A esquerda soberanista e independentista

A decisión do Encontro Irmandiño de abandonar a militancia no BNG dá paso a un novo ciclo político no País e no nacionalismo galego. Agora, con ilusións renovadas, precisamos dar saltos cualitativos que situen a soberanía política e económica no cerne do proxecto da nación e da clase traballadora.

Por Aurélio Lopes | Compostela | 22/02/2012

  • versión para imprimir
Son días de debate e controversias no conxunto do nacionalismo galego, de esquerda á dereita e do independentismo ao autonomismo. A decisión adoptada polo Encontro Irmandiño veu abrir en canal o conxunto das tensións políticas e sociais que se viñan producindo no movemento nacionalista. Por unha banda as acumuladas durante o governo PSOE-BNG, e por outra as derivadas da resituación política posterior ao ascenso de Núñez Feijoó ao poder. 
 
Durante o governo bipartito, a entente UPG-Quintanismo, acumulou muitas das tensións que agora estoupan. Non tanto pola estratexia, xestión do marco autonómico, que viña sendo a aposta do BNG desde muito antes, senón polas consecuencias que se derivan de xestionar, na praxe, unha autonomia co PSOE. En diferentes momentos do governo confrontou  co sindicalismo obreiro, labrego, con organizacións de defensa da terra, con organizacións independentistas que sufrían represión… Isto provocou por unha banda o artellamento e fortalecimento de espazos de construcción nacional e mobilización á marxe do BNG e por outra banda, os primeiros choques no seu seo, con escisión na UPG, que deu lugar ao Movemento pola Base e o abandono da “casa común” por parte desta corrente. 
 
A perda do governo da Xunta non veu poñer fin ás tensións acumuladas. A UPG interiorizou os “excesos” quintanistas e facendo táboa rasa da sua responsabilidade compartida, veu buscando resituarse na mobilización social e na recuperación de parte da credibilidade perdida entre os sectores da esquerda nacionalista máis consciente. Esta vontade de resituarse no plano interno do nacionalismo galego coincide cunha conxuntura de fortalecimento do independentismo basco e catalán, a crise capitalista e a degradación das institucións españolas (coroa, clase política, corrupción…). 
 
É neste punto onde arrancan os últimos acontecimentos aos que estamos a asistir. Para resituarse, a UPG precisou exercer o seu poder e a súa capacidade como partido ben organizado e disciplinado. No plano subxectivo, importante nos procesos sociais, provocou reaccións á defensiva de quen se sinte maltratado. Para diferentes sectores do BNG, isto converteuse en argumentación política. Mais para o asentamento dun novo proxecto político isto revélase intrascendente.
 
O definitivo agora vai ser a formulación do proxecto político-ideolóxico á marxe do BNG. Dentro desta resituación, os sectores articulados por volta de +GZ ollan como a perspectiva trazada polo “quintanismo” se esvaece. Algúns xa se sitúan fora e outros aínda reflexionan. O resultado final está por ver.
Cousa distinta é os sectores progresivos á esquerda soberanista. Este é un proceso que xa se viña decantando en base aos procesos dos que antes falabamos. O escenario aberto agora ten que servir para avanzar na articulación deste espazo socio-político.
 
O necesario salto cualitativo
 
Cremos pois, que o único espazo socio-político posíbel, para materializar o cambio de ciclo dentro do proxecto do nacionalismo galego, é o da esquerda soberanista e independentista. No plano subxetivo existe descoñecemento entre sectores, desconfianzas e medos. Provavelmente tamén teremos que repensar métodos organizativos e intelixencia nas alianzas. Mais no fundamental, os piares xa estaban postos: a construcción nacional, a superación do marco xurídico-político, a defensa do monolingüismo social, o sindicalismo nacionalista e de clase, a solidariedade cos que sofren represión...
 
Mentes abertas, disposición ao diálogo, firmeza nos princípios e claridade nas formulacións políticas. Por iso Causa Galiza tende a mán a todos os sectores do nacionalismo que sinten a necesidade de materializar o cambio de ciclo cunha nova formulación política e organizativa do nacionalismo galego. O próximo día 18 de Marzo convocamos unha Asemblea Nacional aberta a todos os independentitas e soberanistas para lograr que a crise do nacionalismo e o cambio de ciclo se traduzan nun salto cualitativo para dar a batalla en todos os terrenos: a Esquerda Soberanista e Independentista. 

Aurélio Lopes




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

149 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 50

    Antom Resentido

    Eu alucino com grao de ressentimento que há na Galiza. Como nom vos miredes a forma de superar a frustraçom e o ressentimento, ides ficar fodidos de por vida. Bem por sumar sem renunciar, bem por trabalhar e nom ladrar.


    49

    siohsi

    Se de verdade queren facer unha alternativa nacionalista en Galicia na que poda acreditar a maioría social, alén dos catro gatos radicalizados que non suman nin 10.000 persoas entre case 3 millóns, mellor será evitar ir da mán destas sectas alucinadas estilo NOS-UP ou FPG, ou mesmo estes de Causa Galiza. Se a solución para remdiar o descenso do BNG está en xuntarxe coa marxinalidade política máis hooligan e inoperante, mellor que non perdan folgos, que o tempo é ouro.

    1 resposta
    1

    Por EtT: por que nom das ese debate de forma aberta onde estas.Nom estaras no sitio equivocado?


    48

    Bra

    Pois entre as cousas que débense plantexar a esquerda independentista é mirarse tamén ao espello e liberarse de xente como Oscar Camanhaque (e por extensión Ceivar) e outras Asociacións que só están para sair na foto ou no video e logo traizoan á xente da forma máis cobarde posible (¿sabedes a canta xente traizou Ceivar fronte as sancións administrativas?). O BNG é un proxecto carente de sentido e fracasado pola mesma razón que o movemento iniciado polo independentismo, pola xente que forma parte do movemento. Simplemente iso.

    2 respostas
    1

    Por EtT: Umha cousa é estar resentido justificadamente com quem che fijo mal e outra mui distinta é estar num sitio no que nom se quere estar.

    2

    Por Bra: Claro que son cousas diferentes máis iso non significa que ambas xuntas (a diferencia non é motivo de exclusión) poidan motivar determinados sucesos, coma por exemplo centros sociais baleiros (¿sóache?). Antes de dar consellos hai que mirarse o ombliguiño. Outra oportunidade perdida, coma tantas outras.


    47

    A tua conciencia

    Tu tambem vendes ese discurso cos teus amigos na taberna,vas ás concentraçons de solidaridade com os presos,escreves textos solidarizando-te com eles:A ver ouh;contae a mim e aos lectores:Que mal che fijo Aurelio!!!.Alem do político,QUE É O QUE ESCONDE,por que esta atitude cara a sua pessoa?.A ver oh contame que seguro que che entendo,até melhor que quando imitas a um dereitista e escreves em Espanhol e vendes os mismos argumentos que agora cara as pessoas mais dereitosas do nacionalismo:Contame ouh

    1 resposta
    1

    Por Mili: Esto vai para o comentario 47(e para alguns mais...)penso.


    46

    Kike

    Aurelia Lopez e unha persoa vinculada o mundo do radicalismo separatista violento . Agresions a cidadans , policias , destrozos de mobiliario urbano , apoio a terroristas , xustificacion dos actos de estos , e un largo etc de delitos e barbaridades varias . Non ten nin cultura politica , nin ideoloxia nin nada . So e un mozo radical que se pasa o dia soñando con convertir Galicia nunha republica bananera estalinista e de pensamento unico . Loxicamente Galicia e o resto de España e un pais moderno , europeo , e no que a xente non se fixa en delincuentes ao estilo do noso amigo Aurelio . O nacionalismo galego non caera na trampa destos radicais se quere sobrevivir .

    4 respostas
    1

    Por Manuel P.: ¡Que orixinal o de Aurelia López! ¿Ao ser muller fai máis gracia? Como sodes os españolistos tan machistas e retrasados (no plano temporal claro, pois non mereces os meus insultos).

    2

    Por Mili: A pessoa que escreve esto nom é um espanholista,é umha pessoa que conhece a Aurelio,que tratou e odia tanto a Aurelio que so busca desprestisia-lo,aqui e noutros comentarios onde se desdobla em multiples persoagens(espanholista,galeguista dereitoso...)é nojento....

    3

    Por León Gallego: Déjalo Kike, no te mates. Ya sabes, donde no hay no se puede sacar y los que justifican a este delincuente son todavía peores que él. Los palmeros de Aurelio, encienden el furor hormonal de este chavalote y luego pasa lo que pasa.

    4

    Por Phalacrocorax: -porra-xuiz-inimigo-malo-malo-


    45

    Aneiros

    Por fin nos damos conta de que só hai unha lingua galega, a nacional. Parabéns.


