Cifras e letras dunha asemblea

A recente Asemblea Nacional do BNG ofrece un bo repertorio de datos para reflexionar sobre o exercicio e o concepto mesmo da democracia no interior das organizacións políticas.

Por Xesús Veiga | Compostela | 03/02/2012

  • versión para imprimir

Repasemos as cifras. Nunha organización de case 9000 persoas afiliadas decidiron participar directamente na Asemblea a metade dese censo electoral total .Rexistrouse, pois, un nivel de abstención superior ao que se ven dando nos principais comicios electorais que se celebran en Galiza (municipais, autonómicos e xerais). Un pouco mais da metade das persoas que participaron nas votación elixiron as candidaturas presentadas por APU, de tal xeito que se pode afirmar que o apoio do 25% do total da afiliación permite dispor da maioría numérica nos órganos de dirección do BNG.Obviamente, a conclusión sería semellante se as candidaturas gañadoras foran –pola mesma marxe diferencial- as promovidas, conxuntamente, por Mais Galiza e o Encontro Irmandiño.

Esta fotografía do comportamento electoral do microcosmos formado pola afiliación do BNG non cuestiona a lexitimidade dos resultados obtidos pola parte vencedora. Poren, ver o conxunto do cadro si pode facilitar unha xestión adecuada da vitoria. A democracia interna nunha organización que –como é o caso do BNG- pretende ofrecer un proxecto de transformación e rexeneración do funcionamento da sociedade galega non debería ficar reducida á contabilización dos votos exercidos nunha cita asemblearia periódica. Debería incluír a creación de canles específicas para establecer novos consensos internos en base ao patrimonio programático acumulado pola organización nacionalista nos seus trinta anos de existencia.Os relatorios aprobados o domingo non son os únicos sinais identitarios consagrados na traxectoria do nacionalismo galego moderno. Velaí un dos retos da nova dirección e, singularmente, da súa fracción maioritaria:seren capaces de promover dinámicas integradoras que neutralicen os procesos centrífugos que teñen adquirido especial relevancia nos últimos anos.

A existencia de discrepancias internas ficou constatada na XIII Asemblea do BNG.Mais iso non é unha orixinalidade desta formación política. O que pode distinguila significativamente das restantes  é, precisamente, a xestión desas diverxencias.Aí reside, certamente, a proba do nove da calidade desa democracia interna tan reiteradamente invocada nos discursos e nos documentos.

Xesús Veiga




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

45 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 19

    ARTUR

    DE TODO O AFIRMADO POR SUSO, O ÚNICO QUE NON ME CREO É O MAIS IMPORTANTE: XA QUIXERA GALIZA PODER TER UNHA ORGANIZACIÓN NA SÚA DEFENSA CON 9000 AFILIADOS COMBATIVOS....ESE CENSO É TAN FALSO COMO OS DO PP, AGÁS QUE INCLUA MORTOS EX-BNGE, ZOMBIES E TAMÉN AOS MILITANTES DO PARTIGO GALEGUISTA, DAS IRMANDADES DA FALA, DE SOLIDARIEDADE GALEGA, DA COVA CÉLTIGA, A TODOS OS ACADÉMICOS DA REAL E AOS COMPAÑEIROS DE TERTULIA DE AURELIO AGUIRRE....E SE FOR CERTO QUE UNHA ORGANIZACIÓN QUE LOITA POR GALIZA SÓ CONSIGUE MOBILIZAR PARA ALGO TAN IMPORTANTE A MENOS DA METADE DA MILITANCIA, PROPOÑO TRABALLOS FORZADOS E VINTE VERGALLAZOS NO LOMBO PARA OS AUSENTES, AGÁS XUSTIFICACIÓN (TRABALLO, PARTO, ENFERMIDADE OU VIAXE INAPRAZABEL) OU COMO CONA PRETENDEMOS LIBERAR NADA SE TEMOS MENOS QUORUM QUE A FESTA DO CHOURIZO AO ESPETO E SEN PELEXO DE FORNIÑOS DE ARRIBA??????.


    18

    Gunder

    Xa vemos que o discurso dos APU de "a partir de agora non hai vencedores nin vencidos" era unha foto diante da prensa. Basta ver que cando calquer militante posicionado na candidatura perdedora publica respetuosamente a súa visión... choven insultos, descalificacións e xenreira. Escisión XA, con esta xente non pintamos nada, que cada quen constrúa o seu proxecto nacional e a competir fóra, como debería ser (Euskadi, Catalunya son máis pragmáticas) Este invento da "fronte común" foi o timo da estampita, isto é Galicia, e onde hai cainismo grabado nos xens o frontismo é unha vía impracticable. Deixémonos de trangalladas, non se pode traballar xuntando xente inimiga política, que se Galicia fose un estado soberano serían goberno e oposición.


    17

    mirarse ao espello

    Estades moi estreñidos os redactores do panfleto, xunto cos progres de + Galiza e os Irmandiños. Desde esta ciber-irmandade convídovos a rir dos vosos: http://www.youtube.com/watch?featur...

    2 respostas
    1

    Por podercopular: Cachis! E como non engadíchedes unha enmenda ao catecismo APU que prohibise adicar rúas a Fraga. Ves, tanto pensar en parvadas non estades no esencial!

    2

    Por ribasaltas: É triste que vos lembren quen sodes, pero é o que hai. Severino e os Vega no MCG, en Inzar e logo no BNG. E co apoio de + Galiza e dos Irmandiños de Chantada na asemblea comarcal. Resultado: Fraga foi honrado cunha rúa en Monforte coa complicidade do BNG. Xa estades máis perto da xente, case sodes populares. Hai que roelo!


    16

    Patriota

    Upegallos, é lamentable que insultedes tamén a Suso Veiga, un tipo honesto e de modais británicos que nunca tivo saídas de tono

    2 respostas
    1

    Por lemés: Un insulto á memoria das vitimas do fascismo é o que di a Vega, Pepa, "Vega justifica el voto sobre la calle a Fraga por tener ''electores do PP" (en El Progreso), e tamén o que apoia o consello comarcal do BNG grazas a +Galiza e Irmandiños: http://www.lavozdegalicia.es/notici... O respaldo a honrar a Fraga é histórico no BNG, un verdadeiro insulto aos que loitaron e morreron pola liberdade. Sodes patriotas de España travestidos!

    2

    Por LALALÁ: a comarca lugo sul e practicamente 100% maisgz e irmandinhos. sonche moi comprensivos con todo que non sexa o enimigo común


    15

    LALALÁ

    14

    Simpatizante da U

    Coherencia Sr: Se as teses de +GZ/EI fosen avante a Executiva estaría composta SÓ polos gañadores. Onde ía estar a outra metade se vós vencesedes? Seguro que a U non escaparía nin ameazaría con facelo. Con todo, coido que o luns será un dos días máis importantes do nacionalismo galego dende fai uns anos. Confío na xenerosidade da U cedendo cargos importantes (Coordinador Executiva, Secretaría Organización, Finanzas...) e no bo entendemento con xente que vale a pena de +GZ/EI (Aymerich, Martiño, vostede mesmo... non aos López Rico, Bascuas, etc)

    1 resposta
    1

    Por toupa: esa era a tese de +G sóa, a conxunta non puña iso. non te enteraches.


    13

    Simpatizante da U

    Coherencia Sr: Se as teses de +GZ/EI fosen avante a Executiva estaría composta SÓ polos gañadores. Onde ía estar a outra metade se vós vendese? Seguro que a U non escaparía nin ameazaría con facelo. Con todo, coido que o luns será un dos días máis importantes do nacionalismo galego dende fai uns anos. Confío na xenerosidade da U cedendo cargos importantes (Coordinador Executiva, Secretaría Organización, Finanzas...) e no bo entendemento con xente que vale a pena de +GZ/EI (Aymerich, Martiño, vostede mesmo... non aos López Rico, Bascuas, etc)


    12

    fpg

    Haber canto tarda esquerda unida en absorber a moitos dos que se vaian do Bloco

    1 resposta
    1

    Por lalalá: o psoe. a 1ª maria jose veiga, hoxe, o dia despois do perdon do alcalde, sae xustificando o da rúa a fraga, ela como a ultima candidata do bng ao congreso


    11

    Antón

    Esta semana xurdiron dous novos partidos políticos no ambeto da esquerda o dos Pirats e o dos Beirasbucaneiros, teñen todo o dereito, nunha esquerda tan átomizada hai un partido case para cada un dos posibles votantes. Un admira a capacidade hermetica e sen fisuras que ten a dereita para unirse arredor de un interés común. Namentras na esquerda cada un ten o seu proxecto para salvalo pobo, como valedores do pobo que dicen ser. Ben, pois baixo a miña humilde opinión, ainda sendo a inmensa maioria, dalle as costas a estos salvapatrias incapaces de salvar as suas diferenzas e personalismo e articularse o redor de un proxecto común.


    10

    Artús

    A infancia é a patria do ser humano, a vida non é mais que un longo camiño ás orixes, Beiras é de orixe burgues, xa senil, coñe concencia de clase, da sua clase a burguesa, da clase individualista i egoista, da clase soio comprometida con éles mesmos. Colle a sua frauta e coma un novo frautista de Hamelin leva os seus seguidores cara o rio.

    1 resposta
    1

    Por toupa: iso díxocho Fernando Blanco ou Alberte Ansede?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xesús Veiga Buxán

    Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.