“O parque faría xustiza a unha poboación históricamente deprimida”

Mario Maceiras é o secretario de ‘Monte Pindo, Parque Natural’, unha asociación que loita para que este espazo natural e cultural único teña o máximo grao de protección.

Por Xurxo Salgado | Carnota | 04/02/2012

  • versión para imprimir

No Pindo, entre Carnota e Cee, atópase a única poboación galega de carballo añón e a única poboación costeira galega delirio do monte, ademais de agochar varios castelos e fortalezas e espectaculares formacións xeolóxicas.

 Nos últimos tempos escoitase moito sobre "Monte Pindo, Parque Natural". Que hai detrás deste movimento?

Unha multitude de cidadáns e colectivos preocupados polas graves ameazas que vive este macizo carnotán e o medio ambiente galego en xeral, dada a situación de abandono e o mal uso dos mesmos. Parte desas problemáticas poderían corrixirse se desde as administracións se lle reservase máis sitio na axenda aos espazos naturais, mediante a acción combinada dunhas fórmulas de protección axeitadas que redunden no desenvolvemento substentábel do entorno e das poboacións que nel residimos. Consideramos que o parque natural é a mellor figura para incidir nese dobre obxectivo, e con el queremos contribuír a que a Costa da Morte sexa máis viva e habitable, no amplo sentido do termo.
 
E que tedes conseguido ata o de agora?
Ademais do aspecto reivindicativo, que é o Leitmotiv do noso colectivo, probabelmente falouse tanto do Monte Pindo neste noso ano escaso de traballo coma nos seus 300 millóns de anos de historia xeolóxica, sexa dito desde a máxima humildade. Traballamos coa premisa de que só sacando do esquecemento o noso patrimonio poderemos salvalo. De feito, pouco a pouco e sen telo previsto nos nosos inicios, vímonos inmersos en múltiples liñas de traballo que nos levou da man dos nosos colaboradores a presentar ante a sociedade importantes descubrimentos en áreas coma a bioloxía, xeoloxía, historia, patrimonio arqueolóxico, cultural ou oral... Hai que ter en conta que desde os tempos de Barreiro Barral case ninguén se ocupara do coñecemento do Monte Pindo fóra dos círculos especializados. É no aspecto da divulgación dos seus valores ao conxunto da sociedade onde penso que estamos a desenvolver un bo traballo.
 
Con todo o que levades feito, cal é a postura da Xunta?
A Consellería de Medio Ambiente, que é a máxima encargada da proposta de novos espazos protexidos, nunca se dignou a comunicarnos a súa postura negativa nin moito menos a xustificala. O único pronunciamento feito ata hoxe foi a finais do 2010. Á mesma hora que no Observatorio Galego da Biodiversidade os expertos e representantes da Xunta debatían sobre a protección do Monte Pindo, a Xunta emitiu unha nota de prensa precociñada dicindo que non contemplaban crear o Parque Natural nesta lexislatura. Máis que un xerro de auga fría sentounos como unha burla, unha provocación, que en vez de desactivarnos multiplicou as nosas gañas de traballar para explicarlle á sociedade os beneficios da proposta e medrar en apoios.
 
O parque, “interese xeral”
 
E credes que tedes posibilidades no futuro se continúa este goberno?
Quixera crer que o medio natural non é unha cuestión de cores políticas senón de interese xeral, pero hai que ser realistas e non crear ilusións que calquera político de medio pelo poida destruír con baixar o polgar. Tampouco podemos meter a todos no mesmo saco, pois as posicións das distintas forzas do arco parlamentario varían desde a adhesión inequívoca do BNG ata o apoio máis ou menos velado do PSOE. Porén o visto por parte do actual executivo na Xunta ata o momento demostra que a natureza e xa non digamos o Monte Pindo ocupa un lugar anecdótico na axenda do Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, seica por esa orde.
 
Polo de agora xa tedes unha primeira victoria xa que o tema está no Parlamento. Cales son os seguintes pasos?
A vitoria sería que os nosos representantes políticos por fin escoitasen a veciños, empresarios, representantes da cultura e da ciencia... que xa se levan posicionado a favor, e se puxesen hoxe de acordo nunha folla de ruta para crear o Parque Natural do Monte Pindo, asi como un plan de desenvolvemento rural que acompañe esa figura de protección. Iso é o que desde a Asociación lles pedimos que asuman. De facelo, por suposto estaremos ao cento por cento ao seu carón, axudándoos en todo o que puideran precisarnos. Se ben pola contra o volven rexeitar coa pouca consistencia que o fixeron hai un ano, evidentemente mañá o contexto será completamente distinto e verémonos obrigados a optar por medidas de presión máis visíbeis.
 
Por que comezachedes con esta iniciativa?
Cando ADEGA presentou en setembro de 2010 unha iniciativa defendendo os beneficios de declarar o Monte Pindo Parque Natural, desde algúns sectores da clase política tentaron despachalo simplemente botando lixo sobre o mensaxeiro ou soltando auténticas barbaridades para desafectar a poboación, como que se ía prohibir o acceso ás leiras ou mesmo expropialas. José Oreiro, daquela alcalde polo PP, levaba 8 anos defendendo a creación do Parque Natural no seu programa electoral. Pero cando outros comezamos a traballar por facer desa eterna promesa unha realidade, pasou a atacar a proposta porque, dicía, era partidista. Por iso decidimos constituir un colectivo sen ánimo de lucro, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, para demostrar que os cidadáns e axentes sociais respaldamos amplamente a proposta, porque nos parecía unha boa idea. Afortunadamente o novo alcalde de Carnota xa apoia aberta e activamente a iniciativa e na asociación participa xente de todas as cores, procedencias e filiacións.
 
Apoios
 
Con que apoios contades?
Aparte do imprescindíbel, que é o do goberno municipal de Carnota, no eido local case todos concordan coa idea: comercios e establecementos hostaleiros, asociacións de veciños, as dúas confrarías de pescadores, as comunidades de montes, as asociacións de empresarios, etc. A nivel galego sorprendeunos a adhesión de multitude de colectivos do máis variado: a Sociedade Galega de Historia Natural, o BNG -que na súa Asemblea emitiu unha resolución de apoio-, FRUGA, a Real Academia Galega, Galiza Nova, os Amigos do Camiño de Santiago... por citar algúns dos destacados. Por suposto boa parte das loitas ambientais galegas xa se adheriron, asi como colectivos para o goce da natureza como montañeiros e sendeiristas. Pero un dos apoios que máis agradecemos é o de Luar na Lubre, que se lembra de nós en cada concerto e mesmo nos dedicou un tema, "Monte Pindo", no seu último disco. 
 
E que ten de especial o Monte Pindo? Cales son os seus segredos?
Case me sería máis fácil destacar os aspectos banais do monte. En moi pouca superficie concéntrase un macizo de granito rosa de 627 metros de altura e 300 millóns de anos de idade a carón do mar -un dos cantís máis altos e antigos de Galiza-, rodeado pola única fervenza de Europa que cae no mar e a praia máis longa de Galiza. O cumio do monte, sen que estivera nunca habitado que se saiba, tiña unha ermita e estaba fortemente amurallado e os accesos defendidos por cando menos dous castelos. Ata debe ser o único monte que foi excomulgado pola Igrexa. Atopamos un lapislázuli que tivo que ser traído por alguén desde Afganistán... no medievo. Conta coa única poboación galega de carballo añón, e coa única poboación costeira galega do lirio de monte. A nivel xeolóxico é simplemente impresionante, coas súas formas graníticas antropomorfas que inzan cada recuncho disparando a imaxinación de quen pasa. A toponimia tampouco defrauda: Onde se Adora, Chan de Lourenzo, Campo da Raiña Lupa... Tantos son os aspectos sobresaíntes do Olimpo Celta que atrapou o interese e a curiosidade dos devanceiros Otero Pedraio, Risco, Carré Aldao, Murguía, Sarmiento e tantos outros. Porén sospeito que as grandes sorpresas e achádegos aínda están por chegar.
 
“Consciencia ambiental”
 
Tamén no Sur de Pontevedra hai un gran movemento para protexer a Serra do Galiñero. Credes que os galegos están preparados para protexer a súa natureza, oo seu patrimonio?
A consciencia ambiental non é moeda de uso común, e desgrazadamnte adoita atoparse entre as últimas prioridades do cidadán medio. Iso non cambia o feito irrefutábel de que sen a natureza simplemente non existiriamos e que a súa destrución impedirá a existencia das xeracións vindeiras. Por iso a administración debe escoitar máis aos cidadáns conscientes de que o medio precisa respecto e protección, sexan poucos ou moitos, e menos aos que cando ollan ao monte só albiscan os beneficios que poden obter da súa destrución. Non só no Galiñeiro, seguen aí ameazantes ducias de proxectos de piscifactorías, parques eólicos, canteiras... cargadas de rexeitamento social e connivencia institucional.
 
E que suporía para o Pindo ser declarado Parque Natural?
Dotarnos das diagnoses precisas, as ferramentas apropiadas e por suposto os recursos imprescindíbeis para avaliar o estado e as necesidades domonte e potenciar o seu goce e aproveitamento substentábel para a mellor calidade de vida da xente que estamos e tamén da que virá. Iso non significa que o día seguinte da declaración os problemas se solucionen maxicamente, pois a suma do conxunto da cidadanía, os axentes sociais e as administracións seguirán sendo imprescindíbeis para o seu bo funcionamento como tal. 
 
Como poden colaborar con vós as persoas que poidan estar interesadas?
O fundamental para nós son os apoios individuais e de colectivos. Dado que toda a nosa Asociación está conformada por voluntarios e voluntarias, cada nova adhesión significa que o noso esforzo ten eco na sociedade. Quen queira axudarnos pode expresarnos o apoio do colectivo social no que participe, ou asinar a campaña polo Parque Natural, que sumou 1.500 apoios o seu primeiro mes. Outra posibilidade é a de asociarse por 12 euros anuais; nunca percibimos un só euro do erario público asi que esta fonte de financiamento é a que nos permite continuar desenvolvendo a nosa actividade divulgativa, a limpeza e recuperación de roteiros, actos informativos... En definitiva, toda canta iniciativa nos sirva para esixir da Xunta a declaración do Parque Natural do Monte Pindo, que será o 7º de Galiza e o primeiro da Costa da Morte, e fará xustiza cunha comarca tradicionalmente deprimida, e hoxe afundida sen boia. Gustaríame que este fose o punto de inflexión dunha nosa historia marcada pola emigración e a traxedia desde o principio dos tempos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
6

Socia nº 153

A todos estes bocazas de aquí abaixo, que tras un pseudónimo intentan infravalorar o traballo dun compañeiro dicirlles que a ASOCIACIÓN MONTE PINDO PARQUE NATURAL ten as portas abertas a toda persoa que o desexe. O único carné que pedimos é o de identidade! REQUISITOS: Crer na única fin do proxecto: Un parque natural que xestione o noso patrimonio.


5

xan soares

O monte Pindo é unha xoia única na nosa xeografía. Vital no aspecto do acceso pola estrada da costa a Fisterra. ë xunto coa fervenza do Xallas o punto forte dese espectacular camiño. Parque natural xa.


4

CranioF

Hai un erro que soa "raro": No primeiro párrafo están unidas dúas palabras e o resultado é "delirio do monte". O monte aínda non padece psicose, algúns dos que lle negan a posibilidade de ser parque natural probablemente si.


3

Académico

Historicamente. Os adverbios rematados en -mente, en galego, non levan nunca til.


2

Colebra

Oes, pois para ser un alfíl da U nótaselle dabondo achicado. Hai que subir a categoría, está claro, esto xa é función dos da primeira división ou ben ten de facerse cargo Guillerme ou se cadra o mais axeitado e Jorquera.De calquera xeito ao Maceiras nótaselle que non pode levar o timonel de navegación.

4 respostas
1

Por saña: Colebra mai morder noutro oso, este caiche moi grande.

2

Por ´Marculiá: Eu tamén manteño reservas que Maceiras teña empaque para exercer o cargo que ostenta

3

Por Manuel Baltar: Menos mal que sempre hai sicarios do PP dispostos a defender a Feijoo contra todo aquelo que sone a nacionalismo. Que ben nos vai agora que gobernan os vosos peóns como Colebra que seguro que ten un postiño na Xunta á calor dos proabortistas ou da Consellería de Carreteras y Medio Ambiente. Por certo podes esperar sentado que che vaia a contestar, non teño ganas de perder o tempo con peperianos. Heil Hitler Colebra.

4

Por Colebra: Pero imos ver, os empregos da Xunta foron copados polos vosos apadriñados cando para desgraza de Galicia aliástesvos coas hostes españolas e formastes a parodia do bipartito.......... Miúda patente, funil e colador nunha peza!..............,Mira o tí, non me adxudiques localización como gregario de ninguén, pois odio o nepotismo veña de onde veña, se vén da dereita dáme calafríos, e se a orixe é de esquerdas acentúaseme con vómitos Conta que hai moito progre nacionalista que senta cátedra en caciquismo de esquerdas....Non serás ti un deles?


1

Colebra

Nótase un exceso de vontade, pero a dimensión de labores excédevos, coido que deberades falar con la cúpula de la UPG que é xente tenaz e disposta e sen dubida a solúcion mais atinada para dar cobertura ás vosas limitacións. Non se fale mais, falade coa UPG e santo remedio

5 respostas
1

Por Carnotiña: Que dis? Se este tipo é un alfil da U asalariado da CIG. É o de sempre, poñerse ao frente de causas dignas para instrumentalizalas. Recordades a Lobeira ó frente de Nunca Mais? Pois o mesmiño.

2

Por Farto de benególogos: Vaia teima que tedes coa UPG, machiños. Non cabe dúbida de que xente tan aberta e integradora coma vós dará creado un proxecto ilusionante e fermoso que atraia moitísima xente.

3

Por Serpiente: Que es la UPG? No os entiendo si todos somos muy españoles y muy de centro (decentes) como Colebra que solo escribe en gallego para disimular nuestra ideología española. Con almaaa torera y sangreee españolaaaaa, fuera parques naturales y otros gastos superfluos vivan los banqueros y Colebra

4

Por txarimoon: o pindo é muito máis que uma olhada a quen dá a cara, que é este rapaz como pode ser qualqueira...o importante é o projeto, nom quen está á fronte, isso sí nos días de hoje ten mérito dar a cara cum trabalho detrás pois dende uma cadeira con aceso á internete é muito doado falar. noraboa, pois por levar avanti este projeto revitalissante onde caben anhos autótonos, vexetais a piques de dessapareçer e como nom, qualquer tipo ee colebras...todos/as sumanos!

5

Por Escandalizado: Pero non os da U os que se pechaban á sociedade? Que fai ese rapaz aí, dentro dunha asociación onde supoño haberá mais xente, tentando mobilizar á sociedade por unha causa xusta! Que volva inmediatamente á súa catacumba que a vietnamita non tira soa!


Mario Maceiras na Capela de Penalonga, rarísima formación granítica completamente natural