    44

    Non ás manipulacións

    Os independentistas e antisistémicos non podemos participar nin no BNG, nin no Bloque Bis de Beiras, porque son organizacións moi sistémicas. Non nos podemos deixar manipular por catro señores que están en Causa Galiza e nos queren levar ao Bloque bis de Beiras. Nin a colaborar co oportunismo deste señor. Se os independentistas somos serios temos que crear unha organización unitaria propia, antisistémica, soberanista e de esquerda verdadeira. Na liña de Amaiur. Hai que esquecerse do BNG, de IU e tamén de Beiras. E colaborar con organizacións políticas antisistémicas como Esquerda Anticapitalista e Corrente Vermella. Que non nos enganen, que xa fartan e non nos tomen por parvos. O povo galego necesita unha organización que loite pola liberación nacional e o socialismo. E máis nunha época de capitalismo salvaxe como esta.

    5 respostas
    1

    Por Manipulador: Iso é falar...Manterse puros e incontaminados...Onanismo puro, meu...

    2

    Por Pesco: Amaiur nom é antisistemico;nim Eusko Alkartasuna(socialdemócrata evoluida de umha excisión,e que evoluiu dum nacionalismo pneuvista radicalizado a um independentismo daquela maneira...)Aralar fratura da esquerda Abertzale que chegou por posivilismo a pactar e convivir co Rubalcabismo;Alternatiba excisión vasquista de I.U esta si que junto a Esquerda Abertzale em boa parte as podemos considerar "motores"anti-sistema mas compre lembrar que Alternatiba ainda que evolue cara ali a pasos agigantados nom é claramente independentista senon autodeterminista.Meu na política non é bon ser oportunista nen dar bandazos mas si ter cintura e ser pratico...

    3

    Por Non danen o independentismo: Nin Beiras é soberanista nin é antisistémico. É só un señor oportunista que quere ser candidato a presidente da Xunta e no BNG non o querían pór. Hai que diferenciar o radicalismo e demagoxia dos seus discursos coa súa moderación política real nunca maior dunha socialdemocracia psoista con berniz galeguista. "Foz" e outros autoproclamados independentistas estanlle facendo o xogo a ese socialdemócrata oportunista e moito dano ao independentismo galego. Aurélio Lópes quere ignorar que membros do EI como López Rico e Tello foron os máis pactistas co neoliberal PSOE, vendéndose a el na cidade da Coruña.

    4

    Por Mili: Remito ao autor do 3- comentario ao 2-Comentario a ver si se fai política....igual ao que jogamos é a criar dúbidas conscientemente....

    5

    Por RCG: Na liña de Amaiur!! xD Como chiste é moi bo. Eusko Alkartasuna, Alternatiba e Aralar, os partidos integrantes de Amaiur non son moi diferentes do EI ou Máis Galiza. Este último é bastante similar a EA, que foi unha escsión do PNV cara a esquerda moderada e, aínda que independentista, sempre condenou a violencia de ETA e a kale borroka. Que en Amaiur fixeran un pacto de coalición electoral con indepententes que veñen dos restos da esquerda abertzale no cambia nada a cousa. Documentádevos antes de facervos películas políticas de radicalidade á galega comparándoa con Amaiur, andade.


    43

    Breoghain

    Não sei o que se passará na "reformulação" das forças políticas nacionais na Galiza mas me temo que afinal tudo ficará igual. Muita sigla. Muita pouca qualidade pessoal e militante. Muita miséria. Muito pessoalismo. Muitos matices esquerdeiros para "justificar" o nascimento de tropezentas "organizações" de "esquerda" e afinal de tudo muito pouco nacionalismo, muito pouco patriotismo, muito pouco comunismo na prática. Espero estar errada. Quiçais sou vítima do pesimismo extremo. Na pior ofensiva da oligarquia espanhola contra o nosso povo andamos a dar-lhes facilidades. Fatal.


    42

    André Teijido

    Pido perdón por tomala con León Gallego. Non sabía que era tan inculto. Prego perdoedes ca tomara con el. E a "comento" que está moi ben o que dis. Grazas


    41

    Antifascista

    Este elemento de León Gallego non é dos que xustifican o asasinato de miles de antifascistas e desexaría eliminar o nacionalismo galego? Como pode ser que poida facer comentarios aquí? Aplastemos o fascismo

    3 respostas
    1

    Por León Gallego: Más allá de mis deseos y visto lo que sucede en el BNJÉ,JÉ,JÉ, creo que el nazionalismo se elimina solo. Es la consecuencia lógica de la desintegración de los grupos en los que la dictadura nazional-comunista (UPG) tiene el control del poder.

    2

    Por Kike: O separatismo galego e un movemento anomalo nun pais democratico como España . Leon Gallego ten razon en gran parte no que di !

    3

    Por Mili: Sodes a mesma pessoa;nom?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • Aurélio Lopes Ramom

    Aurélio Lopes Ramom (Vigo, 1987). É militante independentista e membro da Portavocía Nacional de Causa Galiza.