Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Nin se repite o 76, nin o 82. Que manía de falar sempre do pasado cando os tempos son outros e ben diferentes
Empeza a haber certo cansanzo en boa parte da militancia de +G polo intento de voladura do proxecto que se fai por xente como Chorén e EN. Quen non queira ser do BNg pode marchar cando lle pete, pero que deixe ós demais traballar arreo por este País, dende o BNg e dende +G.
Por antonto: ahi no bng traballase?
Canta gana de insultar, canta xenreira. Que pouca analise, que miseria de comentarios. Diga o que diga o que escribe a maioría dos comentadores importalle moi pouco o contido. Sexa o Sr. Veiga ou "perico dos palotes" neste blog hai un grupo que esperan a ver o nome do autor para "ir ao deguello". Lamentable pero que lle imos facer cada quen "exconxurase" como sabe. Un saúdo
Por casanova: Outr@s fanlle a pelota. Ser pelota pode ser igual ou máis miserable... Por certo foi Suso asesor ben pagado de Quintana nun goberno que, polos feitos, mesmo podía ser da dereita? E noutros tempos era o máximo dirixente do Movemento Comunista? Arguméntame a liña de progreso seguida, a evolución ou cambio de chaqueta experimentado? Vas vendo as razóns, cun BNG fracturado e alonxado da Xunta, polas que chora polo poder perdido? Deixade de choromicar: o PP e o PSOE teñen sitio para acollervos, e polas tragadeiras que tedes non será problema.
Por As arboreseobosque: Nada que decir contra tan poderosos argumentos. Estás cheo de todo incluso de "tanta razón" que ata das medo. Unha aperta
Por antonto: sempre igual, os inmorais e os morais, pero lédesvos entre vós.
Por As arboreseobosque: “as grandes mentes discuten as ideas; as mediocres, os eventos; as cativas, as persoas”
Por chuchameles: Hai árbores do bosque que mudan de casca para aclimatarse, mesmo viran as polas na procura do sol que máis quenta.
Penso que Suso non merece algúns dos comentarios deixados aquí. Eu non concordo coa súa opción e co seu artigo pero tampouco cun linchamento que non se faría se simplemente escribira o contrario do que fixo. As contradiccións de +G precisan tempo e quen temos claro o camiño debemos construír e se traballamos ben iremos tendo incorporacións de compañeiros/as que hoxe dubidan. Non podemos crear unha nova opción coa mentalidade cainita do BNG. Non pagaría a pena.
O de INzar é estar...onde sexa pero estar! Pero non haberá munsitio un pouco máis digno para acabar unha carreira política?
Por nuno: Os Castrillo, os amigos e familia Vega por Monforte... que o poder presta e a barriga aumenta! A dignidade xa non importa cando te fas maior e a conta do banco aumenta, mentres os escrúpulos disminúen... Ser asesor envicia ;)
Téñote en alta estima, máis dende o 1982 até o 2012 pasaron 30 anos Suso. Unha mágoaque non sexas capaz de velo, máis entendo que a túa visión se vexa condicionada polo pasado. Malia que non sigamos militando no mesmo partido a partires do 11 de marzo, eu non farei contigo o que están a facer a sectaria dirección do BNG con Martiño Noriega. Ti sabes que non es así, polo que aínda teño a espranza de que reflexiones.
Canta razón e que pouca audiencia tiveches, Suso. Sufrimos o síndrome de Casandra. Vémo-lo futuro pero ninguén nos fai caso. O tempo dirá que ti, Aymerich, e Camilo, tiñades a razón, e que Beiras e Paco Rodríguez destruíron o nacionalismo galego, como Alejandro Rojas Marcos e Pedro Pacheco fixeron co nacionalismo andaluz (hoxe o PA non ten deputados en Andalucía, nin concelleiros en ningunha cidade andaluza, cando en tempos tivo a alcaldía de Sevilla, varios deputados en Madrid, e ata un eurodeputado sen ter que ir en coalición con ninguén).
Por Roi Xordo II: O noso problema é dobre: 1º) Paco Rodríguez trábucase cando pensa que apretando moito o puño pode abranguer máis Terra que con dúas mans abertas. 2º) E Beiras erra cando pensa que para limpar a casa nada mellor que queimala cun lume purificador. ¿E agora qué? ¿Qué debemos facer os que tendo sentidiño non quixemos caer nin en histerismos colectivos nin en absurdos inmobilismos? Que mágoa. Cando era pequeno, visto o triste panorama do nacionalismo galego, soñaba con poder votar ó PNV, como cando Vázquez Montalbán pedía poder votar nas presidenciais dos EEUU, visto que non podía votar na España de Franco. Tocan tempos de autoexilio, e deixalos que se maten mutuamente, non outra cousa merecen.
Por anton: e a solución e facer seguidismo de pacorro, non si?
Por Roi Xordo: Non Antón, a solución é facer seguidismo da arroutada do día de Beiras. Se toca elixir a Quintana, pois apluadimos. Se despois toca defenestrar a Quintana, pois aplaudimos tamén, sen preguntar pla contradicción entre o primeiro e o segundo aplauso. Se toca presentarse para dirixir o BNG, pois aplaudimos e votámolo (eu fíxeno), e se ós 15 días decide que hai que marchar pois apludamos tamén, pero eu non. Liderazgos históricos si, liderazgos histéricos non.
Por Fusquenlla: Hoxe Camilo, neste mesmo xornal, fixome reflexionar sobre o pobre pais que temos. Xa comentaba alguen que un home como el, a estas alturas, loitando pola unidade do nacionalismo galego, cando nunha nación normal sería un home coñecido e recoñecido. Eu (que votei a Guillerme) vexo indispensable un bloque con xente seria, nacionalista e de esquerdas. non sobra ninguen con estas caracteristicas e por suposto teñen que ter espazo no que se sintan cómodos para traballar
Por canso: Non vexo eu tanto trauma por unha ruptura. Cada un coas suas ideas e co seu talante. Si hai xente capaz de aguantar aí dentro, pois adiante. Algúns despois de ver o que se dixo e di no Terra e Tempo, pois non temos porque aceptar esas visións, por moi maioritarias que sexan. As minorias , ou de un en un,tamén teñen o dereito de marcharse para outra cousa ou para a súa casa; e non ter que defender posicionamentos cos que non concorda . Algúns non somos tan fortes para aguantar e ver determinados comportamentos. Tamén é verdade que desde as cúpulas as cousas vense doutro xeito. Eu como algúns outros xa non podemos defender certas cousas,ás que non lle vou por nomes,que fan os dirixentes por arriba e que son moi difíciles de xustificar por abaixo. Defenderei a miña Terra desde outros lugares. Un pouco de tolerancia si que fai falta. Hai demasiada tolerancia cos demais e pouca cos da casa.
Isso pode ser verdade, mas a sociedade galega não é a de 1977. Analizar isto imaginando que temos a mesma sociedade faz a análise errada. Temos à CIG, às associações culturais espalhadas por todo o País, nunca houve tantos nacionalistas galegos coma hoje. O sentimento galeguista é o mais alto que nunca houver (o PG da II República Espanhola era minoritário na implementação social). Assim que não é igual, caro Suso, não. Isto é a Galiza do 2012. Não do 1977. Nem a do 1933
É unha mágoa non ter un espello para ver que as propias análises son aplicábeis a un mesmo moitas veces. Non é posíbel integrar a quen xa está integrado, é un contrasentido pedir compartir o poder cando xa se comparte, é un contrasentido ser crítico e estar na Executiva, non se pode ir de disidente e votar a favor de todo, é unha trola dicir que hai control de non sei quen cando quen o di controlan tal número de cargos públicos e mesmo controlaron maiorías até hai nada. Se me apuras, é un insulto pretender que coa que está caendo o principal problema da humanidade é que non me deixan mandar a min soíño. É... cansino xa.
E que se rompe o BNG está difícil repetir como asesor amamantado do poder, verdade Susiño? Tranformar a sociedade era outra cousa, pero escollestes a farsa para alimentar a barriguiña. A vosa revolución xa pasou, o voso tempo tamén, aprendemos que non merecedes outra oportunidade pois xa pouco país queda por vender. Se queres recuncar de asesor vaite para o PP ou PSOE, total sodes o mesmo (ou pior, pois aparentabas outra cousa).
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting