Máis de doucentos afectados polas accións preferentes de Caixanova e Caixa Galicia tentaron tomar este serán a sede central de Novagalicia Banco (NGB) en Vigo. Impediullo un importante dispositivo policial da Unidade de Intervención Policial.
Unha fileira de 'antidisturbios' protexeu ao banco durante varios intres de tensión, pero sen que houbese maiores incidentes. Un helicóptero controlaba aos cidadáns, que cortaron o tráfico no centro da capital olívica.
Consumidores de Vigo, Mos, Gondomar, Nigrán, Moaña e Cangas berraron "chourizos", "ladróns" ou "cacos" acompañados de instrumentos. Esta é a segunda mobilización convocada, tras outra protesta en xaneiro en Vigo e Cangas, onde ocuparon unha oficina de NGB.
Segundo a Asociación de Usuarios dá Banca (Adicae) Novagalicia Banco ten retidos os aforros dun uns 2.000 clientes. Adicae calcula que só non banco galego hai entre 70.000 e 100.000 a prexudicados, 575 da antiga Caixa Galicia e 503 de Caixanova. Esta asociación era quen convocaba a protesta de hoxe.
Nos próximos díashaberá asembleas informativas en Cangas e en Vigo. Na capital olívica será o día 13 as 19 horas no centro cívico do Casco Vello.
GC foi dos primeiros medios galegos que deu noticia deste 'curraliño'. Este martes GC informou que oficinas de NGB culpaban á prensa de enganar aos cidadáns alarmándoos inecesariamente.
A prensa galega trata mal a NGB?
Sobre a presunta acusación de responsábeis de NGB de que a prensa alarma innecesariamente por intereses dos propios medios, cómpre ter en conta que a práctica totalidade de cabeceiras do país arrastra importantes débedas con esta entidade. Ademais, NGB é un dos principais anunciantes da industria da comunicación galega.
O problema non é exclusivo nin de Galicia nin de NGB. Segundo ADICAE, até oito entidades (Banco de Sabadell, BBVA, CAM, Catalunya Caixa, La Caixa, Nova Caixa Galicia, Banco Santander e Banca Cívica) teñen "atrapados" 30.000 millóns de aforros dos españois.
As caixas galegas foron nacionalizadas tras case quebrar tras apostar polo 'boom do ladrillo'. Os directivos que tomaron as decisións de investir na burbulla inmobiliara marcharon tras cobrar millonarias indemnizacións. Esta mesma semana NGB anunciou novos despedimentos, que probablemente chegarán en forma de ERE forzoso.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A policia española a cudindo a salvarlle a cara os capitalistas que nos meteron neste tinglado, logo lles chegara a eles ou as suas familias, o tempo
Impresionante o voso traballo GC. Sodes os que informades de verdade o que está pasando neste país. Grazas!
Sois los únicos que informais de esto. Ni en La Voz nin en Faro leo nada. Y luego tienen los c***** de decir que la culpa es de los periodistas que manipulen. La culpa es suya por ROBARNOS. Gracias GC por vuestro apoyo, si no me hubieran ROBADO en NOVAGALCIABANCO os pagaría la suscripción de un año, ahora solo tengo para mandaros un SMS pero estas cosas no se olvidan.
Por Sextil: Xa, xa, si. O nacionalismo galego, que non recibe moitos apoios á hora de votar mais logo sempre está e serve para nos tirar as castañas do lume. O conto de sempre. Nin na Coz nin no Falo din nada, mais logo son os que mercamos mentres os medios en galego van ó garete. Porca miseria. Así nos vai.
Por maría: en praza publica tamén se informa.Deberíades deixar de ler os folletos do pp.Espero que atopedes unha solución.
Olho que esta e so a primeira das MOVIDAS. Cando se lles rouban os cartos a xente o normal é que salte, e trátase dun verdadeiro roubo. Nota: 2000 son os que de momento imos ir na demanda conxunta con ADICAE, o número de afectados por NovaCaixagalicia e de 100.000 familias en Galiza, ainda que moitos non son conscientes de que teñen este tóxico producto (ainda hai moitos tranquilos na casa pensando de boa fe que teñen un "plazo fixo" e non se enteran ata que van as sucursais e descubren o tomate:ahí é cando vai saltar o temas ás ruas, se non o arreglan xa!)
esto passa-lhes por levar a sede Central em Vigo, si a deixaram na Corunha estariam enchendo a caixa de sugestions.
Protesta diante de NGB en Vigo /Acampada Vigo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting