Artigos de Galicia Confidencial

OPINIÓN.- Malos tempos para a Glíptica

 Por Xurxo Ayán. As medallas non son ningunha coña, senón que llo digan ás sereas de selección española de natación sincronizada, que até esbagoan recibindo prata en vez de ouro. O meu avó gañara tamén unha medalla ao valor na fronte de Córdoba, durante a guerra do 36. Seica fóra o único que nunha rápida retirada non guindara o máuser ao chao, todo un acto de heroísmo dentro da mística africanista dos sublevados. As medallas son metáforas materiais da vaidade. Histórica fóra a anécdota vivida polo presidente Eisenhower na súa primeira visita oficial á España de Franco. Nos saúdos á comitiva do dictador o gran xeneral (o norteamericano, enténdese) quedou petrificado ao darlle a man a un Muñoz Grandes que locía no peito, todo fachendoso el, a Cruz de Ferro concedida polo mesmísimo Hitler en agradecemento pola aportación da División Azul. Eran os anos 50. Até hai ben pouco, un señoriño xa andado en anos paseábase pola zona vella de Compostela enfundado nunha chaqueta decorada cunha pequena medalla franquista de mérito ao traballo, unha condecoración da Lexión Estranxeira francesa e unha medalla do Pelegrín e o Xacobeo do 93...

OPINIÓN.- Galicia ecuatorial

 Por Xurxo Ayán. Omar Bongo Ondimba, presidente de Gabón falecido de cancro en Barcelona hai escasos meses, sintetiza perfectamente o goberno despótico que roe a moitos países africanos. Advenedizo golpista no seu día, levaba corenta anos explotando o país coma unha leira da súa familia. O seu fillo preséntase ás eleccións nas filas do Partido Democrático de turno. Da mesma raza é o señor Obiang, o ditador que afirma, nun ataque de convincente sinceridade, que en Guinea Ecutorial no se tortura practicamente. Lamentable escena a protagonizada na ex-colonia polo ministro socialista dun goberno que presume de investimentos en cooperación internacional, mentres se baixa os pantalóns para abriren mercados aos empresarios españois aos que o déficit democrático de Obiang lles entra por un ouvido e lles sae polo outro...

OPINIÓN.- Galego, a nosa lingua

 Por Xosé Manuel Barreiro. A defensa do propio non conleva necesariamente, e non debe facelo, de feito, excluir o dos demais. Non se trata de caer, se me premiten a expresión, nunha visión minifundista que nos impida ver o bosque. Dito esto, quixera facer, a raiz do rebumbio que hai ó redor do galego, unha somera reseña histórica por aquilo de que é importante saber de onde vimos para comprender onde estamos...

OPINIÓN.- Bonecos de plástico

Cando o meu avó viña dalgunha feira ou festa que non respostara á expectativas sempre dicía aquilo de 'Non che houbo moito Lafitte'. Referíase á granada de man empregada no bando nacional durante a guerra por influencia do exército fascista italiano. En Berluscolandia, a día de hoxe, hai moito Lafitte. Prostitutas facendo o saúdo fascista, proxectos de unidades paramilitares para garantir a lei e a orde, a corte de Papito negando o terror do goberno colonial de Mussolini...

Problemas de acceso á web

Nos últimos días e, non sabemos moi ben por que, estamos tendo problemas de acceso a esta web dende algúns navegadores e servidores. Estamos tentando solucionar o problema. Se observades máis anomalías, avisade. Un saúdo

Axuda para rematar cos "trolls"

Acabamos de borrar un novo insulto dun "troll" que se fai chamar "María" ou, simplemente, "anónimo" e cuxo IP é 79.157.27.18. Advertimos que, a partir de agora faremos públicos as IP destes indesexables, investigaremos a orixe das mesmas e daremos a oportuna información pública de quen se trata. A ver se deste xeito lle poñemos nome e rematamos cos indesexables que, utilizando o anonimato, queren emporcar estes foros. Se sabedes vos de onde pode proceder, agradecemos axuda. Nós pola nosa banda intentaremos bloquealo para que non volva a participar en Galiciaconfidencial. Tamén vos pedimos que como aconteceu hoxe sexades vos os que nos informedes das faltadas ou dos insultos para borralos se é que a nós se nos escapa. Lamentamos ter que tirar por esta vía pero algúns, a pesar dos numerosos avisos, non se dan por enterados. Un saúdo, GC

Aviso a navegantes

Nas últimas semanas algúns dos comentarios de GC conteñen de todo menos ideas ou argumentacións. Xa temos insistido dabondo e algúns seguides aproveitando o foro libre que supoñen estas páxinas para insultar sen descaro. Hai xeitos máis sutiles de criticar ou de amosar inconformismo pero algúns preferides ir pola vía rápida. Por iso, a partir de agora, GC borrará directamente (e non só as palabras soeces, como ata o de agora) todos aqueles comentarios que conteñan insultos ou acusacións infundadadas contra persoas con nomes ou apelidos e os seus familiares. E aproveitamos para aclarar, ante as críticas que estamos recibindo nos últimos días, que este medio non é nin do PP, nin do PSOE, nin do Bloque, nin dos independentistas, nin dos fachas, nin deste goberno, nin do bipartito, nin de ningún goberno. É un medio libre que, dende que naceu, leva recibindo críticas por parte de todos, simplemente, por decir verdades como puños que outros non queren contar. Nesa defensa da liberdade de expresión estaremos sempre. Un saúdo, Galiciaconfidencial

OPINIÓN.- A corna

 Por Xurxo Ayán. A sobremesa nun xantar familiar celebrando a festa patronal da parroquia lemava de Sindrán dá para escoitar historias sobre a corna de África. Un ex-mariñeiro vai contando historias -acompañadas de cadanseu vasete de viño da Ribeira- do seu paso nas décadas dos 60 e 70 polo Mar Roxo, o Índico, a Corna de África, Mozambique, Capetón... Coma un personaxe de Cunqueiro recrea a guerra dos Seis Días, decora as aventuras de contrabando en Port Said ou Port Sudan e recorda noites de festa rachada polas rúas do Mogadiscio de 1970. Coma un atlas desfasado, este home conserva na memoria a cartografía colonial dunha ampla zona xeográfica, falándonos, por exemplo, da Gran Somalia ou da Somalilandia británica, territorio autoproclamdo independente e non recoñecido internacionalmente a día de hoxe e por onde campan á súas anchas os afamados piratas...