Fortes e Ledo viviron nunha e noutra beira do Miño aquel acontecemento histórico que demostraba como un exército podía derrubar unha ditadura, caso oposto, por exemplo, ao sucedido un ano antes en Chile co goberno de Salvador Allende
Ata o 12 de maio o público poderá votar polos músicos e proxectos favoritos e os galardóns entregaranse en Pontevedra o día 15 do vindeiro mes.
Xunta e Academia renovaron o acordo para que as oficinas de Lexicografía, Sociolingüística e Onomástica da RAG continúen no complexo do Gaiás.
A Xunta publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases da convocatoria de subvencións cunha dotación de 280.000 euros.
Tras ser premiado en Málaga o filme do director ourensán Emilio Fonseca chega aos festival Play-Doc, antes de ir ao Festival de Guadalajara en México. A cinta tenta "repensar a categoría do salvaxe dende este apocalipsis climático”.
Ademais, a xornada servirá tamén de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz, quen tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego, cando se fan 100 anos do seu nacemento.
Amigos e colegas perfilan á homenaxeada o 17 de maio e destacan o seu fondo activismo. "Hoxe estaría manifestandose por Gaza ou Ucraína", din.
The Rapants, Grande Amore, Nenos Mutantes, Joe Crepúsculo e Ortiga encabezan a nova edición do festival gratuíto que se celebrará o 14 e 15 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra
Obtiveron o 'Premio Radio 3 á Canción do ano', 'Premio SAE Spain á Mellor Produción Musical' e 'Mellor Gravación Electrónica'.
En 1983 a obsesión de García Márquez por coñecer as súas orixes era tal que visitou Santiago de Compostela e, alí, entendeu "de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez", é dicir, onde descubriu a orixe do realismo máxico.
Alumnos de 3º da ESO do IES Marcos de Camballón saíron na procura deste animal durante unha xuntanza de regueifa que organizaron cos institutos de Vilalba, Monforte, Vila de Cruces, O Courel e Caldas de Reis.
A productora Canary Pixel impartirá no Auditorio o seminario de interpretación "O Actor Orgánico". Desenvolverase do 26 ao 28 de abril e preséntase como unha oportunidade de alto valor para os participantes.
Terán lugar o venres 3 de maio na Alameda. As inscricións para os maios poden facerse na modalidade de grupo ou individual e haberá premios para os tres primeiros de cada unha delas. As coplas deberán formalizarse en grupo, nas modalidades de nenos ou de adultos, haberá tres primeiros premios apra cada categoría e cantaranse a partir das 11:30 h.
Aínda que o premio non ten dotación económica estes galardóns teñen un singular prestixio entre escritores, editores e lectores xa que é o único premio que se concede nas catro linguas oficiais do Estado e, ademais, desde 2021 premian o mellor libro de lingua estranxeira traducido a calquera das linguas oficiais de España.