Artigos de Xurxo Ayán

Gallego For Ever

Estes días estivais nos que semella non haber novas noticiosas, os medios de comunicación do país prestan atención ao lecer de multimillonarios de orixe galega que aproveitan o verao para desfrutar da súa paisaxe natal. Dous lugares emblemáticos reactualizan o sentimento do retorno en Galicia: a cantina de aldea, co tapete verde inzado das fichas do dominó, e a adega. O franquista Manuel Fraga coñecía ben o capital simbólico destes dous espazos identitarios. Os ricos galaico-mexicanos de Avión gozan de toda esta escenografía ao sopé da Dorsal Meridiana Galega dende hai décadas. Pero non son os únicos. Na Ribeira Sacra xorden novas escenografías do lecer.

A tesiña

Entre outros moitos tesouros a antiga Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela garda na súa biblioteca unha copia das Tesiñas de Licenciatura defendidas nese templo do saber dende a súa creación en 1922. Dacordo co sistema educativo, este traballo servía para acadar o título universitario con Grado, pero tamén viña sendo todo un ritual académico polo cal o tesinando amosaba as súas aptitudes para iniciarse na corredoira da investigación científica.

A bruxa

Na pinacoteca do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra podemos ver algunhas das obras da alcumada Xeración Doente, á que pertenceron mozos con certa conciencia social, como o fillo de Rosalía e de Murguía ou Ramón Parada Justel, quen pintou (como último exercicio para acceder a unha bolsa de estadía na Academia de Roma) un cadro titulado “La familia del anarquista el día de la ejecución” (1899). Vendo eses cadros en familia, o meu pai recordou aquela frase de Concepción Arenal: “facede escolas e pecharedes cárceres”.

Ramonika Hall

O carro é un símbolo neste país, non só como metáfora material da sociedade labrega tradicional, como gostaba de reseñar o etnógrafo Xaquín Lorenzo. Tamén foi o signo icónico-visual da represión feixista, como aquel librepensador compostelán, O’Nécoras, abatido na Ponte da Rocha e exposto en Compostela polos falanxistas, ou o guerrilleiro Curuxás retratado coma un marrao sobre un carro, na matanza. O carro tamén foi empregado no “gran desmoche” da ciencia galega por parte do totalitarismo nacionalcatólico. De feito, foi un Carro, o crego Xesús Carro García quen se preocupou trala guerra polas migallas do Seminario de Estudos Galegos.

O contacontos

Malia o desartellamento sistemático da televisión pública española, aínda podemos endilgar ao lonxe o saber facer da vella tribo de profesionais que se agocha trala pantalla.

Patrimonio en formol

Nos tres últimos anos toda tentativa miña de visitar un ben cultural, un museo, unha aula didáctica ou un centro de interpretación sito no noroeste hispánico rematou en flagrante fracaso. Estamos a falar de espazos abertos ao público, co seu horario propagado aos catro ventos pola propaganda turística oficial. Son ducias de casos pero para mostra tres botóns.

Dous cabalos

Seica o ditador Franco deu o seguinte consello ao director do diario falanxista Arriba, Sabino Alonso: “Usted haga como yo, no se meta en política”. Baltarín recoñeceu no programa “Salvados” da Sexta que ese foi o único consello que lle deu seu pai. Por ese motivo non lle fixo caso.

O iate

Segundo ela mesmo dicía, a Carmen Polo de Franco encantáballe sempre ir á cidade de Pontevedra, porque alí o pasaba “chachi” con dúas persoas: Antonio Puig Gaite e José Filgueira Valverde.