Artigos de Juan Carlos Piñeiro

82 segundos, indiferencia desde a dignidade

A retórica parlamentar é as veces un lastre para que o común dos mortais se interese pola actividade dos distintos parlamentos ou e mesmo dos plenos dos órganos lexislativos e de xestión.

Reforma?, Xustiza?

Somos outra vez vítimas da política de asesores 2.0, que se inspiran nas series americanas de politiqueo. Quero pensar que isto é así, porque a opción de planear esta reforma da elección do Consello do Poder Xudicial en serio é cando menos preocupante, cando non un atentado á democracia.

Amizades tóxicas

É unha realidade que a pandemia mundial igualounos a todos, calquera está sometido ao cambio de paradigma de vida, e por suposto calquera está sometido tamén ao estrés de poder ser vítima do nefasto virus. No relativo á relación persoal e individual isto é así, non ten replica. Se cadra, esta visión, é tamén a que pretende o nacionalismo español para a xestión do Estado, que eles ven como bloque monolítico.

“Entrada no outono”

Parece ser que as súas señorías o outono failles saír do letargo dos meses de estío e veñen con forza. O outono político que comeza ten temas de gusto e opinión.

Non, o PPdeG non é o PNV

Desde o día 12X, xornada electoral estival, corren ríos de tinta analizando a histórica vitoria electoral do PPdG e de Feijoo, 42 deputados/as, asisto perplexo a unha afirmación que empeza a ser case unha serenata: “o PP de Feijoo é como o PNV” e case que me da a risa, coñezo ben o PNV e non é o PPdG.

A política, outra vítima do COVID-19

Todo xira sobre as posicións políticas no relativo ao Coronavirus de Wuhan: cada televisión, cada xornal, cada repaso e case cada conversación ten como eixo as posicións e decisións políticas de tal ou cal. E non discuto que teña certa lóxica mais despois de tanto tempo e con tanto tempo esta situación so leva a unha secuela seria, a desafección total da poboación sobre a política xeral.

COVID-19 e localismos

Un pequeno ser, veu a demostrar a falta de unión nas accións políticas das administracións locais e a vixencia de que cada quen fai a guerra pola súa banda, moitas das veces sen máis criterio que o de ocupar portadas de prensa. A resposta coordinada de moitas empresas e sectores, e sobre todo a respostas coordinada e a solidariedade da xente son unha balde de auga fría nos eido político administrativo.

Que difícil!!!

Prodúcese un dilema, diante da situación de pandemia, para aqueles que facemos política e que representamos un proxecto de sociedade ideolóxico. Cal é a actuación correcta neste caso? Unha decisión difícil que encontra coa moral e a propia acción política que moitas das veces é oportunista Supoño que cada quen terá unha opinión, válida e matizable, pero coido que soamente un camiño é o de recibo: sumar.