Artigos de Juan Carlos Piñeiro

Pero que modernos e que europeos, oes

Asistimos a unha nova e máis moderna entrega da doma e castración, disfrazada de modernidade e de igualdade de oportunidades.

Existencialismo pero non saudade

A existencia precede á esencia, esta é a máxima do existencialismo como corrente filosófica, para Ramón Piñeiro tiña moito que ver coa saudade. Eu non quero falar do existencialismo filosófico senón da necesidade de existir.

E ti, de quen ves sendo?

Lembro moi ben cando paseaba por Lieiro e me atopaba con calquera persoa maior e sempre, sempre preguntaban: e Ti, de quen ves sendo? Podían preguntalo ata 5 veces no mesmo día. Non amolaba, incluso era normalmente o inicio dun interrogatorio con moitas voltas.

Patrimonio, ese detalle

Son os pequenos detalles os que demostran as capacidades de empatía das persoas, a forma de coidar o teu e ós teus, amosa no fondo a túa capacidade humana. Está é unha máxima tamén no mundo empresarial e, como non, no xeito de xestionar dende a política.

Outra oportunidade perdida

É o momento, non sei a que esperan, nunca o panorama político do Estado estivo tan propicio para que Galicia mellorase. Se fosemos listos os tempos eran chegados.

O éxtase “Mariano” de Soraya

Con sinceridade, a quen non lle asusta a intervención da Señora Vicepresidenta do Goberno , na que fala de descabezar? A min asústame moito, como demócrata e como persoa. Só é explicable por unha iluminación transitoria do seu líder supremo, é dicir, por unha situación de éxtase “Mariano”, cal Juana de Arco do centralismo. Porque coido que politicamente non é explicable e tampouco moi inspiradora, valeulle para chegar a 4 deputados, en Galicia nin terían representación, igual a xente colleu medo.

Así non nos vale Feijóo

Pouco tempo atrás o Presidente de Galicia o Sr. Feijoo nunha entrevista na radio de todos e todas, falaba da AP9 e falaba de que vai ser transferida, estou seguro de que falaba en serio é máis sei que no 2018 ou 2019 vaia ser transferida porque tamén vai ser transferida a autoestrada vasca.

Bilateralidade

Todo ía máis ou menos ben, dialogo, negociación, mecanismos de Estado comúns, competencias... descentralizando e desconcentrado. Mais nada fóra do común que non estivese regulado no marco legal da bilateralidade, que ven sendo as regras de xogo para entenderse dúas partes. Camiñábase nunha realidade de pobos que sempre foi a península Ibérica, o Estado é un invento máis ben recente. Que mellor forma de actuar que aquela administración, de todos, máis cércana fose a que en realidade xestionase o día a día da xente.