Artigos de Galicia Confidencial

OPINIÓN.- Transilvania

 Por Xurxo Ayán. Corina pregúntanos en perfecto inglés se vai ben cara ao camiño xacobeo de Fisterra, nunha mañanciña de agosto. Ela é romanesa, enxeñeira graduada na escola técnica de Timi?oara e está namorada deste curruncho de Europa. Cre no seu país e non gosta de xustifica-lo éxodo masivo de compatriotas seus a Italia e España; abenzoa a Unión Europa, acusa ao Conducator dos males de Romanía, e recita coma un salmo as pestes que asolan o seu mundo: corrupción, servilismo, miseria...

OPINIÓN.- Comeza a recesión lingüística do galego

 Neste artigo o senador socialista Xavier Carro insta aos parlamentarios galegos do PSdeG e BNG a abandonar os seus escanos cando se produza a primeira intervención en castelán por parte dalgún deputado do PPdeG...

OPINIÓN.- Made in China

 Por Xurxo Ayán. Tras décadas cinguida ás súas augas territoriais, a Armada chinesa escoa hoxendía polas augas do Mar Roxo na procura de piratas somalíes. A presenza desta superpotencia non colle de sorpresa a ninguén. De feito, a invasión etíope de Somalia no Nadal de 2006 empregou como casus belli lexitimador o ataque dun comando terrorista somalí a un acampamento de traballadores e técnicos chineses no E da antiga Abisinia...

OPINIÓN.- De cando os apelidos son sinónimo de terrorista

 Por Iván Prado. Despois de 12 horas de viaxe, parada incluída en Estambul, chistes, moitas risas, certos nervios e bastantes preguntas chegamos a Tel Aviv, cansos e cheos de sono. Aínda así non perdiamos a alegría, xa que estabamos cerca de Palestina e pronto empezaría a nosa aventura, pero démonos de fuciños contra o valado, non o físico que atravesa Cisxordania ignominiosamente, senón o valado da represión sistematizada, a incompresión e o terrorismo de estado...

OPINIÓN.- "Miré los muros de la patria mía"

 Por Xurxo Ayán. "Le pregunto a un profesor de Arquitectura si hay alguna asignatura específica que adiestre en la construcción de muros. No, me dice, pero gran parte de la arquitectura que se está haciendo tiene forma y espíritu de muro. Está encofrada con hormigón, acero y miedo" (Manuel Rivas, El País, 28/10/2006)...

OPINION.- A investidura de Núñez Feijóo

Por José Manuel Lage. Dende o pasado martes ata onte xoves tivo lugar a sesión de investidura á que concurría Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidente da Xunta de Galicia...

OPINION.- Pasado e presente de Sudán

 Por Xurxo Ayàn. Seguimos revisitando a Mourindade. O Tribunal da Haia e a comunidade internacional acusan de atentar contra os dereitos humanos a Omar Hasan Ahmad Al-Bashir, militar golpista e presidente da República de Sudán dende 1989. Mentres tanto, os políticos tentan chanta-la alianza de civilizacións na vella Constantinopla, unha alianza entre Oriente e Occidente que reclamou literariamente o brillante autor sudanés Tayeb Saleh (Tempo de emigrar ao Norde, 1966), recentemente falecido. Esta vella angueira debrúzase contra a realidade precisamente en Sudán, o país máis grande de África, eterna zona de fronteira, sabana e deserto...

OPINIÓN.- A Nosa Mourindade

Por Xurxo Ayán. O colectivo musulmán reclama o uso do cementerio moro d’A Coruña (Galicia confidencial, 25 de marzo de 2009). Noticias coma esta insírense (colateralmente) no recente proceso de restitución patrimonial ás minorías étnicas (non só relixiosas) que se está a dar en todo o mundo, fenómeno chantado en sólidos códigos éticos de uso común na Arqueoloxía internacional; velaí están as devolucións de esqueletos indios da Smithsonian Institution ás comunidades de orixe, as reivindicacións dos aborixes australianos (para unha versión edulcorada e kitch do tema véxase o filme Australia) ou o estrambótico caso do negro de Banyoles. En Galicia estamos lonxe desta sensibilidade relativista cultural, sobre todo se temos en conta que aínda hai pouco nun acto público de carácter institucional un historiador referiuse sen problema á derrota de los moros en Clavijo (sic)...