A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos e asegurou que podería asinarse "esta mesma semana, se se quere".
Xornadas de récord de asistencia aos campos, tanto para certificar o ascenso do equipo femininio á Primeira División como a vitoria do equipo masculino que está a un paso de ascender a Segunda División.
Quedou 22 do mundo o pasado ano no Mundial de Corea e este ano preséntase no campionato de Gaelic, onde en pasadas edicións quedou primeiro e segundo. "Vai estar difícil, pero imos tentar dárlle caña", asegura.
Manterse saudable pode ser difícil. Coas longas horas de traballo, os desprazamentos e outros compromisos, atopar tempo para mover o corpo pode parecer complicado.
Desde que se fixo cargo do primeiro equipo Giráldez na xornada 29 de Liga, o equipo galego sumou catro de nove puntos posibles, o que colocou ao Celta, con 28 puntos, tres por encima dos postos de descenso a falta de sete xornadas.
A xuíza, ademais, indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación".
Rodríguez conseguira 16 medallas en Xogos paralímpicos. Sinala que a dopaxe foi debida a un "erro" tras consurmir sen sabel un produto cunha substancia prohibida
Alfonso Rueda garante o "pulo" da Xunta aos deportistas, "orgullosos" de representar a Galicia e con aspiracións de "podio": "Sodes ou ides ser embaixadores de España e de Galicia aos ollos do mundo e os vosos éxitos van ser os éxitos de todos".
Manuel Planas é presidente da Federación Galega de Boxeo e para el o grande reto que superou esta disciplina foi demostrar que pode ser un deporte para practicar como ocio o mesmo que outros. Con 7.000 licenzas, 74 clubes federados e o número de practicantes en aumento, Planas considera que o boxeo é o deporte máis practicado en Galicia a día de hoxe.
A triatleta con discapacidade visual Susana Rodríguez, actual campioa paralímpica e que en 2022 gañou o ouro mundial e europeo, recibiu o Premio Raíña Letizia 2022.
Trátase do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 - Sub20, evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense-Expourense.
Philippe Delamare fai historia na Global Solo Challenge tras rematar a volta ao mundo de vela en menos de cinco meses. Ningún representante da Xunta, nin do Concello da Coruña, estivo para recibir ao campión dunha das competicións máis prestixiosa entre os navegantes de todo mundo.
Podes participar neste concurso para conseguir entradas. A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c.
Ana Peleteiro, en triplo salto; Asier Martínez e María Vicente, en 60 metros valas; Adel Mechaal e Esther Guerreiro, en 1.500 metros; Mariano García e Lorea Ibarzabal, en 800 metros; Óscar Husillos e Eva Santidrián, en 400 metros; Adrià Alfonso e Esther Navero, en 200 metros; José Ángel Pinedo, en peso; e Isidro Leyva, en pértega, proclamáronse campións nacionais na 60ª edición do Campionato de España de short track, que se disputou en Ourense.
En decembro de 2022 desvelaba que padecía esclerose lateral amiotrófica (ELA) e faleceu aos 76 anos, segundo confirmou este martes o club branco.