Rodri Suarez
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
*de outros non, doutros *meter a gamba non, meter a zoca * fai non, hai anos ou vai anos (esta última vese en moitos comentarios), etc. Hai que procurar escribir ben ese galego.
Espero que ao articulista lle pasara xa a resaca, cousa que ao seu contertulio, de seguro, lle durará algo máis.... Unha cousa lle preguntaria ao da chaqueta de pana e despois liño enrugado (Beautiful People Look): se é certo o que me contaron que, nun debate electoral entre Fraga e Sanchez Presedo, aquel amosara unha carta de “agradecemento e apoio” do daquela alcalde de La Curuña..... Porque este sí foi listo, abofé... mentras no Ferrol e Vigo sofrían a reconversión naval, Francisco Vazquez inzaba a cidade de obras e fastos a conta dos Orzamentos do Estado..... O psoe, coma o pp, actuaron dende o 77 cuspidiño a como o están a facer na actualidade, centralismo e unitarismo un, municipalismo e localismo outro, ambolosdous, na máis pura esencia do nacionalismo español do XIX, todo con tal de ocultar a unidade e identidade do pais. As persoas e escearios poden mudar, porén os comportamentos e actitudes permanecen.
Por Hamlet: Por suposto que recoñezo a integridade e valía dalgún dos seus militantes, D. Issac Diaz Pardo, exemplo para todos, o compromiso de Caamaño ou Francisco Cerviño en momentos difíciles e actuando á contra. Ou no pp.....no pp?...hai alguén aí???
Por entreoscarballos: Eu non entendo como alguén que se considera galeguista pode militar non partido españolista, centralista e tendo de compañeiros militantes a xente como o fascista paco vazquez ou o mafioso populista abel caballero. De igual maneira non podo entender que Cuiña milite no PP, baixo o pretexo de que a esencia do partido é galeguista... Incoherencia
Por xan soares: Hamlet, conocordo coa túa análise ao 100%. Aperta.
A Socialdemocracia NUNCA rexeitou a cultura capitalista, porque nas súas teses fundacionais percibiuse que o nivel de vida dos traballadores melloraba co sistema capitalista, cunha lexislación de control, sindicatos e políticas sociais. De feito, moitos traballadores de “colo azul” hoxe en día consideránse a se mesmos de clase media. É evidente que a globalización, o permitir a libre circulación de persoas e capitais, ataca diretamente ás políticas de protección soberanas, e por iso a Socialdemocracia está en crise, que terá que resolver... Porén, a Socialdemocracia non é a Esquerda, que é outra cousa. Se o Capitalismo puro é o campión en crear desigualdades sociais, a Esquerda é a mellor igualando a pobreza por abaixo. (continúa)
Por ademarcisnegro: (continuación) Gustaríame saber como sería o discurso na barra do bar do tipo chamado BNG, tras un curto e contradictorio periplo no poder, ou indo mais lonxe, sería interesante escoitar os de PCC - Partido Comunista Chino- , o do seu tocallo PCC -Partido Comunista Cubano- e iso por non dicir os do PTC -Partido dos Traballadores de Corea- ou o do Jemer Vermello...Estou desexando que te topes con eles no irlandés e nolo contes. Dito o cal, coincido contigo en moitas das tremendas inconsistencias en que caeou o PSOE nos 133 anos que leva de vida. Como non podía ser doutra forma, desgraciadamente.
Por antidoping: Vexo en ti nonseiquéneghro un bó dummie da propaganda fetichista do capitalismo imperialista, contanolo ti, contanola tua esperiencia porque a dos que te narcotizan xa a coñecemos, iluminado, xa que eres tan listo.
Por Larchán: NUNCA, non é certo, non todo é branco ou mouro, de feito a socialdemocracia nos seus principios rexeitaba a cultura capitalista, na que só via o seu desenrolo no capitalismo como alto temporal. A socialdemocracia era unha vía o socialismo por métodos pacificos, parlamentarios. De feito formou parte da Internacional Socialista deica que foi expulsada pola sua deriva. É o que pasa cando renegas dos teus principios ou fins, que perdes a tua esencia.
Por ademarcisnegro: Certo Larchán, excedinme no de NUNCA, se tomamos o historicismo o pé da letra. É certo que nos comezos foi tal como dis. Puntualizo entón e fago a seguinte matización: troco o de "A Socialdemocracia NUNCA...." por un mais claro "A Socialdemocracia, tal e como a entendemos agora e desde hai bastantes anos, non rexeita a cultura capitalista...". Grazas por corrxirme. Antidoping, ahí tes a experiencia contrastada neses países. Podes documentarte en mil sitios e alí cho contarán mellor do que eu o poida facer. Pero non porque fora desastrosa, iso significa que o capitalismo é bo. Son argumentos distintos. As críticas ao capitalismo darían para varios posts. So comento que a experiencia doutros tipos do bar, con anos no poder e neste caso desde a esquerda, tamén dan para varios gin tonics. E os teus insultos, por favor gardaos para non desacreditarte soíño. Veña, que ti podes!
Por Artus: Onde eu me documento non me transmiten o mesmo que ti, será porque nonos documentamos nos mesmos sitios, polo cal mentras nono comproves por ti mesmo, é millor que fales do que coñezas e non facer analises tan simplistas que eluden condicionantes. Porque en Cuba ó igoal que en Corea están en guerra, guerra declarada polo imperialismo ianqui unilateralmente, que fai que calqueira cibdadan ianqui que viaxe ou comercialice con eses países poda ser condeado a dez anos de cadea e multa de deica 1.000.000$, por por só un exemplo.
Por ademarcisnegro: Opino que os seus documentos son moi sesgados. Todos o son, pero como dicía Orwell, uns mais ca outros. Eu persoalmente tiven a oportunidade de percorrer Camboxa e (unha parte de) China, non so nas cidades, senon tamén no interior...e qué quere que lle diga? Camboxa non levanta cabeza dende que hai trinta anos a Pol Pot se lle dera por baixarse a dous millóns de compatriotas que eran sospeitosos de non querer colaborar coa construcción dun estado agrario maoísta. A pobreza por doquier, o medo nos recordos da xente, os mutilados por minas antipersoais e unha visita aos "killing fields" ou a Tuol Sleng, abrenlle a un ben os ollos. A incosistencia do "comunismo" chino nótase nada máis chegar e a violacións de dereitos humáns están reflectidas nos mesmos documentos que vostede le. O de Corea será, me temo e desgraciadamente, parecido ao de Camboxa cando caiga o reximen.
Por ademarcisnegro: O caso de Cuba é distinto. É certo. Non podemos metelo no mesmo peto que China, a Camboxa khemer ou Corea do Norte, lóxicamente. Non estiven en Cuba, logo so podo opinar dela polo que vexo/lexo. Tenme certo romanticismo "la revolusión", pero tamén é verdade que hai cousas comas estas: http://bit.ly/wQ59jd que fanme pensar que mais que revolución está a ser unha roubolución, o roubo de moitos dereitos. Preocupame a súa transición democrática e estou totalmente en contra do bloqueo norteamericano, coma non pode ser doutra maneira. Outras ligazón de interese:(1) http://bit.ly/y9LWaz (2) http://bit.ly/zOjleq (3) http://bit.ly/wnYjfr
Bom artigo, como de costume Sr. Rodri. A historia do psoe suponho que será similar a de muitos partidos "socialistas" ou social-democratas europeos dos 60-70 para aqui. Umha historia dumha deriva calculada e maquilhada polos dous sindicatos do capital.
Por marco: A historia do PSOE é moi semellante a do BNG, o que acontece é que esta última ao Sr. Rodri non lle pagan por contala e a ti seguro que non che pasou pola cabeza solicitala. Farsantes, moitos vendidos na falsa esquerda e no nacionalismo light que nunca ataca a unidade da patria maior. Seguide xogando á política alternativa de cara á galería!
Por Asqueado: Desgraciadamente, como a moitos xornalistas neste país, o que ti chamas Sr. Rodri non lle pagan por facer estes artigos, como ocorre con todos os columnistas do Galicia Confidencial, que aínda por riba de ofrecerse gratis a facer artigos dende un punto de vista distinto aos da voz-faro-correo ten que aguantarvos a tipos como este últimos dicindo que son pagados de non se sabe quen e tal. Qué asco.
Por marco: Non tan Asqueado... Que no lle pague GC non quere dicer que non lle paguen outros, pois como xa saberás o Sr. Rodri -repetindo o do Bruno que me precede- cobrou do BNG. Se non o sabías es pouco ilustrado, mais se tratas de tapar o que moitos coñecemos es simplemente tramposo. Mellor que asqueado semellas ben mantido!
Por Asqueado: Eu vexo que cobrou de Jacinto Rey, La Opinión, Prisa e os medios pùblicos. Pero claro, entón non cobraba dos empresarios do ladrillo, dos magnates dos medios mentirosos ou do PP que domina a TVG, estes dan igual, o único problema é o BNG. Pos nada, que aproveite.
Por Marconi: Supoño que marco quererá dicir que traballou no BNg e como é normal cobrou por facelo,como nos periódicos outros nos que traballou e como centos de persoas no BNG nos últimos 30 anos, malia que ao principio deixe caer que realmente cobra agora e cobrou antes por facer artigos a prol do BNG no GC, algo falso. Grazas a Suárez por facer artigos valentes como iste. Por certo, mira como de algúns que traballaron no BNG e moito máis tempo non dicides nada, claro como xa teñen os seus xornais para promover outras forzas políticas pois eses son o máximo, só se pode opinar se é contra o BNG, se é a favor pois os que acusan de sectarios xa sacan a víscera contra o que o fai.
Por marco: Mira como o Marconi vai entendendo... Ti podes ver que dixemos que está cobrando polos artigos en GC, para outros "cobrou" é pasado. E cobrou do BNG, certo. E se cadra está esperando a oportunidade para recuncar, e mesmo fai méritos. Polo demais a vosa liberdade para opinar ten fronteiras e data de caducidade, eu non a merco. Obrigado.
Por Marconi: Os méritos do articulista para "recuncar" como dis ti será os do seu currículum, que é público na páxina e seguramente é mellor que a da maioría dos que vides aquí a metervos con quen non di o que queredes oir. E sei cando un verbo é pasado, pero escribiches ao principio "ao o Sr. Rodri non lle pagan por contala", nun claro presente manipulador. E como non sei de que me falas, só digo que a miña liberdade para opinar nin ten fronteiras nin data de caducidade. E xa está que hai un montón de cousas para facer máis importantes.
Por censor en excedencia: Marconi non te poñas cachondo, se o Rodrigo Suarez conta o que sabe do Bloque non recunca, iso é o que che tratan de explicar. Polo demais es ti o que dixeches que "só se pode opinar en contra", non a favor, segues co de "o que queredes oir", es ti quen pretendes guiarnos sobre o que se pode opinar con criterios tan subxectivos como tratar de valorar o historial de comentaristas que de nada coñeces. Pois iso, non lle temas tanto aos que opinan diferente do que manda o teu catecismo.
Crónica dunha traizón, totalmente verdade incluso a implicación real no 23F agora ratificado polos arquivos desclasificados alemans e o home da CIA, Isidoro, imposto en Suresmes e logo posto en liberdade polas autoridades franquistas con bronca incluida o despistado inspector sevillano que o detivo o seu regreso.
Por certo. Sei de boa tinta que algún iluminado da UMG, que non ten moito que facer nesta fase post-asamblear, como lles soe pasar normalmente os cachorros de Paco, adicouse a montar un video para mofarse de Severino, alcalde de Monforte polo seu erro (polo que pediu públicas disculpas). Este é o talante e os espíritu de integración da UPG. Siguen nas trincheiras e a disparar a discrección os compañeiros, como no seu día fixeron con Quintana. INDIGNANTE
Por Que si: Era raro, un co monotema e ademais aproveita para defender o "erro" e as "desculpas" consistentes en dicir que xa non ten volta atrás. E do PSOE nin palabra, claro. O problema do universo é o Bloque e a UPG.
Por anton: Porque non fan o video do PSOE en vez de facelo dun compañeiro? Pero a ti pareche normal? Eu non defendo o erro. De feito digoche que é un gran erro e unha vergonza. Estou esperando que Ansede por exemplo pida perdón polo caso de corrupción CARRUMEIRO, en vez de estar escondido e escribir epístolas no Terra e Tempo, e non, non o fará porque a UPG nunca se equivoca, nin pide perdón. O ego do partido líder e omnipresente que nos teledirixe a todos. Como estou dacordo co do PSOE espero que non se volva pactar con eles, e menos con pactos tan lamentables como os de Coruña, Lugo ou Vigo.
Por lemés: Antón, con certeza de que o acontecido en Monforte é unha vergoña. Pero o erro foi ratificado pola asemblea comarcal, onde son/sodes maioría os de +Galicia e Irmandiños, negándose a valorar a posibilidade de corrixir o acordado. E por riba aparece a Vega en El Progreso dicindo que ao BNG tamén lle vota xente do PP, por iso non se opoñen a honrar a Fraga. Sabemos que foi premeditada a postura do BNG no concello, non se quixo rectificar e aínda se xustifican. O de vergoña quedou curto para calificar semellante desatino.
Por lemés: O de Carrumeiro Media é outra ferida que supura... Certo, pero podías preguntar en Monforte por Rural Consulting, pola familia Quintana de Allariz, polos concursos públicos que non se celebran e polas adxudicacións a dedo. E despois falamos de novo da Vega que xustifica a rúa que honra a Fraga, a señora que tiña un irmán -o Veiga- que asesoraba ao tamén irmán da titular da consultora de apelido Quintana... E despois falamos dos do MC e logo Inzar que entraron no BNG, e da limpeza do sangue que tampouco ten a UPG. Ou tapamos a cara da vergoña allea?
Por Lucio: A recurrente enganchada dos dous polos bloqueiros, pero qué cansinos sodes! non tedes casa?
Por Que si home: Que "caso" de corrupción? Pero de verdade que o único que tedes para insultar ao Bloque son calumnias e medias verdades? Ide "abrirvos á sociedade", que seguro que atopadesm moitos compañeiros de viaxe dispostos a aturarvos!
Victimismo o xusto. O mesmo que opinas ti, opinamos os demais dos teus escritos públicos. Comprenderás e supoño que te imaxinabas que un discurso tan forofo hacia as cores da Unión do Pobo Galego 2 días despois dunha Asemblea Nacional, que se caracterizou pola dialéctica agrevisa, polo insulto e faltas de respeto a compañeiros non camaradas, nomeadamente Beiras e alcaldes do BNG que non son da UPG, levaría as críticas e debates que neste medio se teñen producido. Supoño que che parecerá o lóxico. Ese PSOE do que falas é, por certo, ese partido co que o BNG pactou por decreto dende fai mais de 10 anos o que o levou perante a cidadanía galega a parecer partidos asimilables.
Por Carreiro: Supoño que ao principio se queixará dos insultos e todo ido, non da xente que debateu con normalidade, ata acaba o monólogo do principio falando dos que insultan, non de todo o mundo. Logo, o do PSOE paréceme xenial.
Por Boa viaxe: Contestarvos nunha asemblea é "insultarvos". Cando vós insultades na prensa é "lexítima discrepancia". Bendita sexa a xente que se meta con vós no voso novo partido, ten o ceo gañado!
Por Xanti: Non oh, dicir como escoitei por aí "a tripulación xa está preparada, agora que marchen as ratas do barco", iso é contestar educadamente...
Rodri Suárez (A Coruña. 1974) é xornalista. Foi xefe da área de Política de Xornal de Galicia e xefe de Deportes en La Opinión de A Coruña, traballou en A Nosa Terra e DxT Campeón, foi guionista de humor para a TVG e colaborou ou colabora en varios medios, como en Localia Coruña (Turkia, La Prórroga) en Radio Coruña-Cadena Ser (A Tropa da Tralla ou a programación deportiva), Cope-Galicia ou as revistas Bravú e Interviú, que postas así compoñen un sorprendente pareado. Como o seu eixe vital anda entre Monte Alto e Fisterra ten o soño de ser fareiro.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting