A cuarta forza

Pensamento único, bipartidismo, terceira vía, cuarta forza. A política non deixa de ser unha sorte de escaleira imposible de ascender. Iso deben de pensar os líderes do nacionalismo galego. Segundo o CIS, entre 1997 e 2009, o sentimento nacionalista en Galicia pasou do 33 ó 15%. Entre 2005 e 2009, os galegos en degoiro dunha autonomía maior, pasaron do 26 ó 16%, dez puntos perdidos en catro anos. Os soberanistas seica representan o 2% da poboación. Cifras de sentimento político con reflexo nítido nos resultados electorais: grosso modo, 50% de tendencia de voto cara ó PP, 35% para o PSOE, 15% (ben optimista) para o BNG.

Por Marcelino Fdez. Mallo | A Coruña | 08/02/2012

  • versión para imprimir
A realidade semellaba esixir un cambio radical de rumbo na fronte nacionalista, e xa vimos. As expectativas ante as vindeiras eleccións galegas son negras. O futuro chámase 1989, 5 deputados. E isto malia o desgoberno popular e o desnortamento socialista. No nacionalismo pinta aínda peor: desolación con síntomas de deshonra. Ante un tal panorama, ou renovación quimérica ou cuarta forza, non queda outra. Asumir riscos ante a alternativa máis arriscada, a da inacción, a que sempre leva ó fracaso. 
 
Con escisión ou sen ela, a cuarta forza é unha necesidade vital para o País. Unha cuarta forza que poña en evidencia o sucursalismo do PP, a deriva do PSOE e o enquistamento desesperante do BNG. Unha cuarta forza co discurso centrado en Galicia e capaz dun diagnóstico, estratexia e deseño propios. Unha cuarta forza que abrolle de raíces sólidas e sostibles. Unha cuarta forza pragmática, dialogante e con vocación transformadora. Unha cuarta forza que poña en valor os factores endóxenos do País –produtividade do sector primario, medio ambiente, talento innovador, cultura e idioma– e os integre nas tendencias de desenvolvemento global. Unha cuarta forza cunha política de comunicación directa que a conecte dende o primeiro momento ós sectores esenciais da economía e da sociedade galega. E, finalmente, unha cuarta forza que empregue a linguaxe que falan os galegos reais de hoxe e non os utópicos dun outrora imaxinado. 
 
Repasando os cadros dirixentes dos tres partidos nos últimos anos e mesmo identificando algúns afiliados sen responsabilidades, atópanse persoas de alta valía descolocadas en cadansúas organizacións. Os astros conflúen e solicitan a toma dunha valente determinación ó alcance daqueles homes, daquelas mulleres, con sentimento de País por riba de siglas e intereses de partido. O tempo esixe coraxe e visión. Con tales vimbios haberíase artellar esa cuarta forza degoirada. 

Marcelino Fdez. Mallo




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

40 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 19

    Carlos

    Concordo Marcelino. Tardamos anos en tomar algunha xente a determinación de sacar peito e deixar ao BNG, xa nas mans da UPG, para encetar o reto ilusionante de traballar por Galicia como unha nación europea, a nosa, con outro nacionalismo cunha óptica ideoloxíca distinta, integradora e centrada no País. Dirixida a toda á sociedade. Xa estou a participar en reunións. Fai 4 anos que deixei o meu paso polo Bloque, e nunca decisión mellor tomara. Os que queremos que Galicia teña outra voz política propia, mans á obra. Non podemos actuar cobardemente e deixar o presente-futuro negro de Galicia nas mans dun nacionalismo institucional (BNG) apoiado na columna da UPG, e dirixido por ela. Se o nacionalismo galego só pode vir envolto nunha bandeira comunista e co puño ergueito, mal vexo a Galicia, mal nos vemos os que coma min pensan.


    18

    Henrique

    Pois a este ritmo a cuarta forza no parlamento ten toda a traza de ser Izquierda Unida. Non hai que esquecer os 60.000 votos que acadou o 20N en Galicia, dos cales me atrevería a dicir que en torno á metade proviñan do BNG.

    1 resposta
    1

    Por Serxio: Completamente dacordo. Engadiría que procede do voto urbán que se nos escapa. A xente ante este contexto de crise demanda máis esquerda e a percepecion moitas veces por mor dos medios de comunicacion é que so nos preocupamos pola lingua galega e pouco mais (non o estou inventando senón que a reflexion vén dunha conversa real con xente de esquerdas). A vision enganada ou non é esa...e a xente non quere lios coa lingua...fixadevos o que fixo Negreira na campaña e a agora gobernando levouno a cabo? So queren sacarnos o titular e negar o resto que facemos, non podemos entrar no seu xogo.


    17

    Eue

    BNG sempre, e agora máis que nunca. Os que queiran traballar, dentro. E sempre cara adiante , que peores tempos temos pasado.


    16

    felipe

    Quedan sentadas as bases segundo as que tería cabida xente importante como a Táboas, Aymerich, Leiceaga, Ceferino Díaz, Cuíña Jr. e ata incluso, por que non?, Caamaño. Tamén os de Converxencia deberían asumir o compromiso. Estou de acordo, é o momento. Ou agora ou nunca. Sen egoísmos e con visión de país!!


    15

    xan soares

    En Galicia xa naceu unha cuarta forza seria cun gran líder, chámase Converxencia XXI, agora só fai falla que moitos galegos se dean conta. Converxencia XXI representa unha opción galeguista, federalista de centro dereita, liberal que busca o recoñecemento das nacións históricas europeas e que se nega a día de hoxe aos rescates bancarios (por si alguén o dubida). En Galicia precisamos do BNG e precisamos de Converxencia. Saúdos.

    6 respostas
    1

    Por xxx: Ilusionounos a variossi...màis o ego de lider, xunto con varias meteduras de perna,tamén fixo que moitos liscásemos de ahí...e xa só queden catro.

    2

    Por Xanti: É unha persoa moi soberbia, e un radical do neo-liberalismo.

    3

    Por Hamlet: Xan, o de "gran lider" no che soa a algo, non sei, coreano?....que queres que che diga, no século XXI precísanse equipos,non líderes e todo o máis, un "primus inter pares". Respecto do liberalismo de C XXI, sóbralle escola de Chicago e fáltalle responsabilidade social....A ver que pasa en marzo, porque as eleccións serán no outono, ou por aí, non si?

    4

    Por Hamlet: E traio aquí algo doutro post, algo que de seguro partillamos: "os días nos que os políticos de "San Gerónimo" lles digan a Galicia qué facer e como pensar, remataron. O pobo galego será dono da súa axenda para o futuro" http://news.stv.tv/scotland/276298-...

    5

    Por xan soares: carallo, en Galicia, somos fulminantes nisto de soterrar políticos con ideas novas. Carlos Padín é o máis consciente de que a política de hoxe ten que ser por forza horizontal e de que se precisa de equipos aínda así a decisión final a ten que tomar alguén. E ise alguén ten que ter as ideas claras e Carlos as ten. Saúdos.

    6

    Por Meu rei: Sr. xxx, se liscaches seria porque o teu ego non entende de democracia interna, de meritocracia, de traballar sen esperar un sillón...é o que ten vir dunha cultura política caciquil. Calquer proxecto precisa de xente que traballe sen esperar nada a cambio e vese que non era o teu caso. Converxencia XXI é o único partido do panorama galego que trae ar fresco a esta nos a Galicia. E eso doe.


    14

    Xanti

    home é normal, se identifican ao nacionalismo ca UPG o sentimento nacionalista descende drásticamente... non será difícil convencelos, porque tampouco existe un nacionalismo español forte no país, pero si, compre outra forza, e o BNG-UPG xa non é axeitado.


    13

    Manuela

    Cada quen coa súa leria e a súa leira. Dunha frase sobre a linguaxe referida obviamente a termos políticos, xa se tira un debate sobre reintegrata si reintegrata non. ¡Que país!

    1 resposta
    1

    Por Akribéstaton: Manuela: o artigo caracteriza-se pela sua vacuidade e covardia. Qual é "a linguagem que falam os galegos reais de hoje"? Aqueles contra os que fala, não são galegos? Não são reais? Não são de hoje? Se se refere à "maioria" (eleitoral?), só temos que olhar para o nosso redor para perceber que essa linguagem é muito cacofónica.


    12

    Brais

    Pois eu gostaría moito que existise un PNV á galega. Comparalo con PPSOE é un insulto á intelixencia.


    11

    andrea

    animo marcelino, a montar a cuarta forza.... ou prefires que a monten outros e ti subir cando xa estea en marcha; é maís doado , non? Pero no ves homiño que para iso hai que ter, entre outras cousas, amor ao Pais, e non oportunismo. Eu non vos votarei, eu sempre BNG.Pero benvidos sexades, ainda que dubido que teñades o que hai que ter !

    2 respostas
    1

    Por Arestoras: Hai falaches, andrea. Estes non van xuntos nin ao bar de enfrente.

    2

    Por Xanti: Para ir xuntos xa estades vós, que lisco todo o mundo do voso lado...


    10

    Akribéstaton

    Estamos ante um discurso genérico e vazio, como exige seu carácter oportunista. Talvez por isso se sente cómodo na mesma categoria que as outras "forças". Essa vacuidade e covardia reflecte-se nessa frase problemática. Pois para referir-se (abertamente) ao reintegracionismo deveria falar em "língua". Mas o autor já se expressa na "linguagem" imprecisa e covarde que efectivamente utilizam os mais dos galegos. Só resta que seja francamente soez para poder parabenizá-lo pela perfeita mimese.

    5 respostas
    1

    Por Xanti: Valente xa é Paco Rodríguez, que sempre da a cara...

    2

    Por Si Xanti: Fala de dar a cara un anónimo, que gracioso. Paco Rodríguez nos controla telepaticamente aos demais, ti tes que escribir por Internet e nin así controlas.

    3

    Por Lugo: Pero si o problema mais grande que terían e o de non saber traballar, de non estaren organizados, de non pensar en colectivo e de non saber asumir o que son acordos...os +G sempre foron un "banda de salón" (ou de moqueta, como xa vexo que xe lles chama por estes lares)

    4

    Por Santiago: Me parto contigo Akribéstaton. Saúdos para o teu planeta

    5

    Por Akribéstaton: Santiago: não sou doutro planeta, senão doutra espécie do que tu, por não dizer categoria ontológica. O que não sei, pois não estou no vértice superior, e se tu pertences ao âmbito das pedras, ao das plantas ou à dos vermes.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Marcelino Fernández Mallo

    Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.
    @pallarego