“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

206 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 49

    M. Castro

    Noraboa!!Tanto pola entrevista como polos comentarios posteriores. Que foi de Javier Fernández...?


    48

    Montgomery Burns

    Me encantan los discursos edulcorados con cifras del "locus amoenus" cubano, dejando bien claro que el paraíso socialista existe. Luego está la otra clase de discurso, el que se queja de la forma y la subjetividad del entrevistador, y para más inri escrito en un esbozo linguístico gallego portugués. Posicionarse es importante, y desde luego que el debate es constructivo, pero cuando se reúnen gallinas para hablar de maíces esto se convierte en un imposible(como el comunismo cubano)

    1 resposta
    1

    Por protepnik: Ti es un fascista reprimido coma raxoi, fraga e todo o pp, a nosa lingua e solo nosa e se queremos pornos na contra da opressiom podemos facelo sin que os fascistas digades nada. Ogalla estivera en cuba, nun pais verdadeiramente livre


    47

    LEITORA

    Benquerido autor, ao igual que a entrevista como xénero xornalístico, a lingua non é ríxida e como construto social que é, poderiamos falar longo e tendido sobre a normativa galega que se considerou oficial en 1981 e as condicións nas que chegou a selo; mais non creo que sexa este o espazo para facelo. Respecto (agardo sexa do teu agrado esta forma nun (con)texto informal coma este) ás grallas ortográficas, non sei como vas mellorar o uso da túa lingua se non se che di que as cometes, de xeito que non entendo a túa indignación perante o meu comentario

    6 respostas
    1

    Por LEITORA: Non obstante, a min si que me ofende, e moito, a túa alusión ao mesmo, insinuado que na miña opinión se vertían posturas supremacistas e de pureza. Non son moito de dar consellos, considéroos moi paternalistas, mais un/ha bo/a comunicador/a debe medir ben as súas verbas. Eres neofalante, parabéns! Ogallá tiveramos máis coma ti no país, porén agardo que uses acotío e en calquera ámbito a lingua de teu. No tocante á entrevista, non mudarei nin unha soa vírgula do que dixen

    2

    Por LEITORA: Sigo pensando que as preguntas se amosan, tanto para @ entrevistad@ como para @s lectoras (agardo tamén sexa do teu agrado esta forma) , sesgadas, condicionando tanto a resposta coma a interpretación da nova. É a miña opinión e igualmente respectábel que a deturpada visión do réxime cubano que dá a noticia.

    3

    Por LEITORA: Hai algo básico no xornalismo de rigor que é contrastar a información, por moita loita a prol dos DH que se supoña ter. Nin unha soa mención á opinión do consulado –do que tanto se fala- nin tan sequera da realidade económica que condiciona –como xa se dixo noutros comentarios- o sistema cubano. Lembreime moito ao ler este artigo da Comisión de asistencia para unha Cuba Libre creada polo goberno de George W. Bush e que entre outras moitas cousas impedía o envío de remesas a familiares cubanos non próximos (enténdase ti@s, cumás ..)

    4

    Por LEITORA: mais as autorizadas non podían superar os $50; ou o impedimento de entrada de cubanos residentes fóra de Cuba máis de 15 días cada tres anos (e cito fontes, Collin L. Powel, Comission for Assistence to a Free Cuba 2004). Xa non vou falar da violación do Dereito Intenacional que supón o embargo implantado de maneira oficlal polos EUA o 7 de febreiro de 1962 e que condicionou sen dúbida o decorrer dos acontecementos en Cuba e moitas das decisións alí tomadas

    5

    Por LEITORA: Emprázote a botares unha ollada á Lei Fundamental de 1959 xunto ao programa de moncada, aprobadas verbo do trunfo da revolución, e a constitución de 1976 verás os cambios sufridos na praxe revolucionara; e entenderás a frase de Galeano “la revolución cubana hizo lo que pudo, no lo que quiso”. Con isto, só quero dicir que ao expoñermos nun medio de comunicación unha cuestión coma esta, de enorme complexidade política, non podemos caer na “pena”, na “empatía” ou no sentimentalismo senón sermos xustos e expor –non o que eu ou un/has queiramos ler- senón a realidade dos acontecementos (repasemos por exemplo quen era e que fixera Orlando Zapata).

    6

    Por I´m sexy and i know it: Não poderia estar mais de acordo com Leitora. Mais bem, ve-se que ai pessoas que não são capaces de encaixar críticas.


    46

    Argalhuas

    Na Espanha nos últimos anos foram fechados polas autoridades quando menos 4 publicações periódicas: Egin, Ardi Beltza, Egunkaria e um jornal de Múrcia, cujo nome não lembro, que denunciou a corrupção do PP. Alguns dos seus responsáveis passaram meses ou anos na cadeia acusados sem provas de não se sabe o que. Cadeias espanholas nas que todos os anos morrem presos, alguns em misteriosas circunstâncias...

    4 respostas
    1

    Por Argalhuas: Repto ao senhor de la Calle ou qualquer outro a se plantar na Praça do Obradoiro com um cartaz para denunciar quaisquer destas violações dos direitos humanos por parte do Estado Espanhol. Depois, em quanto o levem para uma cela com o lombo quentinho (e não pola calefação) acusado de desordens públicos, resistência à autoridade e, se calhar, até agressão à autoridade, vai ter tempo de reflexionar sobre questões como: Por que me fazem isto a mim e ao cubano não? Mas o pior não vai ser isso, o pior é que ao senhor não o iria contratar ninguém na Espanha no que lhe queda de vida. http://www.youtube.com/watch?v=jlSj...

    3

    Por Argalhuas: Comparemos com: http://candidaturadopovo.wordpress....

    4

    Por Argalhuas: Democracia espanhola: http://galiciaconfidencial.com/nova...


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button