Para podermos comprendela, á marxe de caricaturas, prexuízos e manipulacións, perfectamente orquestradas polas direccións dalgúns medios de comunicación, ao servizo de intereses nas antípodas do nacionalismo galego, cómpre termos presente o contexto no que acaba por estourar: unha grave crise do sistema capitalista e dos aparatos institucionais e políticos que o amparan, a Unión Europea e o Estado Español, empeñados en procurar unha saída contraria ás maiorías sociais, reforzando o seu carácter antidemocrático, antinacional, represivo e imperialista, acorde coa globalización e coa conseguinte eliminación da capacidade dos pobos decidiren libremente o seu futuro. Pode parecer ilóxico que, xustamente cando a realidade é máis clara, se produzan discrepancias sobre a función e os obxectivos do nacionalismo galego. Porén esta aparente contradición resulta explicábel. A experiencia demostra que, en todas as circunstancias críticas, sempre se produce unha tensión entre a tendencia a acomodar o discurso e a práctica a un sistema que se considera invencíbel e a tendencia a clarificar e asumir o papel que dá razón de ser. Velaquí o quid do conflito que o nacionalismo galego está a vivir. Alén de ser inevitábel, esta tensión é perigosa por canto no primeiro caso pode conducir simplemente a unha homologación ou asimilación que prive o nacionalismo de función, e no segundo a un ideoloxismo ineficaz socialmente. A raíz da confrontación foi, pois, profundamente ideolóxica e política. Non hai máis que ler os relatorios que cada corrente elaborou para definir as posicións que pretendían, após o debate colectivo necesario, converteren no documento-guía da acción política durante os tres próximos anos. Natural e lexítimo.
Francisco Rodríguez
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Un votante que lembra:Non sei si acordades que foi Beiras quen alentou a unión con PNV e CIU no Gasleuscat, cousa extraña a lo menos para min, mesmo Quintana continuou na súa liña, menuda xuntanza,xa vedes como CIU trata có PP o intratable.Non lembro que ninguén cuestionara como se cuestiona hoxe a Asamblea "democrática según os medios" do BNG, a práctica política deses momentos coa "dereita" nacionalista e había motivos para elo. En todo caso, eu como votante á vista do que leo, a quen votarei nas próximas eleccións?,de seguro que opcións tan "volátiles" como as que se me queren presentar como "modernas" e fiables non. Creo que se deben centrar os esforzos contra quenes nos agreden e non están precisamente no BNG, ou así quero pensalo. Saúde e Terra.
..admirabel Amaiur co seu dinamismo político con que lograran maioria en Euskadi,... palabreria acomodada do UPG que nin recolle un voto do PSOE na sua maior catastrofe eleitoral da sua historia ... vese unha persoa que nin lle afecta a reforma laboral nin o mais minimo ao seu mundo... tocara cambiar de voto
ESTE É TAN COMUNISTA COMO BALTAR DE OURENSE...IGUAL QUE A ÉL LÉVO-LLE ESCOITANDO HAI MAIS DE TRINTA ANOS O MESMO DISCURSO RANCIO, ABOTARGADO E CARENTE DO MAIS MÍNIMO NIVEL INTELECTUAL....FRANCISQUITO, AO IGUAL QUE O TEU PAISANO E CAUDILLO, DURMES ÁS OVELLAS E CONTRIBUES A ATROFIAR OS CEREBROS DOS QUE TE ESCOITAN...QUE DIFERENCIA COA LUCIDEZ DO VELLO XOSÉ MANUEL, MEU DEUS...
154 Comentarios. Francisco Rodríguez leva dado moito trigo [organización contra un inimigo moi poderoso] nesta nación chamada Galiza, non nese país virtual de predicadores de ciber café que babean cós cantos das sereas
Por Homologado: Pacorro o que ten e recollido moito trigo, pero dar, como non fose ós da secta, leva dado moi pouco
Cantos anos, lustros, hai que a UPG non fai un congreso?. Pois machiño, xa vai sendo hora de facelo e poñerse ao día......Claro que ao mellor iso produce unha escisión na UPG. Vai ti saber.
Por SantiBurrínguez: Perdoa, Merlin, pero vou a correxir o teu galego, que non estás na onda, chaval. Hai que decir "vai ti A saber", que non conoces o galego modelno y así non se vai a ningunha parte. Todavía manteño o recordo (non a "lembranza") de cando eu era un ilustre profesor de galego en un colexio, y todos estos temas os domino perfectamente.
Por vaitesvaites: Como ousas ti, oh, criticar a lingua daqueles que pensan que o desleixo tabernario lle dá un aquel de modernidade chic á lingua. Esas marabillosas construcións de ter + participio colocadas con ignorancia que acaban sendo tempos compostos do castelán. Non non non, iso non se critica, que despois ata podes ser incluso máis malo que alguén que pense por si mesmo.
"A crítica, dentro dos limites dos principios do programa do partido, debe ser absolutamente libre (recordemos, por exemplo, o discurso de Plejánov ao respecto no segundo Congreso do POSDR)e, ademais, non só nas reunións do partido, senon tamén nos mítines públicos. Esta crítica ou "axitación" (xa que non se pode separar a crítica da axitación) non pode estar prohibida." (LENINE)
Por comento: muito bon. deduz que o que le a maioría dese OPUS é o Berra a Tempo, non van perder o tempo nalgo que xa lles interpretará o cura de ocasión de cada comarca. "Comité central: ordene!!"
"A actitude dun partido político á respeito dos seus proprios erros é un dos métodos mais importantes e seguros para xulgar como de riguroso é o partido e como desempeña, na práctica, as súas obrigas cara a súa clase e cara os traballadores. Recoñecer con franqueza un erro, averiguar as razóns dese erro e discutir longamente como rectificalo; eses deben ser os obxectivos dun partido riguroso". "O partido combatente da clase avanzada non debe temer os erros. O que debería temer é a persistencia nun erro, o negarse a recoñecelo e correxilo debido a un falso sentido de vergoña" (LENINE)
Por celine: Os matados son os cabeza de turco e os dirixentes no cuarto da saude, isto debe de ser falso sentido da vergoña pero non, non e tal, e abuso e manipulacion continuados. Pero non vale con non correxir a calquera precio o erro e que ademais se lle bota a culpa a falta de madurez da militancia e non so iso, do povo tamén. Si, todo o contrario do párrafo de enriba.
Hai Paquiño por Deus, cambia de camelo meu, que che serven un material en mal estado, pero tio, é que dis unhas cousas que parece que os demais somos parvos. Como sigas así vas quedar mais só que la una, iso puro, puro, puro. Virxe e mártir.
Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro do Consello Nacional do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting