Estamos nun período convulso, cando non magmático, no que as sensibilidades latentes dentro das organizacións políticas galegas, pensan cal debe ser o vieiro polo que queren transcorrer no futuro. Tanto no PSdeG, como no BNG, o descontento dunha parte importante da militancia, -como a de moitos cargos institucionais-, reflexa situacións insostibles para seguir navegando nun mesmo barco, no que os buracos ameazan con afundir un percorrido conxunto de tanto tempo. Tampouco se pode confiar o actual partido do goberno no que, aínda que de xeito máis discreto, empeza a ter “fugas de auga” de alcaldes descontentos pola xestión da crise por parte da Xunta de Galicia, que ten afogadas as economías locais ante a política de recortes da administración galega.
Uns e outros están atentos ao posible xurdimento de alternativas políticas esperanzadoras para o futuro de Galicia, mais os proxectos novos, se queren ofertar un “produto consistente” á sociedade, non poden vir marcados por liderados personalistas nos que os que tentan marcar as pautas o fagan dende o rancor as súas opcións políticas anteriores. Proxectos nos que existan moitos “coroneis” e pouca “tropa”, están destinados ao fracaso, se as bases sobre as que se cimentan son o egoísmo persoal e os axustes de conta con antigos compañeiros.
Socioloxicamente, hai moreas de galegos con sensibilidade galeguista que non se senten representados por ningunha das formacións do abano parlamentar. Se a esta realidade engadimos que as liñas actuais deses partidos non converxen co que a súa militancia demanda, o resultado final desa ecuación pode ser que algúns estean dispostos a ofrecer á sociedade acubillo político consistente, dende o cal o seu compromiso por esta terra poida derivar en traballo serio e responsable, lonxe das tan manidas declaracións de intencións que inundan o espectro político dos desencantados galegos.
Así pois, as tres formacións do Parlamento galego deben reflexionar porqué tendo teóricas bases consistentes, -apuntaladas por madeiros da suposta mellor calidade, moitos prefiren escoitar aos promotores de novos fogares, -aínda en época de crise-, que seguir sostendo eses piares, ao mellor non tan sólidos…
Ou non?
Rafael Cuiña
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Levas razón. Os meus tíos que estiveron en Alemanha máis parte da minha familia que emigraron por Europa adiante, son votantes do PP. Pero na derradeira xuntanza familiar que mantivemos, na que os puntos do día a tratar eran, en primeiro lugar, o xantar, en segundo termo cal ía ser o noso posicionamento nas próximas eleccións, chegamos ao acordo de procurar un partido de centro e galeguista. Unha vez rematado o xantar vimos "Sálvame diario".
Pois sí, Galicia require de novas forzas políticas nacionalistas e se o sistema colonialista español se ven abaixo coa crise abofé que van saír. En todo caso xa hai unha alternativa moi boa que é Converxencia XXI.
Por Ególatra Padín: Padín deixa de tocar as pelotas, que eres patético. Ben sabemos que escrebes con este nick. "Somos 21" boa alternativa? Si home si, con 60 afiliados (e baixando) e menos votos que UCE. Anda, xa bastante tes con chupar en Tui do bote.
Por xan soares: Vaia, vaia, volve á carga o campo de distorsión da realidade de Mr. X e a súa sociopatía anticonverxente. Por qué non lle preguntas a Padín en persoa cantos afiliados recibiu cxxi nos últimos dous meses? En serio, das moita tristura
Por xan soares: menudo lío hai eiquí, pediríavos que non usurpedes os nomes eu xa busquei un que non tivera ninguén. Non son Carlos pero supoño que sei quen es ti que asinas coma o Ególatra Padín. Non ten moito sentido amorear tanta xenreira, non é bó. En fin, un saúdo.
Por Manolo_: Eu non sei quen é quen, pero afirmar que C XXI é a alternativa pega a risa.
Por kkg7: Fun eu o usurpador. Copiei por acidente o teu nome. Desculpa.
Consumado o II segundo asalto da dereita española ao nacionalismo galego, polo tanto ó aparello tecido dende a clandestinidade. I Asalto foi o acoso e derrubo atacando ao mais feble do bipartito por ter menos poder e mais inimigos, o BNG. II Asalto tentativa de golpe de man no timón ou dinamitar a liña de flotación do nacionalimo que realmente teme o sistema o BNG
Por anton: O sistema nunca temeu nin temerá a un BNG liderado pola corrente fascista UPG. O sistema temeu o quintanismo por seren capaz de abrir o nacionalismo a sociedade e as grandes masas. A feijoo e santi king dalle a risa un bng dirixido por Guillermo e Jorquera, con Pacorro, Vilamea e o do unto en bambalinas.
Rematades de botar polo chan 30 anos de conquistas sociais. Tes que coller unha das 3 ofertas que te fagan as escravistas ETT, Tes que darlle parte do teu paro o teu explotador, poden desmarcarse do convenio os explotadores cando queiran, marcas horarios, botarte cando queiran etc. Aparte nos deixades sin sanidade nin educación, diante de esto, só unha pregunta: vaselina e profilacticos os pagamolos traballadores de noso peto? ou entran dentro dos gastos deducibles da empresa?
Por Realista: Casualmente o 80% da clase traballadora en Gz, vota polo PP eleccións tras eleccións.
Por Repúblicano da RG: Home tanto como o 80%, é certo que unha boa parte si, pero non sempre vai ser así, polo de agora moitos van agoantando coma poden a ver se os tempos son mais propicios, pero cando se decaten de que todo vai a peor....defeito polos sondeos nun mes xa perderon 2 pontos, que é moito e ainda non fixeron o peor.
Buca o movil para ver quen está detrás do crime. Quén se beneficia mais de esta desbandada? quén se beneficia mais neste intre de desprestixio? Non digo que movades directamente os fios, pero para esas sutilezas tedes outras armas, como vosos financiados por todos think tanks, por por só un exemplo.
Xa novos proxectos...de vellos truhans. Os partidos que mais poden poñer alternativas conxuntas contra este ataque das burguesías e mandados, aos dereitos mais básicos do pobo galego tanto culturais coma xerais, que gostenos ou non en Galiza é o Bloque, entra dentro de esa conspiración que non conspiranoia do españolismo e burguesias, que sempre van da man nos ataques ao pobo galego e seguer mantendo o seu status pese o desastroso da sua xestión, desastroso para o pobo que non para eles, e para o que se valen de quitacolumnistas conscentes ou nos, e seus medios de propaganda oficial; telelixo, Faro, La Voz etc. primeiro tentando un golpe de estado tipo dos coroneis dende dentro, logo de fracasar desunindo..
Pero é certo ! A política de RECORTES da Administración Galega vai converternos en escravos-a-tempo-parcial (quen sabe se chegaremos a ser escravos indifinidos?) http://gamela00.blogspot.com/2012/0... FOLGA XERAL 48 HORAS XA !!!
É abraiante o autismo que tedes os pepeiros, da capacidade que tedes de aillaros das vosas desfeitas e adicarvos a arreglar a casa do veciño. Coa cantidade de temas que podedes falar dos vosos gobernos agora que ocupades todalas poltroas e marcades todalas políticas, mesmamente a última que non derradeira ataque contra os traballadores, pero fuxides cara adiante, criticades ós demais e non facedes exame de concencia como se estuberades en misión divina, por eso debe ser que tedes todolos medios da conferencia episcopal apoiandovos.
Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín.
Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro
Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting