3.000 persoas contra os recortes na Xunta

Unidade sindical fronte a sede central do Goberno en San Caetano para tentar deter o novo recorte ás condicións laborais de funcionarios e traballadores da administración pública autonómica. Vídeos da protesta no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/02/2012

  • versión para imprimir

Preto de 3000 persoas protagonizaron este mediodía unha marcha diante da sede central da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, para reclamar uns servizos públicos e de calidade. Convocadas por CC OO, UGT, CIG e CSI-F, proclamaron consignas contra a política de deterioración dos servizos públicos e a favor da dimisión do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Arredor das 12:20, representantes dos catro sindicatos presentaron no rexistro central da Xunta de Galicia un escrito no que solicitan a retirada do anteproxecto de lei de medidas no emprego público, no que se prevén actuacións como reducir a xornada ata un terzo —coa consecuente mingua do salario— para os interinos ou non aboar o complemento ao persoal de baixa os primeiros 21 días.

Como se anunciou hai só dous días, as accións de protesta continuarán os dous próximos xoves de febreiro, días 16 e 23. Nesta última data, as empregadas e empregados públicos están chamados a protestar nas sete grandes cidades do país ás 19 horas.

O coordinador da Área Pública de CC OO Ramiro Otero, lembra que nos últimos tres anos o salario das empregadas e empregados públicos minguou un 13%, e que tamén os orzamentos estatais posiblemente apliquen novos recortes neste ámbito, polo que insta a adoptar medidas no sentido de incrementar os ingresos, tanto pola vía dos impostos como loitando contra a fraude fiscal.

No caso de a Xunta se negar a rectificar, Otero sinalou que as organizacións sindicais non desbotan unha folga no sector público.

Velaquí algúns dos vídeos filmados por GC na protesta:

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
6

Gamela

UNIDADE DE ACCIÓN http://praza.com/editorial/7/a-unid... e un chisco máis aló... http://ir.gl/926a1 FOLGA XERAL 48 HORAS XA!


5

Manolo2

Un tanto flojilla la convocatoria. Si dicen 3.000 serán 1.000. Descontando la mitad que serán liberados - o sea profesionales de estos asuntos - y los que se apuntan hasta un bombardeo, resulta un perfecto fiasco. Sobra gente en concellos y consellerías, lo cual se puede comprobar al ir a cualquier centro público y ver la cantidad de gente que la rasca sin control alguno.

1 resposta
1

Por Chamádeme Javier Dorado: Ti sabes contar? Os traballadores públicos de San Caetano estabamos alí. Hai uns 3000 e saímos uns 2000 para deixar os servizos cubertos. Engadíronse compañeiros doutras cidades: Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Pontevedra e Ourense. Desta última contei ata 7 autobuses cheos de traballadores. Ademais desinformas insinuando que existen 500 liberados o último acordo sindical que asinou Feijoo constatou que soamente hai 50 sumando todas as centrais sindicais da Xunta. Menos Goebbels, caperucita!


4

Un que sabe

Ese é o camiño: Mobilizacións unitarias, ata onde se poida, e cada vez máis fortes e máis continuas. Ese camiño nos levará a unha folga xeral en todo o Estado que virará os plans de Feijoo e Rajoi. E non a folga xeral sectaria convocada pola UPG


3

zeltia

Francamente non sei de que se queixan os funcionarios. Aproban unha examen e tes a vida resolta. En todos os postos de traballo hay que evolucionar, aprender, garantizar resultados e cumprir obxectivos, e decir, examinarse toda a vida laboral. Estou de acordo en que que non se mingüe os salarios sempre e cando sexan profesionais e amosen a súa valía profesional. O ter unha praza pública debería ser a que máis reponsabilidade amosase en canto a formación, obxectivos e valía, porque os resultados son para toda a poboación. E deprimente a falla de coñecementos e posta o día da maioría dos funcionarios.O fin e o cabo aprobar un examen e como o carnet de conducir, igual o sacas a primeira pero como non te poñas o día andas a golpes.

5 respostas
1

Por Funcionaria que funciona: Zeltia: Se é tan doado e é tanta bicoca, non tes máis que presentarte a funcionaria

2

Por Un traballador publico: Zeta. Cal sería a tua opinión se a xente xeneralizase e dixese que todos os trabajadores da privada sodes uns mantas? Non te decatas que os políticos queren isto? Que os traballadores enfrenten uns con outros para que Non dirixan as sua carraxe contra os verdadeiros responsabeis dista desfeita:OS POLÍTICOS E OS BANQUEIROS.

3

Por galega ofendida: Hola Zeltia, non sei se te decatas que funcionarios tamén son os profesores dos nosos fillos, os médicos que operan a vida ou morte, entre outros, e toso isto nos leva a ter unha mala sanidade e unha mala educación para os noso fillos, maulas ainos en todolos traballos, non so nos traballadores públicos, e xa está ben de emprendela con eles, a crise non e culpa nosa e todo o ataque é para os traballadores da adminostración, pensade un pouquiño, esta non é a solución á crise, o goberno o que ten que facer é impulsar o consumo e non axudar tanto ós bancos, e tamén subindo os impostos ás rentas máis altas, e deixar de cruxir ós traballadores mil euristas.

4

Por FuncionarioSanCaetano: Zeltia tes unha idea un pouco antiga da función pública. Eu aprobei as miñas primeiras oposicións no ano 2002, cando tiña 21 anos. Entrei no subgrupo C2 (antigo grupo D), cando soamente tiña o BUP. Hoxe, con 32 anos, teño 2 carreiras universitarias e vou camiño da terceira, un máster universitario, e aprobei por promición interna a oposición ao subgrupo C1 (antigo grupo C) e por acceso libre ao subgrupo A1 (antigo grupo A). Agora ben, teño que darche a razón en cando a que hai moito persoal desmotivado, no que sen dúbida ten moito que ver o sistema de promoción na función pública no que se prima case exclusivamente a antigüidade (a cantidade de anos que levas traballando, pero non a cantidade de traballo que realizaches nin a súa calidade)

5

Por FuncionarioSanCaetano: Zeltia tes unha idea un pouco antiga da función pública. Eu aprobei as miñas primeiras oposicións no ano 2002, cando tiña 21 anos. Entrei no subgrupo C2 (antigo grupo D), cando soamente tiña o BUP. Hoxe, con 32 anos, teño 2 carreiras universitarias e vou camiño da terceira, un máster universitario, e aprobei por promición interna a oposición ao subgrupo C1 (antigo grupo C) e por acceso libre ao subgrupo A1 (antigo grupo A). Agora ben, teño que darche a razón en cando a que hai moito persoal desmotivado, no que sen dúbida ten moito que ver o sistema de promoción na función pública no que se prima case exclusivamente a antigüidade (a cantidade de anos que levas traballando, pero non a cantidade de traballo que realizaches nin a súa calidade)


2

Gamela

Mañá podedes dicirlle á Conselleira de Facenda -da miña parte- que xa pode marchar para casa a descansar! Convocade FOLGA XERAL DE 48 H (como en Grecia) en toda a Comunidade Autónoma! Os días 29 - 30 Marzo son perfectos -xa que imos pagala nós tamén a DISFRUTAREMOS NÓS!!!- e sería boa cousa ir SUMANDO (tódalas Centrais Sindicais) e tamén o Movemento 15M terá algo que aportar a esta Convocatoria pola DIGNIDADE! Aquí tedes máis INDIGNACIÓN http://ir.gl/f0c15a

3 respostas
1

Por Saña: E tamen Galiza non se vende poderiase sumar, pero non se escoita por ningures, estara desfeita?

2

Por arrenejo: Pois ficou bastante tocada esa Rede polas grandes estocadas de resentimento bloqueiro que acompañaron encantadas a súa "revolucionaria acción de goberno". Non obstante as últimas grandes mobilizacións galegas contra o Poder Criminal que Destrúe a Nosa Terra foron convocadas por GNSV. Dos compañeiros de viaxe non soubemos "nunca máis". Pero seica agora andan fodidos tamén os señoritos e queren voltar a aborregarnos. Loita si, mais autónoma. Botamos a Fraga, botamos a Touriño e botaremos a Feijoo! Nós decicimos e non os vosos aparatos autoritarios. Bicos e a por eles !

3

Por Gamela: Aquí os únicos "desfeitos" son os que "suman votos" e RESTAN VONTADES! Cómpre un chisco de imaxinación ! [R]EVOLUCION ! http://ir.gl/bb9a31


1

SABADELL

Votade para que poñan a web de Banco Sabadell en galego: http://feedback.bancsabadell.com/fo....

3 respostas
1

Por Tururú: Menuda preocupación, non vou poder durmir hoxe.

2

Por mezquindade: Pois eu fíxeno, levoume 50 segundos, e non deixei de facer por iso ningunha outra cousa. E unha cuestión de dignidade, pero quen non sabe o que é iso nunca ten problemas para durmir.

3

Por Tururú: Entón ti tampouco durmiches?