Héctor Tejón
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
As organizacións políticas, van esmorecendo pouco a pouco, e se axuntan máis co PODER estabelecido, cando deberían facer crítica sincera e equilibrada do que está acontecendo. A unha parte da cidadanía non lle interesa a política, nen quere afondar nela, mais si entende da honestidade e da limpeza desta, por iso, a importancia que ten o comportamento e o bo exemplo dos que están ao frente dos cargos políticos. Os representantes dos partidos, deberan ter TIRÓN auténtico, pois a nosa sociedade non é parva, e valora moi positivamente a testemuña destes na súa vida e no seu bo facer. O sentido ético é o máis importante para atraer a cidadanía.
Por mansdodemo: É o meu pensamento.
E agora que algúns antibloque de Reganoxo son de EI e xa repetiron o golpe que xa deran có PCLN cando a Asemblea de Carballiño. Remataran agora do mesmo xeito, divididos (reintegracionistas/isolaconistas con odios de lustros). O único nexo é o BNG.
Os bEIras boy´s non representan nada, tan só un oportunismo político co epicentro nun egolatra para autosatisfación de pequenos burgueses desencantados porque o seu futuro está tan negro como o do resto da clase traballadora, clase traballadora que ate agora importoulles ben pouco a sua sorte. Unha amalgama pastiche postmodernista que abrangue posicións non só contradictorias senon incluso cos seus intereses confrontados que ten que estoupar tarde o temprano. É outra ferramenta sistémca mais para que a xente se entreteña e confie neste demencial sistema, que o que lle interesa e que non tires a baralla e segas a xogar nesta partida de cartas marcadas. Compre voltar a leer a Michel Chossudovsky e o seu Fabricando a Disidencia.
Por Bakunin: O de volver a ler a Michel Chossudovsky está moi ben pero, algo haberá que facer,digo eu, non?. Beiras polo menos fai unha proposta para CONSTRUIR algo novo, peri ti polo que se ve só ciriticas, como bo burgués que es. SAÚDE!!
Por Un vello galeguista: Artus, ti de quen veis sendo? Un capitalista que teme a organización das clases populares e dos colectivos da mocidade que veñen pegando forte? Ou eres un tipo especial que a todo lle pon pega con tal de tocalo carallo? Aclaranos dunha vez cal é a túa proposta para Galicia porque os que aquí escribimos témola, sabes? Esperamos.
Por Héctor: Estimados compañeiros, en primeiro lugar darvos as gracias polo tempo cedido pra lectura do artigo. A Artus, comprendo o que comentas e que esa poida ser a sensibilidade. Considero igualmente que a parte non explica ó todo. Coincido en que a clase traballadora non importou moito en tempos de proclamas ideoloxicas e de base teórica arcaica, por iso a demanda dun partido-fronte novo, enraizado nas prácticas sociais da cidadanía, alonxado dos "desmanes" da erótica do poder, cunha base ética forte, apegado a movementos e movilizacións, faise necesario. os persoeiros, so son iso, testemuñas privilexiadas dun tempo pasado que se reflicte no presente. Demoslle tempo ao tempo ¿non cres?.
Por Artus: Vamos ter os pes na terra, non imos facer ningunha alternativa que xire ao redor dun home canso que ten 76 anos e que ninca salientou pola sua capacidade de traballo, alternativa inviable que cando él falle que será ben cedo irase ao garete. Alternativa inviable xa non só por levar orgaizacións anticapitalistas coas defensoras do capitalismo, senon porque as suas 2 bases teóricas as socialdemócratas e as atermundistas son totalmente contrapostas, xa que mentaras os primeiros propoñen para sair da crise políticas desenrolistas de consumo e abrir e pechar zanxas os outros propoñen un mundo con consumos racionais, onde en un mundo onde esgotanse os recursos compren políticas de decrecemento e reparto mais xusto. Poderiamos aquí estar dialogando até as badaladas de fin de ano, de como as políticas neoliberais son regulacións de vivir moitos anos consumindo a créto i explotando a outros pobos.
Por anonimo: Artus : Os bEiras boy´s como te lle chamas, representarán o que a sociedade queira, e non o que ti queiras. (por moi lexitimado que te creas para "pontificar") Está ben que nos recomendes leituras, mas hai que ler a túa recomendación, e moitas cousas mais. A leitura variada sempre foi LIBERDADE. Saúde e Terra.
Por Artus: Hai moito tempo que sigo os movementos sociais e políticas altermundistas, basta con ver os documentos do Foro de Porto Alegre, son movementos de concenciación necesarios en todolos proxectos políticos, son movementos de concenciación onde nos alertan sobre un mundo onde se esagptan os recursos, de crise ecolóxica de cambeo climatico e de consumo responsable que non son alternativa son necesidade. Mais son políticas que deben ir en todolos proxectos políticos, pero non teñen capacidade de artellar proxectos políticos ao seu arredor, faltalles praxe política, propoñen o reparto xusto e consumo responsable superando o capitalismo, nada mais que non é pouco. Aquí estase a vender crecepelo e a xogar coa necesidade do pobo por escuros intereses egoistas. Pero si fai que oniricamente a xente se crea mais feliz pola táctica da avestruz, adiante.
Por Artus: anonimo, eu leo de todo, menos do que debera, pero dende filosofia ate economía, non pretendo decirlle a ninguén o que ten que facer, só tento a dialéctica como metodo de comprensión da realidade, a ninguen tampouco debe darlle medo que se debata as suas posturas ou polo menos non debe de ser, só é unha ferramenta mais de perfección. Eu leo dende economistas marxistas a capitalistas clasicos coma Smith ou Ricardo, dende keynesianos ou neokeynesianos ate liberais da escola de Austriaca ou neo liberais da escola de Chicago, dende a miña perpectiva de anticapitalismo porque o capitalismo´está superado e por sua dinamica expansiva inviable tento vencelo coñecendóo.
Por Colebra: Non sigas por Deus vai parando home, pois como te cultives tanto inda has botar xermolos..!
Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting