“Debería haber espazo para outra forma de facer política”

Teresa Táboas deixa o Parlamento convencida de que deben ser outros os que representen a nova liña política do BNG. Di que “non lle fai caso” aos ruxe-ruxes de creacións de novas formacións políticas e destaca o legado político de Quintana. Polo momento, vai tomar un tempo para pensar no futuro.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/02/2012

  • versión para imprimir

Acaba de deixar o escano. Por que tomou esta decisión?

As razóns que lle expresei a Guillerme. Unha mestura de motivos persoais e outros de tipo político, como o de considerar que ao BNG o pode representar mellor no Parlamento alguèn que estea mais identificado coa actual liña politica.
 
Algúns din que puido facelo moito antes...
Ou despois. Foime difícil tomar a decisión, e tamén escoller o momento. Non o fixen antes da Asemblea de Amio para que non se vira como que me desentendía do proceso, ou do futuro do Bloque. E logo agardei uns días despois quizais por un certo respecto.
 
Momentos difíciles para o BNG. Que pensa que vai suceder no futuro?
Si. Son momentos difíciles para o BNG, pero sobre todo para a maioría da sociedade. Para os parados, para os traballadores, para os empresarios, para os autónomos, para os usuarios dos servizos públicos... Eu non sei que vai pasar, pero si que habería que reaccionar. 
 
Sen “claves internas”
 
Outros destacados dirixentes como Pérez Bouza xa anunciaron que abandonarán o BNG. Que opina desta decisión? E pode vostede tomar o mesmo camiño?
A miña decisión non é en clave interna, porque estes se van ou aqueles se quedan. Eu respecto tanto de quen se queda como de quen se vai, porque quen se queda será para traballar e quen se vai non renuncia por que si. 
 
EI ameza con deixar a fronte. Pensa que é unha decisión axeitada? Ten vostede tamén esa mesma sensación?
Non vou xulgar o que decida o EI, sexa cal sexa a decisión que adopten.
 
Precisamente, vostede apareceu hai unhas semanas xunto con Beiras apoiandoun “fronte común”. Por que decidiu, finalmente, non sumarse a esa candidatura?
Aparecín precisamente nesa fronte para non dar a sensación de que me desentendía dun proceso que penso que foi importante, para botar unha man. E non aparecín na candidatura porque foi algo que dixen dende o principio ou non ir ou pechar a candidatura, non tiña máis ambición que a de axudar a que se artellara ese frente amplio.
 
“Ruxe-ruxes”
 
Logo da asemblea nacional do BNG hai un ruxe-ruxe de supostos abandonos de militancia e de creación de novos partidos. Está vostede nalgunha destas supostas operacións?
Non fago caso de ruxe-ruxes.
 
En todo caso, cre que hai espazo para unha nova forza política?
O que debería haber é haber espazo, e necesidade doutra forma de facer política.
 
O legado de Quintana
 
Vostede foi unha das conselleiras estrela de Quintana. Que lembra daquela etapa?
A ilusión coa que puxemos en marcha moitos proxectos para amosar que era posible construir un país máis xusto e igualitario pensado para as maiorias sociais, por exemplo planificar por primeira vez políticas de vivenda dende o ámbito público. Todo o equipo da Consellería traballaba todolos días con esa ilusión, por iso as veces pensó que foi como un soño.
 
Algúns criticarona, precisamente, porque non era militante. Tamén criticaban outra fichaxe de Quintana, Carme Adán, que entrou con vostede naquel goberno. E que pasou para que unha estea case fora do BNG e a outra como número dous da APU?
As críticas son libres, e a xente evoluciona todos temos as nosas circunstancias e a nosa forma de entender política, afortunadamente nos dous casos.
 
Cre que o BNG debe abrirse máis á sociedade?
Como lle dixen a Guillerme, eu era partidaria dunha renovación e dunha refundación, dunha reflexión sobre en que sociedade nos movemos, e que lle pode achegar a ela o nacionalismo. Unha reflexión conxunta na que o que poda dicir eu é un grao de area.
 
E xa ollando cara o futuro... Unha muller que foi conselleira e dirixente nacionalista, vese, novamente, nalgún proxecto político?. E cales son os
seus plans futuros?
O futuro inmediato é ter tempo para min e os meus e para pensar o que fago.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

105 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 28

    Gamela

    Definitivamente ata que Anxo Quintana escriba unha desas cartas que tanto lle gustan (e tan escasas) non imos entender NADA de NADA. Mira que insistín en que dixera quenes sentaban naquela mesa da Coruña ? e non houbo maneira de que fose máis claro! E agora a Táboas deixa en suspense o tema Carme Adán ? Pero todos semellan botar de menos aqueles tempos do bi-partito nos que debeu suceder ALGO que NIGUÉN CONTA !!! Pois nada... outra que se retira a disfrutar da VIDA! Quintana seica debe andar moi ocupado disfrutando tamén da súa ? [Paco Rodríguez] estabas na mesa da Coruña ? Lástima de xubilación!!!


    27

    Soneu

    Lástima que Táboas ficharara polo BNG, seguro que co PP sería unha das mellores conselleiras deste governo.


    26

    1982-2012

    Ortodoxia leninista da UPG para explicarnos o que está a pasar no BNG e no PSOE: Vimos de asistir aos Congresos do BNG e do PSOE, e tanto os resultados dun como os doutro, así como as reaccións dos respectivos menxeviques (no senso literal de minoría) trouxéronme á cabeza aqueles intres de inicios do século pasado nos que as cousas e as situacións, sendo tan diferentes, levaron a respostas similares. A Lenin non lle tremeu o pulso, negándose a facer concesións aos perdedores... É incrible que, hoxe, incluso membros da intelligentsia retiren a careta e non acepten as regras democráticas establecidas con anterioridade á emisión dos votos. Por que non relén a Lenin e asumen que o que perde o avión, aínda que sexa por un segundo, non pode voar? http://www.terraetempo.com/artigo.p...


    25

    Ama

    Vamos a ver, quen marcha e por que quere, que eu sepa a Sra. Tereixa Taboas fixo o que quixo no BNG, ninguen cuestionou o seu traballo, o mesmo podese dicir de Aymerich de Bouza e de tantos outros. Alguns ata tiveron o apoio no seu dia da UPG para chegar o poder municipal. Que pasou de un tempo a esta parte para que todo cambiase, o BNG segue a ser igual, so cambia unha cousa, deixouse de falar de politica para falar de nomes e de cargos, e asi nos vai. Cales son as grandes proposta de +G e EI? ideoloxicamente donde estan? que proxecto de pais teñen, e tan diferente do do BNG? Eu estou dexexando deixar de falar de todo isto e falar de politica de verdade.

    10 respostas
    1

    Por Manuel P.: Si si, ides falar de política de verdade agora no novo BNG-UPG, e xa verás cando lle contedes á xente todo o que pensades (seguramente non vos atreveredes a facelo porque no fondo non sodes tan parvos) e os resultados que ides obter, pois Galiza enteira coñécevos de máis. Sorte, ídela precisar...

    2

    Por Sandra: Diferencias dígochas eu: Teñen Texto político distinto e moi criticado pola UPG. Cuestionan a bandeira coa estrela, as comunistas, a visión de Europa, están a favor da economia de mercado, de falar con outras organizacións distintas as de sempre, non aceptan xa o frentismo como modelo de organización, queren unha Executiva monopolítica ideolóxicamente para que funcione e sexa operativa....buf. Eu vexo demasiadas diferencias. Unhas falan un idioma e xestos, e outros outro rollo distinto.

    3

    Por Xavier: Deixouse de falar de política porque houbo instrucións para vetar a discusión do texto de EI e +G. Aínda que era evidente que existían duas olladas sobre o futuro non se quixo entrar a falar do asunto. O importante era tumbar a visión que mantén a metade do BNG. Así que non veñas a pontificar sobre falar de política porque iso xa sabes só pode facerse no Comité Central e logo envían as consignas que repiten centos de papagaios.

    4

    Por Xavier: E ¿cales son as grandes propostas da UPG?. Confundir á xente anunciando unha crise sistémica do capitalismo cando o que realmente acontece é un rearme do capitalismo na súa pior versión neocom, é dicir, entre outras cousas un ataque mortífero aos postulados socialdemócratas e en consecuencia ás institucións e servizos do benestar social. Hai tamén quen axuda no traballiño este mesturando políticas neoliberais con políticas socialdemócratas polo simple efeito de que un goberno calquera (neste caso o español do PSOE) aplicase fórmulas contrarias ás que se lle presupoñían.

    5

    Por um de ningures: o de "crise sistémica" é umha fórmula que já empregou o FMI nos seus últimos informes, assi que lê um bocado mais. Por outra parte EI e +G nom pretenderom dar nenhum debate ideológico nem nas assembleias comarcais nem na nacional, só fôrom a apresentar a sua emenda à totalidade sem dar qualquer argumento, porque no fundo, nom existem. Só queriam o poder interno e executiva monocolor, porque no fundo o texto da UPG é pura social-democracia fronte ao socio-liberalismo direitoso vosso.

    6

    Por Algures: Non sei onde militarás ti, seguramente en ningures. En todas as asembleas comarcais, até onde eu sei houbo xente defendendo as distintas teses. Outra cousa foi que non pasaran ao plenario da Nacional. A difamadores non hai quen vos gañe. Si, xa sabemos que sodes moi de esquerdas, xa o deixachedes ver alí onde gobernachedes e onde gobernades. Ven se viron as diferenzas, uns traballando(os dereitosos según vos)e outros corrompéndose en Carrumeiros e Campeóns.Mira ti por donde , os de esquerdas funcionando como o peoriño do PP.

    7

    Por Xavier: Non se quixo debater, nin nas comarcas nin na asemblea nacional. A consigna era tumbar o texto de +G-EI, afogar calquera discusión, aplicar o rodillo. Pero tódolos días aprendemos algo novo. Agora resulta que os apestosos socialdemocratas non son os de +G senón os da UPG. Eu pensei que a única forza que se definía social-liberal no BNG era o PNG pero agora xa se nos aplica a todos -Beiras incluído-. O que hai que ler...

    8

    Por Ama: Estou flipando, igual que dende un tempo a esta parte, Cales son as politica da UPG, a UPG e una orgnizacion Marxita, non engana a ninguen, teñen a mesma ideoloxia e EU pero son nacionalistas, algo que non e EU. E analise economica e politica da U e acertada, e din o que moito outros veñen dicinido dende fai tempo. Decadencia do sistema capitalista e un feito, outra cousa e dende o poder se loite para salvalo, de ai as axudas a banca con cartos publicos. E sobre o debate ideloxico no BNG nada de nada, na AN +G e EI non foron quen de defender as sua propostas.

    9

    Por Ama: Eu estiven a comision 2 e coindin co Martiño Noriega e estivo patetico, pidindo por caridade "daba lastima" que se acetase a sua enmenda a totalidade porque era bo para o BNG, era bo para Martiño, e como non pasou a tua proposta, marchaches da comision e quedamos o resto a defender as emendas. Donde esta o respeto os compañeiros e a organizacion. O mesmo pasou en Vigo, unha persoa dos Irmandiños fai un monton de enmendas, as defende todas xunta e marcha para casa, non queda a escoitar os seu compañeiros ni queda para votar as suas propias enmendas.

    10

    Por Ama: Para rematar, tedes que ver o que tedes na casa, porque ente a xente nova e non tan nova de +G se leva de un tempo para aca unha linguase e unhas proposta moi neocon, moi de dereitas. Eu nunca vou defender o libre mercado, porque o libre mercado levounos as esta situacion, e o libre mercado e que un empresario poda pagar a hora de traballo como el queira, e o libre mercado permite que empresas compren o poder politico. O libre mercado xustifica que un pobos sometean a outros. Sodes moi liberais, non vos diferenciades nada do PPsoe.


    24

    Gloria

    Fai tempo que falaba que un valor político coma vostede, demostrado coa túa xestión no mellor goberno que tivo Galicia e aplicando unhas políticas extraordinarias para o costume que tiñamos neste país, non pintaba nada ou pouco no medio de xente totalitaria que quere unha Galicia cerrada e só coa súa óptica. As/os demais somos galegas de segunda. En Galicia, desde Viveiro a Baiona, ti es querida. Os túzaros do Bloque son os que falaron moi mal de ti e do señor Quintana, iso escoiteillelo eu. Non entendía nada. Agora xa vou entendendo, e neste dixital, non se entera o que non sabe ler. O facebook abre portas. Moitas felicidades pola decisión. Es unha gran política.

    1 resposta
    1

    Por Vigués: +1


    23

    pacorrodriguismo

    A clase obreira non é a elite da nomenclatura do comité central. Esa confusión xa se produciu na extinta Unión Soviética e xa coñecemos o final desa película.


    22

    Obreira e Nai

    A clase obreira galega está en outra guerra. Non nos interesas estas disidencias de señoritas e senadores.

    3 respostas
    1

    Por Manuel P.: A clase obreira non vos pode nin ver e xamais vos daremos noso apoio, así que fala no teu nome que penso que vos a de chegar... Ala Rafa Villar for president, do BNG porque o que é de Galiza vades dados ja ja ja

    2

    Por Sandra: Os 60.000 afiliados á CIG, no 80% van ao sindicato porque lle é mais barato que a xestoría. E non votan ao BNG. Os parados votan maioritariamente PP. As obreiras votan maioritariamente PP. Na xente do campo arrasa o PP. Os mariñeiros votaron a Feijoo aplastantemente. A mocedade deste país escapa dos catro castristas de Galiza Nova...e votan PP...O BNG non funciona. Eu xa me convencín, e agora, con este tropel de descartes, xa non é alternativa nin de lonxe.

    3

    Por um qualquer: Por isso tu acabas no PP também, boa argumentaçom! No fundo padecedes umha enfermidade infantil, só que nom é a do esquerdismo, se nom a da homologaçom e a de umha curtedade de visom, mui limitada. No fundo é umha derrota geracional: nom queredes nem tedes a pretensom de dar batalha nenhuma em prol dos direitos democráticos, sociais e civís, assi que que vos deam. Na folga geral tenta fechar bem a tenda, comerciantinho de pouca monta!


    21

    Irmandiño Vermello

    Taboas, Pérez Bouza, Pérez Lema, e outros bultos progresistas encabezan as multitudinarias mobilizacións contra a agresión do empresariado e a dereita de PP e CIU aos sectores obreiros.

    3 respostas
    1

    Por pacorrodriguismo: Os sectores obreiros non son a camarilla da UPG que mangonea o BNG.

    2

    Por Manuel P.: Ja ja ja Irmandiño.... Pero de verdade sodes áinda máis mediocres e patético do que pensaba. Ese tipo de artimañas colaralle aos que vos siguen totalmente a cegas. En fin... creo que non fai falla poñer máis nada, as tácticas dos 60 de Paco Rodríguez agora no 2012 e aplicadas ás redes sociais simplemente amosan o patetismo e paletismo da UPG

    3

    Por Nontechamesirmandiño: Ti que dis vermello!!!. As mobilizacións encabézanas Suso Seixo e Manuel Mera collidiños da man, aos demais como moito deixánlles levar a bandeira, pero uns metros mais atrás...... que ainda hai clases!!


    20

    mansdodemo

    Claro que hai outra forma de facer POÍTICA. O problema é que os que dirixen esta fronte e "o seu representante", só queren "o chupe", e non sinten, nin padecen, nin queren aos da pé. E aínda hai que oir.....que deixan as portas abertas para que larguen o máis apresa posibel. ONDE NON HAI, NON SE PODE DAR.

    1 resposta
    1

    Por mansdodemo: É o meu pensamento.


    19

    Nilo

    Adiante, a ver que sucede. Entender todos os parámetros que inflúen en democracia é imposible, mirade IU con un Guillerme Vazquez da política como é Cayo Lara incrementou dun xeito espectular os votos da súa formación ante un perfil tan aberto á sociedade e tan ben valorado como Llamazares. Iso é moi complexo depende moito do contexto pero a única forma de saber se pode sair ben e intentadoo así que boa sorte. Alo menos todo indica que a base galeguista nacionalista galega ten que aumentar con novos partidos o que é bo para o país.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Teresa Táboas/casademarcelo.es