Artigos de Elipses e sombras - Eduardo Maroño

Conversa na Catedral

O novo traballo de Fernando Iglesias “Kohell” adapta á banda deseñada "Dedalus en Compostela", relato de Vicente Risco que expresa a fascinación do grupo Nós cara James Joyce e a cultura irlandesa.

Pura aventura

Co seu novo traballo, Álvaro López rende tributo ao xénero fantástico na súa versión máis imaxinativa e aventureira. "Os que levan o lume" é un relato de supervivencia ambientado nun mundo hostil que resulta accesible a lectores de todas as idades.

Sombras chinesas

Sete anos despois, cunha sensibilidade máis serena e acompañado por un suxestivo desenvolvemento gráfico de Pedro Villarejo, Kike Benlloch recupera o universo fantástico que creara para a novela gráfica Cuimnhe: "El fuego distante".

Fagamos croquetas coa momia de Stalin

O debuxante Tomás Guerrero debuta como historietista con A deserción de Stalin, unha dexeneración festiva dos relatos de espías coa figura de Stalin na súa cerna.

Un xogo de apócrifos

"El infierno del dibujante", o traballo máis recente de Kiko da Silva e obra gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2014, é un sentido tributo a algúns dos autores e personaxes máis célebres da banda deseñada mundial, ademais dunha labiríntica reflexión sobre o fracaso creativo e os límites da autoría.

Beleza fóra de canon

Martín Romero regresa con "Episodios lunares", unha escolma de relatos cheos de misterio e onirismo que o autor publicou en cabeceiras diversas entre 2007 e 2012.

Turbio relato de supervivencia

Tras anos centrado no seu labor de editor e de ilustrador de guións alleos, Manel Cráneo regresa como autor completo con "Destino Hërgüss", un relato de aventura e tamén unha desacougante historia de supervivencia en condicións extremas.

Retrato da desprezable natureza humana

A editorial Fulgencio Pimentel recupera en versión integral "Las cosas de la vida" de Gérard Lauzier, un cómic que retrata sen misericordia as convulsións políticas e sociais que se viviron en Francia entre os anos setenta e oitenta do pasado século. Unha obra fundamental dun artista que non merece caer no esquecemento.