O PP apoia as negociacións co BNG en Muros

Conservadores e nacionalistas desta vila negocian botar ao PSOE, o partido máis votado, do Concello. O goberno nacionalista na veciña Carnota podería estar en perigo pola posíbel moción en Muros.

Por Galicia Confidencial | Muros | 20/03/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Carlos Negreira, alcalde da Coruña e líder do PP na provincia, confirmou as negociacións cos nacionalistas para botar ao PSdeG da alcaldía de Muros. Asemade que deixa aberta a posibilidade dunha moción de censura común, insiste en que o PP sempre aposta porque goberne a lista máis votada. Iso si, introduce algúns matices.

"Seguimos a manter como principio xeral que deben gobernan as listas que obteñan maioría de votos aínda que despois da investidura pode haber excepcións cando estean moi, moi xustificadas", indicou Carlos Negreira esta fin de semana.

O líder do PP coruñés argumenta que o pacto é posíbel, pero que cómpre en todo caso a luz verde da Executiva que el dirixe. "O PP nunca se pecha a dialogar ou negociacións sobre calquera tema. O noso lema non é o pacto do Tinell de excluír a ninguén. O PP municipal ten autorización para dialogar con calquera forza política" declara o político coruñés.

Na beira do Bloque, o aparato da forza política ve con peores ollos a posíbel moción. Tanto a nivel comarcal como a nivel galego a mensaxe é clara, evitar que o PP consiga máis poder nos municipios. Os concelleiros de Muros xa iniciaron contactos cos seus superiores na fronte, pero polo de agora non se albisca outra alternativa para eles que ser expulsados se asinan a moción. Os edís son membros de Máis Galiza, unha das correntes que apostou por marchar do Bloque. Con todo, estes concelleiros forma parte da minoría da Máis Galiza que sigue na fronte coa intención de cambiala dende dentro.

Ademais, o que pase en Muros pode ter consecuencias no municipio veciño de Carnota, onde o BNG goberna grazas ao apoio do PSOE. Fontes socialistas da comarca citadas pola Voz advirten que se os nacionalistas tumban o goberno de Muros o PSdeG podería deixar caer o do BNG na veciña Carnota.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

20 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 9

    saña

    Despois de limpar bastante, pareceme que ainda queda borralla en algunha esquina.


    8

    DANTON

    GALICIA CONFIDENCIAL CONTINÚA A CAMPAÑA ANTI BNG: SE O PP TEN NOVOS AMIGOS NOS PERDEDORES DA ASEMBLEA DO BNG A CULPA É DE ROSALÍA DE CASTRO, ROSA LUXEMBURGO E -COMO NON?- DE PACO RODRÍGUEZ.

    1 resposta
    1

    Por XIGANTEDOPAIS: Dantón, non hai campaña ningunha, todos os medios que falan de política neste país falan deste asunto, porque é noticia, se non o fose ti non estarías lendo isto nin comentado máis arriba. A culpa non é de ninguén, é un feito, pode haber moción de censura, haberá que contalo, non?


    7

    Muros

    Parabens a:Joam Manuel Bazarra Agulha,Francisco Rodrigues Sanches(o que comparte com o seu tocaio e vecinho tanto...),Martinho Santos Canosa(este si nom esta no caso Dorribo é porque nom puido....)Francisco Jorquera Caselas e o duo conhecido popularmente em Muros como "os maestritos":Manuel Garcia Sendom e José Ramom Farinós(um duo de caciques pijo-progres e integrantes profesionais...).Estes som os principais responsaveis polos fatos do pasado de todo o que pasa e pasará em Muros,esta mui bem que o seu nome se resalte....


    6

    Artus

    Hoxe veñen unhas declaracións de Beiras no Galicia hoxe a proposito dos seus contactos con +G, que son para enmarcar. Ten o cinismo de falar de que están construindo pola base, para logo facer un canto ó derrotismo. Fala de que seus movementos foron mais que nada por cuestións persoais. Dí que ninguén que os apoie se espere nada, porque todo está viciado. Que está 2º vía (Beiras sempre innovando xa non hai 3º via) non leva a ningures. Un vai cansó de populistas, de vendedores de crecepelo, de Beiras que fan cantos a keynesianismos que salvaron o mundo da gran depresión, cando non temos un Teneessee Valley, nin unha maquina de facer cartos, nin unha 2º guerra Mundial, nin un exercito que poda roubar os recursos naturais doutros pobos coma os ianquís. Coincido con Beiras que nos acercamos ó fascismo coma nos 30, pero non nan suas revoltas civís virtuais.


    5

    Unto

    Bautista onde está o cloroooooooooo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button