A reforma de Mariano R., inspirada –inda que el non o saiba– nos postulados de David Ricardo (1772-1823), representa un chanzo máis desta contrarrevolución na que están empeñadas as forzas ultraliberais que rexen os destinos económicos do continente. Unha contrarrevolución que pretende derrogar os beneficios da clase traballadora e devolver o mando absoluto á elite empresarial.
Marcelino Fdez. Mallo
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Esta moi ben o artigo. Pero penso que hay que empezar por chamar a cada cosa por o seu nome. Un autonomo, para os neoliberais é un empresario, e o unico que é, é un auto-empregado como din mais abaixo. O problema de todo esto é que os ultraliberais ten gañada a guerra linguistica. Empregan un linguaxe moi doado de entender, para xente. Ademais basta que digan a moitos auto-empregados que en moitos casos ten un axudante, para querer no seu ego persoal figurar como empresarios. Fora dos ultra-liberais, empregan un linguaxe que só entenden as elites, se perden en explicacions. Non son capaces de empregar un linguaxe doado para que chegue a gran público, e ver as consecuencias de esta crese.
Creo que levas razón neste caso. E suponho que haberá moitos máis similares. Nos xuizos, cando hai un divorcio, solvéntase aplicando as leis e sabendo os condicionamentos económicos de cada ún (cando menos en teoría) pero aplicar as leis de forma xeral na que un trabalhador non tenha dereitos xa de antemán, creo que é inxusto. Os autónomos non son empresarios (son autoempregados) como o caso que dis. Entón habería que distinguir entre pequenas empresas, grandes empresas e autónomos, etc. Creo que non se pode aplicar unha lei sen ter en conta estas enormes diferenzas. Son pensamentos dende a humildade xa que non son economista e menos dogmático xa que o mundo agora é como é e hai que tirar para adiante. Cómese todos os días e eu tenho que trabanhar arreo para saír deste pozo. Así como os do relato.
Ricardo falaba da economía real, hoxe é mais economía financieira especulativa que real, en parte por vivir a créto consumista, en parte polo esgotamento de recursos. Ricardo definia os beneficios como resultado da resta das vendas o custe da producción, entendendo salarios como custe de producción, mais investimentos nos medios de producción. Pero para entender eso hai que coñecer as leis que determinan os salarios e as leis que determinan os precios das vendas dos productos.
Antes de mais, peço desculpas por empregar a ortografia internacional do galego em troques da oficial castelhana. É que esta foi a única que me aprendi a mim próprio. Ao conto, David Ricardo. Diz-que alguém lhe perguntou a Karl Marx no sei leito de morte se ele se considerava marxista. Ele respondeu: "Não, em tudo caso serei marxiano ou neo-ricardiano".
Por Antón: Hai que ter un pouco de entendedeiras, Marx non se declaraba marxista porque rexeitaba o culto a persoalidade, o materiolismo centifico ou dialectica rexeita os dogmas e a extrapolación da realidade, baseasandose na confrontación entre contrarios como definia Engels a realidade fora do seu contexto convirtese na sua antitese. Por outra banda pouco ten que ver a escola neo-ricardiana con Ricardo, xa que quén a fundou foi Piero Sraffa un marxista radical, de feito a escola neo-recardiana é profundamente anti individualista.
Por Antón: En realidade Marx tiña moito de influencia Ricardiana xa que Ricardo pontificou que o valor dunha mercaduria viña pola cantidade de traballo que conlevará a sua fabricación, engadindolle ademais o investido en investigación e medios de producción anteriores (capital constante e variable). Marx superou na sua definición de traballo alienado que o traballador non vende o seu traballo, necesario para producir o que traballa, senon sua forza de traballo, ou sexa a sua capacidade de traballo, o que nos leva a escravitude actual onde non se traballa para vivir senon se vive para traballar. Despois hai moita mais complexidade como o exercito de traballadores na sombra ou paados que producen plusvalias.
Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting