Lutherapia chega a Galicia para conmemorar o 45 aniversario de Les Luthiers

A Coruña e Vigo son as dúas cidades galegas que acollerán a divertida sesión de terapia de grupo coa que o quinteto arxentino celebra os seus 45 anos sobre os escenarios. Vídeo avance no interior.

Por Paco Gallego | A Coruña - Vigo | 14/03/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Les Luthiers iniciará esta semana no Coliseum da Coruña a estrea en Galicia da obra Lutherapia, un espectáculo que representa o número 33 da exitosa carreira do quinteto arxentino despois de 45 anos sobre os escenarios. Lutherapia chega precedida dun éxito absoluto de crítica e de público nas súas primeiras actuacións en Latinoamérica.

Baseada nunha hilarante sesión de psicoanálise, está composta por dez obras novas entre as que se inclúen títulos como "El cruzado, el arcángel y la harpía (Opereta Medieval)", "Las bodas del Rey Pólipo (Marcha Prenupcial)", "El flautista y las ratas (Orratorio)", "Aria Agraria (Tarareo Conceptual)" e "El día del final (Exorcismo Sinfónico-Coral)".

Este espectáculo, seguindo coa tradición do grupo, tamén introduce novos instrumentos informais, sinal de identidade de Les Luthiers, como a Exorcítara,o Bolarmonio e o Thonet. As representacións galegas da xira realizaranse no Coliseum da Coruña (do 15 ao 18 de marzo) e no Auditorio Mar de Vigo (do 20 ao 24 de marzo). Lutherapia é a máxima expresión da vixencia e a capacidade de renovación de Les Luthiers. Esta xira coincide coa celebración do seu 45 aniversario.

A súa traxectoria foi recoñecida con máis de 30 premios, o último deles, un dos máis prestixiosos, o Latín Grammy 2011 “Premio á Excelencia Musical” polo conxunto da súa carreira artística. Deixamos este pequeno avance de Lutherapia. Que o gocedes.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe