Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

401 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 115

    Sandra

    Creo que se lle acaban 30 anos de negocio á UPG. Veredes, veredes...


    114

    ana quiro

    Pois tes boa preocupación rapaz ou rapaza todosomosbloque. E que con esa teima podes acabar contigo, porque pensa, e si queda alguén fora do bloque? non ves que é un imposible o que queres?. arrastrachelocupolaspallasefixechelacamanochanemollachelaverberechiñaqueatiñassequiñadovran.

    1 resposta
    1

    Por todossomosbloque: Eu só non. Hai moita xente na sociedade e no Bloque que pensa coma min ou coma nos. Mira senon como está ERC coas suas multiples escisións. Ou traballamos todos xuntos nunha dirección colexiada respectando as opinions de todo e cun proxecto que convenza a cidadania ou imos a merda.


    113

    todossomosbloque

    Acabo de crear unha dirección de correo electronico todossomosbloque@gmail.com para que toda a xente que esté dacordo en que o Bloque debe seguir unido porque a escisión suporía a fin do nacionalismo galego(fin no Congreso, marxinalidade a nivel municipal e autonomico) e para acabar coas persecucións internas dentro do Bloque, onde o mellor activo e o militante do Bloque e non e nin a UPG, nin Beiras nin +G. Neste correo deixade unha mensaxe de aopios e ideas.


    112

    todossomosbloque

    Tanto para a UPG como +G como EI fixadevos o que lle pasou a ERC en CAtaluña para que non pase o BNG o mesmo. Galiza non pode permitir que os egos de uns e de outros jodan o tanto tempo levou construir. O meu exemplo é a CIG que co se traballo vaise converter na 1ºforza sindical de Galiza. Os mais xovenes simpatizantes do Bloque que non somos de ningunha corrente, que so somos Bloque non podemos permitir que fodan o soño que levou moito tempo para construir. Hai que traballar a diario como fan os alcades da UPG como de outras correntes, e ir gañando a cidadanía e adaptar algunhas cousas do programa a actualidade, porque e mais o que nos une que o que nos separa. O inimigo non está nin na UPG, nin en BEiras nin +GZ nin na sociedade.

    1 resposta
    1

    Por carrabouxo: "todossomosbloque" concordo coa túa teoría pero o problema é que a práctica leva a concluir, atisbo a túa inclinación, que isto é como a Facenda Pública somos todos pero máis duns que de outros.


    111

    Ama

    A todos os que se plantea a idea de marchar do BNG dicirlles que o mediten mellor, que didan mellor as suas forzas e os recurxos humans dos que dipoñen. Midiron mal e perdenron na AN. Que non se autoenganen, moita xente deuxe de alta en EI e en +Galiza para a asemblea e pasado un tempo daraxe de baixa, moitas altas son familiares directos dos militantes, pero si comulganban co BNG terian sido militantes antes. A proba esta en que non habia ninguen o sabado defendendo as emendas. Por contra a militancia que foi en APU e militante de toda a vida, e o van seguir sendo. Que o rexentimento non vos cegue nin arrastra con vos a xente boa que so quere o mellor para Galiza.

    3 respostas
    1

    Por Raparigo: Ama, pois claro que nos imos. Sen ningunha dúbida. Ser nacionalista non significa ter que tragar con pedras de muíño. Ademáis, un non quere estar onde estorba. E no BNG actual está claro que moitos estorbamos á élite dirixente. Así que adeus. Nuns dias tramiterei a miña baixa (e non creas que non me custa ter que facer isto)

    2

    Por Amo: Sempre dando receitas, facendo o seguimento das ovellas. xa soms maiorciño e libres para decidir o que estimemos. Ou naceriamos para ser comparsa da élite pura e dominante? Deixade xa de falar do sábado e do domingo que xa hai explicación dabondo nos foros. Acaso tendes medos a presentarvos sos ante a sociedade e que s´quitedes un por provincia para o Hórreo? Se tan integradores e respectuosos sodes, por que non integrachedes antes?. So queredes seguir aproveitandovos e uxando xente boa para cara de cartel.

    3

    Por Ama: Vouvos contar unha cosa a modo de ejemplo de porque non ides chegar moi lonxe, porque sodes un buscavidas. Hai xente en EI e +G que di ser de esquerdas e apoiar as clases populares, encambio cando hai que facerse visible nunha manifestacion a que o BNG sumouse, son icapaces de coller e levar unha bandeira do BNG, algo moi importante para que o BNG sea visible ali donde e necesario. En cambio perden o cu por agarrar a faixa ou por sair na foto. Iso a militancia o ve, son os Upegallos os que traballan e fan visible o BNG.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button