Artigos de Paisaxe Maltratada - Carlos Coto

Así entendemos os galegos a protección do patrimonio

Esta foto chegou ás miñas mans, non recordo de quén, nin tampouco sei onde é, pero teño gañas de sabelo, e hei de sabelo. Indicios hainos: pola tipoloxía do hórreo, debe estar situado na Costa da Morte ou perto de Muros.

Chantada non é Manhattan

A foto de típica obra de ladrillo e cemento paralizada pola morte do sector inmobiliario, cun guindastre no que as aves fixeron o seu niño pola tranquilidade e paz que obteñen nas alturas. É unha obra de Chantada, pero podería ser de Silleda, A Estrada, Salvaterra ou Vimianzo, que nos permite facer unha reflexión urbanística e demográfica en tempos de calma.

Hai convenios que non conveñen a todos

Quero supoñer que o que se amosa na foto foi froito dun Convenio Urbanístico asinado polos propietarios da tradicional "Casa da Cachumbola" (situada na Praia da Concha de Vilagarcía) e o propio Concello de Vilagarcía de Arousa, para poder edificar chalés na leira da edificación protexida por patrimonio.

A nova tipoloxía dos Ancares: as uralitallozas

O nome de "Uralitallozas" aprehendino da amiga Helena Villar Janeiro que, nunha conversa privada, me dixo que non deberían ser chamadas Pallozas ás edificacións dos Ancares que non estaban cubertas con palla, senón con uralitas ou chapas metálicas.

Método para obter mellores vistas, sen facer máis alturas

Cando pasei por diante tiven que parar, os meus ollos non podían dar crédito ao que estaba vendo: Elevaron toda a leira, aproximadamente sete metros, e enriba construíron o chalé.

Carta de presentación de Vigo, pero en Redondela

Dende hai aproximadamente trinta anos, tanto pola autoestrada como pola estrada xeral, este exemplar de arqueoloxía inmobiliaria dache a benvida á cidade máis poboada do País, é unha visión obrigada para entrar e para saír de Vigo.

Quen de pequeno non o tivo, constrúe un "Exin Castillos" de maior

En plena Ribeira Sacra, no Concello de Quiroga concretamente, un hostaleiro pretende cumprir o soño da súa vida: "ter o Exin Castillos que non lle compraron de pequeno". Claro que comezou levantándoo sen licenza municipal, descoñezo se co coñecemento do Concello ou non, pero atopou coa Axencia Urbanística da Xunta de Galicia, que agora pretende o seu derrubamento.

Non é inspiración americana, é especulación minifundista

A fotografía, feita en pleno centro de Carballo, reflicte a problemática detectada por min en máis de vinte lugares da nosa terra. Son edificios en altura, con xeometrías non proporcionadas a ela. Como o famoso Flatiron Building de Nova Iorque, pero sen a súa beleza.
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook