Artigos de Carlos González Armada

¿Que pasará en España, en Galicia e no País Vasco?

Temos ante nós un panorama moi complexo de descifrar, haberá terceiras eleccións?, e cuartas?....gañará o PP en Galicia?, e o PNV no país Vasco?.

Hai Marea ou hai mareados?

Por desgraza a marea está en baixamar, os deuses do Olimpo, Ferreiro, Martiño e Suarez, conseguírono. Cos seus actos conseguiron que a mar baixe e está tan baixa que as pedras do fondo xa aparecen na superficie e iso beneficia ao gran transatlántico do PP, porque o velas xa non embarrancara.

¿Galicia debe de ter Marea?

EnMarea, Mareas en Común, Marea Atlántica, Marea Viva......moita marea para un cidadán normal, moita marea para un cidadán do montón. Ás veces os pensadores, os ideólogos, os politólogos, esquécense un pouco do mundo real, do mundo dos cidadáns que día a día teñen que levantarse á 6, ás 7 ou á 8 da mañá e traballar 8 ou 10 horas para gañar 1.000 euros e que non teñen tempo para escarbar nas reviravoltas da política e diferenciar que é que, e quen é quen, en toda esta marusía.

Os críticos de Podemos apoian a Carmen Santos

Antón Gomez Reino (TONE) e Angela Rodríguez (PAM), non son membros da corrente crítica de Podemos Galicia, tanto Tone como Pam presentáronse ás eleccións internas que PERDERON con Carmen Santos Queiruga como "a corrente oficial do partido", por tanto é INACEPTABLE que algúns medios de comunicación estean a dar a noticia sobre a deslealdade destes membros do partido para coa nosa secretaria xeral, facendo ver que son os críticos quen promoven este enfrontamento ou que Tone é quen os lidera....non se sabe se é desinformación ou malas artes pero en calquera caso a noticia é errónea.

É preciso facer unha auditoría das eleccións do 26X?

Eu creo honestamente que si. Vamos a ver, se non ai nada que ocultar, ¿porque non calar bocas fazendo unha auditoría externa?, ¿cal e o motivo para seguir alimentando a dúbida?...

26X, un acto de responsabilidade

Este 26X os cidadáns temos unha cita moi importante, temos que actuar exercendo un acto de responsabilidade. Primeiramente debemos de ir votar, non debemos deixarnos levar polo cansazo ou polo hastío, debemos ser conscientes de que a nosa opinión, o noso voto, é unha parte moi importante da democracia, e que estes señores que din representarnos dependen da nosa vontade, dependen de que en este momento digámoslles basta, ata aquí chegamos, non queremos que xoguen vostedes máis co noso diñeiro, coas nosas vidas.

A casta de Vigo, o poder polo poder

O termo "a CASTA" fíxoo famoso Pablo Igrexas (PODEMOS), e refírese a aqueles que usan o poder para perpetuarse no poder e beneficiarse de iso. En Vigo existen uns cuantos políticos que poderían ser encadrados dentro desta denominación, como serian todos os concelleiros do PSOE, os do PP, e o de EU, pero falaremos soamente sobre os que a min me parecen os máis destacados, Abel Caballero, e Ruben Pérez.