A Coruña nunca quixo ser unha máis. A nosa cidade sempre aspirou a escribir o seu futuro, aínda que fose a tiróns, consciente de que a vida, cando o é de verdade, vívese entre o acerto e os erros, entre o ceo e o purgatorio. Fai tres décadas a cidade rebelouse ante a súa propia historia, unha historia que lle negaba a oportunidade de situarse no corazón político e administrativo de Galicia, ese país que non se entendería sen a cidade do Faro. A rebelión converteuse en enerxía colectiva, en pensamento, en acción e A Coruña, unha vez máis, pensouse distinta, activa, vangardista, cívica, culta... cun destino propio.
Hoxe, superadas as frustracións autonómicas, a historia sorpréndenos inmersos na onda da crise pero sen saber nin onde imos nin por que.. Neste mundo global, nesta crise real, poucos riscos maiores que o renunciar a debuxar o propio destino. Querer ser só un máis é idéntico a non querer ser nada. Os meses transcorridos desde as eleccións municipais permitíronnos contemplar, con certo asombro, como o actual alcalde fixo unha renuncia explícita a propor un proxecto ambicioso, diferente e ambicioso, como a cidade merece. Fronte a iso atopamos un goberno local timorato nas súas decisións, parco nos seus obxectivos e torpe na xestión.Nas últimas semanas, case como un símbolo, asistimos a unha situación inédita nunha cidade como a nosa; o peche da Torre de Hércules, o do Teatro Colón e o esperpento do Ágora, que pasou de ser un centro cívico-cultural de referencia a un fermoso "continente" sen contido nin dirección.
De feito, o intempestivo peche da Torre de Hércules, monumento Patrimonio da Humanidade e orgulloso símbolo da nosa historia, é en si mesmo un triste resumo do goberno de Carlos Negreira: unha xestión que crea problemas onde non os había e disposto a borrar os éxitos do pasado. Unha política de xestos, oca en logros e máis preocupada do pasado que do futuro. A Torre está pechada polo capricho dun goberno incapaz de resolver unha cuestión menor, unha concesión; cos seus traballadores na rúa, ante o desprezo polo emprego dun goberno que acumula parados sen parpadear e pondo en perigo o mantemento do título da UNESCO, ante a indiferenza dun goberno insensible. A Torre está pechada e ninguén sabe ben nin por que nin ata cando. Nin sequera óense agora aquelas voces que airadas defendían a defensa do monumento, nin sequera as daqueles que acompañaron ao gran Manito no seu soño universal.
Cando un non sabe onde quere ir, nin ten un obxectivo definido, nin un proxecto no que cre o máis sinxelo é demoler o pasado... polo menos así se rebaixarán as expectativas cidadás sobre o presente. Cando un non ten ambición nin comprende a grandeza do lugar que ocupa, o fácil é que termine desprezando a súa tarefa. Negreira carece dun proxecto para esta cidade, así que elixiu o camiño do pelotón.. ser un máis, escuro, gris como os homes que roubaban o tempo e a ilusión a Momo. O gris que protexe aos que nada especial queren para os seus. Negreira non comprende a grandeza desta cidade e da tarefa que lle foi encomendada; quizais por iso sométenos á indiferenza ante o que fomos, ao desprezo polo que un día fíxonos sentir grandes, ao peor que pode vivir unha comunidade, o espolio emocional.
Mar Barcón
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Non tenho nada que engadir ao que dis. Que si Corunha é así é porque se lle denegou instalar o goberno da Xunta hai anos e cousas polo estilo. Xa choveu dende aquelas. Estou canso de provincianos. Abúrreme o tema. Por temas laboarais viaxei por moitos países e cidades diferentes; Berlín, Chicago, Boston, Nova Iork, París e cidades moito máis pequenas que as mencionadas. Dígoche a verdade: os sentimentos da minha esposa e mín, cando viamos a Galiza era de auténtica vergonza ao comprobar que a Corunha estaba inzada de pailáns que se crían o embligo do mundo. Corunha é bonita, pero dígoche a verdade, onde caralho pensades que vivides. Si é unha cidade de 250.000 habitantes. calquera cidade media de calquera país é moito máis grande e moito máis rica en cartos e en monumentos que A Corunha. De verdade, tédesme canso. Quérovos e quero a A Corunnha. Pero xa está ben de parvadas corunhesistas.
Por Andrés Teijido: E outra cousa. Unha amiga minha traballou nos almacéns de ZARA na túa preciosa cidade. Tinha un horario e un trabalho infernal. O soldo era raquítico. Tivo que facer unhas oposicións para poder sobreviver. Esa é A Corunha fantástica que dis; vangardista, cívica, culta, etc. Venha mulher, vivides da ignorancia. Menuda porquería de trabalho tinha en ZARA. Na capital da cultura. Eso que Amancio Ortega é da Corunha que si non tería que trabalhar con dereito a pernada. Anda que...
Por Andrés Teijido: ZARA é un imperio empresarial radicado na Corunha. Queren evitar que siga habendo tanta emigración. Son xente comprometida co país. Por eso os soldos e as facilidades fiscais dos seus empregados son a envexa, son só de Espanha, senón de Europa. Fixeron da Corunha unha cidade envexada por todos os galegos e foráneos. Gustache o conto? Pois sí, é un conto.
Precisamente A Coruña recolle hoxe os froitos do pailanismo localistai endogamico a que a abocaron os encantadores de serpes con sonos faraonicos de oportunistas mesianicos. Eses vendedores de fume que mentras despertaban os sentimentos mais pailans na poboación a despoxaban das suas señas de identidade: o seu idioma e cultura, a cibdade vella, o cinto industrial, a fabrica de tabacos, zoa de San Andres, O Parto e a sua actividade etc. Mentras a enchia de obras custosas e inutiles: o piruli, centros comerciais etc.
Precisamente A Coruña recolle hoxe os froitos do pailanismo localistai endogamico a que a abocaron os encantadores de serpes con sonos faraonicos de oportunistas mesianicos. Eses vendedores de fume que mentras despertaban os sentimentos mais pailans na poboación a despoxaban das suas señas de identidade: o seu idioma e cultura, a cibdade vella, o cinto industrial, a fabrica de tabacos, zoa de San Andres, O Parto e a sua actividade etc. Mentras a enchia de obras custosas e inutiles: o piruli, centros comerciais etc.
Unha vez máis, xa canso de repetilo, gustaríame pedirlle ao PSOE-PSdG un pouquiño de sentimento galeguista, ou nacionalista, si o prefiren. Ven sendo o mesmo, pero algún empéñanse en chamalo de forma diferente para xusfiticar un suposto galeguismo que non é galeguismo nin é nada, é máis ben centralismo ou liberalismo disfrazado. Si o PSdG fora galeguista, perdón, nacionalista, na defensa dun programa político auténtico e pensado para os galegos, o PP non gobernaría. Pero ese non é o caso, con persoeiros como PAco Vázquez, Caballero ou toda a tropa que pensa que nacionalismo galego é comunismo o PSOE só pode ser segundón. Cada vez que escoito a Paco Vázquez coas súas fobias ou o maniqueismo de Caballero, entendo que o PPespañolista teña o poder que ten. Dunha santa vez, poñan a Galicia por diante e esquezanse de Paco Vázquez e atláteres, que ven poderían ser de Murcia. Non paquen traidores a este pobo e cultura que tanto necesita apoios.
La Coruña é responsable de todos os seus males, temos o que merecemos. Gustoume sobre todo o respecto á toponimia oficial... sí, refírome a La Torre, que será o nome oficial supoño.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting