Avalancha de protestas contra a macromina de ouro de Corcoesto

GC TV - 23 Maio 2013

Un dos actuais apoderados da empresa que solicita a explotación en Bergantiños foi suplente nunha lista do PP. Os críticos á minaría organizan un concerto en Carballo, unha andaina en Corcoesto e unha manifestación en Santiago; ademais de presentar unha queixa por presunta censura na TVG. Vídeo no interior.

O SXG ‘acompaña no sentimento’ aos traballadores de La Voz na xornada de loito

GC TV - 14 Maio 2013

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) amosa o seu total apoio e respaldo ao Comité Intercentros de La Voz de Galicia despois de que a dirección do grupo empresarial anunciase a súa intención de iniciar o procedemento de inaplicación das condicións de traballo previstas no Convenio Colectivo da empresa en base a causas económicas. Ademais, o SXG fai un chamamento para participar na 'Primeira xornada de loito' convocada polo Comité en defensa dos dereitos dos traballadores.

Darth Vader constrúe unha nova estrela da morte na Cidade da Cultura

GC TV - 12 Maio 2013

Os seareiros de Stars War volverán a tomar Compostela este ano. Para promocionar o desfile do 25 de maio en Santiago os organizadores publican un divertidísimo vídeo no que a capital de Galicia aparece retratada como unha vila máis do Imperio, construcción da terceira estrela da morte no Monte Gaiás incluída.

A BBC conta a ganga de mercar aldeas enteiras en Galicia

GC TV - 05 Maio 2013

A imaxe que se dá de Galicia na reportaxe da canle do Reino Unido é a dun país cun rural abandonado na que os estranxeiros poden facerse con aldeas enteiras por 45.000 euros. Vídeo no interior.

Primeiro tema do novo disco dos Heredeiros

GC TV - 26 Abril 2013

“Un disco de jard, un disco de rock e sobre todo, un disco con moita fe”. Así definen os Heredeiros da Crus o seu novo traballo, que presentarán o 24 de maio en Ordes.