podedes evitar sacar a máscara. Queremos marcharnos os que non somos UPG/CIG ou máis ben queredes que nos marchemos. Aquí vai un claro exemplo de integración voso: "Pasaron 40 anos do «Domingo Sanguento» Daquela a hoxe, en Irlanda do Norte, moito avanzado e moito por avanzar..." RUBÉN CELA DIXIT no seu taboleiro do facebook
Por Gamela: Desculpa Carrabouxo pero non sei de que me falas... Irse ou quedarse non é o problema. O problema é que algúns como Aymerich seica buscan "resbalar" antes de se enfrontar dialécticamente co problema! O problema é Paco Rodríguez: un home que fixo o que quixo durante 12 anos en Madrid e que ao regresar á Terra ben sabía que o seu proxecto de "Nación" xa non tiña futuro algún se non descabezaba aos que RESISTIRON ao pé de obra os anos de Fraga! Por iso estas saídas ou entradas non son máis cunha REPRESENTACIÓN TEATRAL do "nacionalismo de salón" que algúns se empreñan en levar adiante sen contar coa base social deste país... que somos TODOS!
Por Gamela: Eu quixera escoitar falar a un home que debe saber bastante do tema (Quintana) pero seica aos que podían facer algo se lles puxeron "pontes de prata" para deixar que Paco Rodríguez siga a manexar os fíos na SOMBRA! Nesa Negra Sombra na que estamos todos metidos por non querer falar de NOMES! Disque temos que seguir falando de "correntes" (?) Se Castelao levantara a cabeza algún habíase de meter baixo terra, de vergoña allea! Saúde.
Outro triunfo da UPG de Corea do Norte. Nin Kim Jong Un o tería feito mellor para liquidar os opositores. Estes van camiño de Pyongyang directo e sen paradas.
1º) Aymerich debe priorizar arestora ser o coordenador de +G para, coa súa innegable autoridade moral (e co apoio doutros esgrevios persoeiros desta ponla da esquerda nacionalista galega como Beiras e Camilo, Martiño e Sandra, etc.) convencer ós "irreductibles" do erro histórico (e mesmo histérico) da escisión ou da marcha pra casa. 2º) De seguido debe promover en comandita con Martiño (e co imprescindible apoio de Beiras) a unificación desta ponla do BNG, pois se en tempos era ridícula a competencia entre EN e UG agora éo a competencia entre +G e EI. 3º) Paralelamente Aymerich e Beiras deben ofrecer ós mini-gañadores desarme e respeto mútuos, pacto de non agresión gratuíta, e rexeneración tranquila, SEN PRISA PERO SEN PAUSA, do BNG. Non pode ser que o que proclama +G nos textos sexa criticado ata a saciedade e despois se convirta no eixo central dos aplaudidos discursos electorais de Jorquera.
Por Pyongyang: Aymerich -se ten valor- debe largarse do Gulag norcoreano e fundar un partido galego serio.
Pois nada, que poñan de voceiro parlamentar ao hooligan de Bieito Lobeira ou á chorimicas de Ana Pontón co seu galego de supenso en CELGA, e a facer o ridículo canto poidan daquí as eleccións.
Por Pyongyang: A Pontón pretende vivir do humilde soldo do Parlamentiño toda a súa vida. O galego, o CELGA suspenso... todo iso impórtalle un pepino. O dela é o comunismo patriótico.
Cando un tal Paco Rodríguez era Secretario Xeral da UPG e voceiro do BNG no Parlamento español non pasaba nada. Eu que tí, Aymerich, non me ía do BNG, quedábame para escachalo desde dentro porque os da UPG non merecen outra cousa.
Por TrollsNon: Tamén ata fai nada Aymerich era lider de +G e portavoz no parlamento galego e tampouco pasaba nada...Pero como ben di a noticia esta norma aprobouse na última Asamblea Nacional, e as normas son para todos.
Por Jorque Lobe Pontón Cela vagos: Aprobouse agora porque Paco Rodríguez xa non é voceiro no Parlamento español. Si o seguira sendo íase aprobar polo crll. As normas sempre foron para todos... os que non son da UPG. A vanguardia de iluminati sempre ten xustificación, fágao ben ou mal.
Por TrollsSi: Este tipo de argumentación tipo TrollsNon ás veces cola: é o tipo de argumentación á que nos ten habituados a U: como as trolas que intentou colocar Lores na A.N., do tipo que o Bloque lle gañara a Rajoy as eleccións en Pontevedra (o PP superouno polo triple de votos nas Xerais). Só fai falla que nos deixen falar e tirar de hemeroteca para botar abaixo a man... como fixo agora Jorque Lobe con este TrollsNon.
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa no Parlamento/ BNG
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting