Artigos de Xurxo Ayán

Per a canviar-ho tot

O brillante historiador marxista francés Pierre Vilar deixou escrito que o que máis lle abraiou da súa estancia de estudos na Barcelona da IIª República fora constatar a existenza dun sentimento nacional transversal a todas as clases sociais: dende o burgués con chalé no Tibidabo até o proletario téxtil, todos tiñan consciencia de pertencer a algo diferente a Espanya. Isto non se acaba dde comprender en Madrid: a reivindicación catalanista xa non é unha cousa manexada politicamente por unha parte da burguesía. Na famosa cadea humana cabían todos, familias enteiras, okupas e empresarios, inmigrantes e labregos.

O Eco Franciscano

O outro día participei dunhas frutíferas xornadas no local da CNT no barrio de Conxo. As palestras trataban sobre os territorios deste país dende diferentes enfoques críticos e experiencias sociais. Unha das participantes agasalloume cun cartaz a prol do ensino laico nas escolas. Ela, anacorsindicalista, é profesora nun instituto galego. Quéixase da censura interna vixente no centro. Como se aínda existisen conserxes excombatentes da Divisón Azul, uns trasgos retiran sempre das cortizas a publicidade destas campañas de concienciación social.

A Ribeira, Patrimonio da Humanidade? "Su puta madre"

O encoro estaba baixo, aquel verán de comezos dos anos setenta, cando me levaron ver onde estivera a nosa ribeira. Só as cepas retortas semellaban desafiar a auga a ao tempo. Moito máis que as pedras e o tellado da adega, completamente esborrallados. Achegámonos até o lugar do Porto. Alí coincidimos cuns veciños que lles viñan mostrar aos seus fillos cal era a súa casa, inexistente. Só quedaba o resío. E, nel, unha especie de milladoiro, con paus atravesados a xeito de cruz.

Gael, o preso engaiolado pola arqueoloxía

Os rojos aloxados nos campos de concentración das rías galegas pavimentaron rúas, restauraron igrexas e adecentaron portos… mentres bebían auga de mar e morrían como alimañas. Pero o feixismo español, en versión nacionalcatólica, tamén empregaba a carnaza para outros mesteres. O feixismo español usou mao de obra escrava na Arqueoloxía de campo do Novo Estado.

O brazal de Tor

Era un día xeado polo mes de decembro de 1990 cando entrei por vez primeira canda meu pai no interior do pazo de Tor, nunha visita organizada polo concello de Monforte de Lemos. Abríanos as portas do seu pazo a última señora da casa, María Paz Taboada y Zúñiga. Gardo a lembranza da fidalga abrindo o armario dunha habitación e amosando vestidos decimonónicos que xa luciran as súas devanceiras. Aquilo era todo un museo vivo recreado pola inquilina pacega que nos transportaba á Galicia do Antigo Rexime en décimas de segundo. Hoxendía poucos pazos galegos están abertos ao público de xeito que alguén da familia explique ao visitante as vicisitudes históricas da súa casa. Outro exemplo abraiante neste sentido é o cercano pazo de Muíños de Antero, tamén en Monforte de Lemos.

O “inxenuo” pintor naïf

O último número monográfico da revista Desperta Ferro recolle diversos traballos sobre a batalla do Ebro, entre eles, unha síntese das escavacións realizadas polo noso equipo en La Fatarella (Tarragona) en setembro de 2011. Outro dos artigos, firmado por Angela Jackson, céntrase no heroico traballo desenvolto polas enfermeiras e padioleiros do bando republicano. Nas mesmas condicións actuaron os sanitarios e padioleiros do bando nacional. Un destes padioleiros fascistas foi Manuel Lema Otero (1906-1991). Nado na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños, A Coruña), este personaxe de Cunqueiro foi na postguerra albanel, carpinteiro, encofrador, labrego e inventor. Foi o artífice de inxenios como a tella plana de cemento, unha bomba automática de subir auga sen gasto de enerxía, un sistema de alarma antiincendios, un sistema de elaboración de gas metano a partir do esterco, unha escopeta de canos, un libro de quinielas, un molde para a elaboración de capiteis para cruceiros, un termómetro para medir a temperatura dos fornos e unha serie de xoguetes articulados. En todo caso, o invento patentado que lle deu algo de cartos foi unha incubadora de polos. O éxito deste trebello na bisbarra de Bergantiños fixo que se lle coñecese como Manolo “o dos pitos”.

Gallego For Ever

Estes días estivais nos que semella non haber novas noticiosas, os medios de comunicación do país prestan atención ao lecer de multimillonarios de orixe galega que aproveitan o verao para desfrutar da súa paisaxe natal. Dous lugares emblemáticos reactualizan o sentimento do retorno en Galicia: a cantina de aldea, co tapete verde inzado das fichas do dominó, e a adega. O franquista Manuel Fraga coñecía ben o capital simbólico destes dous espazos identitarios. Os ricos galaico-mexicanos de Avión gozan de toda esta escenografía ao sopé da Dorsal Meridiana Galega dende hai décadas. Pero non son os únicos. Na Ribeira Sacra xorden novas escenografías do lecer.

A tesiña

Entre outros moitos tesouros a antiga Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela garda na súa biblioteca unha copia das Tesiñas de Licenciatura defendidas nese templo do saber dende a súa creación en 1922. Dacordo co sistema educativo, este traballo servía para acadar o título universitario con Grado, pero tamén viña sendo todo un ritual académico polo cal o tesinando amosaba as súas aptitudes para iniciarse na corredoira da investigación científica.