Como consolidou Fraga a súa maioría en Galicia

As eleccións autonómicas de 1989 supuxeron a chegada de Manuel Fraga á presidencia da Xunta de Galicia. Naqueles comicios autonómico produciuse unha anomalía no voto da emigración censada en Ourense e apareceron milleiros de papeletas do Partido Popular.

Por Horacio Vixande | Vigo | 11/02/2012

  • versión para imprimir

A chegada desa casa de correos foi o que lle permitiu ao PP facerse con oito escanos na circunscrición de Ourense e alcanzar a maioría absoluta no Parlamento galego, sumando en total 38 deputados dos 75 que compoñen a cámara. O voto dos residentes ausentes en Ourense nesas eleccións comportouse forma completamente diferente á rexistrada noutras provincias e noutros comicios. Porén, a forza que perdeu o escano, o PSdeG-PSOE, renunciou a recorrer ante os tribunais e Fraga fíxose coa maioría absoluta dos escanos. Sinálase a Felipe González como a persoa que tomou esa decisión para poder apartar a Fraga de Madrid e facilitar a transición dentro da dereita española.

Manuel Fraga gobernou Galicia durante 15 anos, máis a consolidación da súa hexemonía non só se produciu grazas á anomalía estatística que lle reportou un escano de máis nas eleccións de 1989. Durante a súa primeira lexislatura, en decembro de 1992, promulgou a Lei 15/1992, que modificaba  a Lei 8/1985 de eleccións na Comunidade autónoma galega. Nesa modificación introduciu unha limitación dos cinco por cento dos votos válidos emitidos ás candidaturas que podían acceder ao Parlamento, cando esa porcentaxe esta situada no 3%.

Precisamente nas anteriores eleccións, dous partidos, Esquerda Galega e Coalición Galega, superaran o 3% dos votos pero non chegaran ao 5%, aínda que si conseguiran dous escanos cada unha. Con ese teito electoral, Esquerda Galega, que concorreu en coalición con Esquerda Unida, non conseguiu representación en 1993, aínda que si superou o 3% dos votos. CG, pola súa banda, sufriu un desastre electoral e o PP alcanzou 43 escanos, cinco por riba da maioría absoluta, o que lle permitiu consolidar a súa posición hexemónica en Galicia.

Unha peza publicada no medio colaborador O Cartafol, o mensual en galego para o ipad e outras tabletas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

21 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 11

    xan soares

    Pois efectivamente, foi así, pero a clave foi a o clientelismo financiado con cartos públicos. Fraga xuntou a todo aquel que non fose de esquerda como xa fixera no AP en España e despois empezou a repartir cartos para facelos adictos ás subvencións e telos controlados. Moi triste a España deseñada polo PPSOE e moi triste os mantidos caciques galegos continuidores da tradición feudal castelá en Galicia.


    10

    Bruar

    Xa morreu. Xa o enterraron. Seguimos sin saber quen lle puxo a bandeira de España na igrexa durante o funeral. Pero hai que pasar páxina. Son dos que pensan que Fraga significou e significará ben pouco no desenrolo deste pobo e desta patria GALICIA/GALIZA. Esquezamos aos mortos que nada fixeron por dignificarnos. Váleme de pouco que poseera o poder durante 16 anos. Non fixo país, só administrou recursos. Non é un pai fundador de nada, é simplemente un gobernante. Que descanse en paz. Os seus herdeiros no PPdG fan o mismo. Galicia para eles só é unha sucursal de poder político. Cada vez que vexo o feito polo PP na Diputación de Ourense dánme ganas de chorar. Eles son eles, si queren chorar e facer misas por Fraga, que o fagan. Eu dende logo que non.

    1 resposta
    1

    Por vilaescura: O que sabemos, con certeza, é quen colaborou para que o fascista teña rúa en Monforte de Lemos.


    9

    labacengos

    Consolidouna, entre outras cousas, xuntando nun mesmo partido ata a sete formacións distintas, ás que posteriormente se foron unindo outras. Tería esta dereita gobernado en Galicia se se tivese presentado fragmentada en varias marcas electorais, tal e como hoxe pretende o nacionalismo de esquerda?


    8

    ribasaltas

    Como se honra a Fraga cunha rúa coa complicidade do BNG. Semella unha nova máis interesante e de maior actualidade, se vos atrevedes a publicar... Por certo hai quen pide, nada sospeitoso, alegacións: http://www.lavozdegalicia.es/notici...


    7

    undamariña

    Coido que non è momento de mirar atrais. Precisamos xente,galega,e que crea en Galicia,que tire do carro deste pais.Fraga xa non està pero a herencia que deixou è peor que os que habia cando el gobernou, ou non?Falemos de futuro , de politica galega, e de incorporar à politica a moita xente galeguista que agora mesmo, non ten un partido ò cal votar.Os medios de comunicacion tendes moito que decir nesto.Un saùdo a todos

    1 resposta
    1

    Por paisano: Oi oioioioi os medios amarelistas-independentistas galegos xa falan moito... o que máis gracia me fai é velos criticar ao BNG de aquí e de aló, por apoiar ou non apoiar os minutos de silenzo cara esta personaxe, ou por non saír ou si saír dos plenos en honra desta personaxe... e logo apoian aos países stalinistas-autoritarios, que no caso de Cuba, cos seus medios tamén mostraron mostras de pésame pola morte desta persoa. Se por criticar ao BNG que non quede, eh? Tamén podemos seguir con: 1) Porque mandamos a un calvo e non a un melenas, ou 2) porque levan música folk galega de música de fondo e non rock-bravú da terra... quen ten máis cousas que criticar?


    6

    estatístico

    Em 1989 Coalición Galega consegui escano por Ourense e Lugo, onde sim superou o 5% dos votos. Acho que em 1993 a coaliga+om EU-UG nem chegou ao 3% em Corunha e Ponte-vedra.


    5

    Roi Xordo

    Há que entrar na Uniom Europeia? -> Reconversom industrial e fodemos o setor láteo. Madrid e Levante precisam energia barata? -> Ateigamos o país de encoros elétricos, moinhos e deixamos a merda. Há que levar cárrega de trabalho aos estaleiros andaluzes? -> Fodemos o naval e proibimos que os estaleiros galegos construam barcos.... ATÉ QUANDO ????!!???????

    1 resposta
    1

    Por Sesky: Moi ben faldado. E agora Ana Pastor quere prorrogar a concesión a Audasa. Isto é unha vergoña. En condicións normais Feijoo non debería sair reelexido pero a oposición que hai en Galicia dá vergoña


    4

    Roi Xordo

    Repartirom-se o pastel entre Fraga e Felipito .... e Galiza pagou os pratos!!! (como sempre!!)


    3

    Xoelho

    Non son caralhadas. É moi certo o que di o artigo. Fraga fixo manobras para conseguir maiorías absolutas, é evidente. O sistema eleitoral en Galiza e en Espanha non é verdadeiramente proporcional, o cal desvirtúa os votos, pode ter maoiría simple ou absoluta quen non a ten nos votos. É dicir, a representación en escanos non se corresponde coa proporción de votos e, por tanto, é un sistema non democrático. Falséase a realidade, falséase a democracia. Todo iso á parte doutra realidade, que é que os votos dos galegos deixan moito que desexar, son moi manipulables e manipulados.

    5 respostas
    1

    Por Comentador: Son paridas, completas. A primeira falsidade é que o sistema okupa os votos de quen non vota, polo tanto a representación é falsa, isto é asi en case todas as partes do mundo. Por exemplo, se votou o 75% do censo, e abstivose o outro 25%, deberian encherse só 57 escanos e ficar valdeiros 18. Asi que a primeira fraude é esa. Aqui o mais espanhol é discutir sen ter p-idea, como os dous que me "opinaron" abaixo (se non será que é o mesmo multinick). Todo isto xa o estudou hai 225 anos o Marqués de Condorcet, non é algo moi diferente do cálculo de Babbage para o carimbo. Matematicamente, coa única excepción que comentei no primeiro parágrafo, todos os sistemas son igual de democráticos. exquisitamente democráticos, con tal de que as regras sexan coñecidas de antemán e todo o mundo fique en igualdade de oportunidades (isto último, en calquer caso). Todo o resto, é falar sen ter p-idea. http://gl.wikipedia.org/wiki/Parado...

    2

    Por Xoelho: Non senhor, Comentador, nada diso. Os que non van votar non contan, absténhense. Os escanos énchense cos votos dos que queren emitilos, e a partir dos votos emitidos deben repartirse os escanos de maneira PROPORCIONAL. Se non hai proporcionalidade non hai sistema eleitoral democrático porque non se reflicte a proporción das vontades da xente cando emitiu o seu voto. Un sistema eleitoral no que os escanos non se corresponden coa proporcionalidade do voto non reflicte a vontade xeral dos votantes e, por iso mesmo, non é democrático. A democracia é o goberno do pobo, e se o pobo di 20 para A, 10 para B e 4 para C, o que non pode ser é que A tenha 14, B tenha 20 e C tenha 0.

    3

    Por Comentador: Xoelho, se non me cres, perguntalle a un matemático. Condorcet demostrou matematicamente (non admite discusión nen interpretación) que non existe un sistema de avaliación de preferencias (=votos) que sexa unívoco e nen sequer "obxectivamente" mellor ca outros cando varios. Uns teñen unhas avantaxes e outros uns inconvintes, e dependerá da sociedade que faga a escolla. Democráticos son absolutamente todos, sempre que se saiba de antemán as regras, é dicir, que non se muden a beneficio de alguén. O outro asunto é diferente: a xente que se abstén non vota, é un fraude atribuirlle o seu voto a partidos que si tiveron votos, de feito, a abstención beneficia (próbase matematicamente) ao partido 1 mais do que ao 2, etc., é dicir, hoxe temos un partido gobernando Hispanistán con 10,8 millóns de votos e maioria absoluta, cando ten realmente un 31% sobre censo (é dicir, 3 de cada 10 persoas que poden votar). Iso non me parece que sexa moi democrático.

    4

    Por Xoelho: Non estamos a falar de cuestións técnicas, polo menos eu non, senón de cuestións políticas. Non é cuestión de consultar matemáticos, é a filosofía do que estamos a falar. ¿Conhecer as regras? A maioría nin as sabe nin se fixa nesas cousas á hora de votar. Sistema verdadeiramente democrático (no referente ao sistema de votos-escano, porque hai outros importantes aspectos) é o que é proporcional. Penso que non ten volta de folha. Logo hai outros aspectos, como a igualdade no acceso aos medios de difusión, o tempo que poden falar en tv ou na radio, ou os espazos nos periódicos, que en vez de ser proporcional á representación parlamentaria debería ser igual para toda forza que se presente ás eleicións, porque do contrario estamos nun círculo vicioso.

    5

    Por Comentador: Xoelho, con todo respeito, eu explicareime fatal, pero ti non sabes ler. Tu me estás a falar de estética en arquiteitura, e eu estouche falando das leis físicas que permiten aos predios manterse en pé en non cair ao chan. A maioria da xente non sabe nada de nada, pero o mundo real existe, ben o sabes.


    2

    xtF8

    Nadie dijo que el sistema de la 2º Restauracion fuese perfecto.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Portada de O Cartafol nun iPad/Código Cero