En política, as horas son minutos; os anos, semanas; e as lexislaturas, trimestres. ¿Quen se acorda xa dun presidente chamado Zapatero? Por non citar a Touriño, gran ausente no 12º Congreso do PSdG.
O conclave se foi contando minuto a minuto cunha espléndida cobertura en @GConfidencial. Un par de datos crave: Pachi Vázquez non suma 245 votos fronte a 212 de Elena Espinosa, senón que a súa Executiva monolítica nace cun lastre de 195 votos distraídos. A promesa solemne dunha Executiva de integración e o “que bos somos e aquí cabemos todos”, en boca do alcalde Orozco, os tronzou nun plisplas a rebarbadora de O Carballiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Case seis anos co Merendiñas, que non tiña nin put-a (se o escribo sen guión sae o censor automático) idea de política nin quería aprender; quince anos e medio co ególatra, megalómano e fascista que ía converter a Galicia na Baviera ou na California española, pero que deixou isto feito un soar de baltares e achegados, emporcallado polo chapapote do 'Prestige' e co comecartos do Gaiás; tres anos co paspán dos Peares, que logo de reparar na oposición que presuntamente hai, non van rematar en breve... As tragadeiras dos galegos teñen un caudal ilimitado. Xa non é que mexen por nós e digamos que chove, senón que por riba, abrimos a boca e dicimos que rico!
O caso é que a xente non é parva e escollerá o mellor para eles, se non hai alternativa creíble ao PP, serán 30 anos de dereita, si. Todos vemos as medidas que está a tomar o goberno de Feijóo e mailo de Rajoy, nas vindeiras eleccións veráse se a xente está de acordo ou non, ou se preferen o "malo" coñecido que o "peor" por coñecer. Pido só que non caigamos nese lugar común de que "os votantes son parvos ou pailáns". Hai de todo en todos os sectores de voto.
No 2017 levaremos 36 anos de autonomía: descontando os dous de Laxe e os catro de Touriño, salen trinta do PP. Como dí o bolero, "todo unha vida..."
Valentín Carrera (Ponferrada, 1958), escritor e xornalista, colabora na Radio Galega, Altaír, Bierzo7 e Galicia Confidencial, entre otros medios. Escribe os blogues Ahí estamos (http://vantalin.wordpress.com ) e Tornarratos (http://tornarratos.wordpress.com ), crónica política e parlamentaria desde Galicia. Os seus últimos libros “Municipais 2011 en Galicia” (ebook publicado por Edicións Lea) e próximamente “As eleccions xerais do 20N na rede”. En Facebook e Twitter: @Tornarratos
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting