Artigos de Álvaro Rodríguez

EUA e as súas distraccións son os vencedores

O Califa de Córdoba conseguía ruborizar ao Presidente do Goberno Felipe Gonzalez denunciando as súas políticas ultra liberais, e o Isidoro da Cia tacháballe de comunista a modo de insulto ou descualificación. Insistía Julio Anguita que non era de recibo buscar subterfugios para tapar as políticas liberais acudindo a temas de alcoba ou intimas.

Que brincadeira hai en Bruxelas

A Comisión Europea prohibe pescar á frota galega. Aproba 87 vedas e dos 1.000 barcos que non poden pescar 500 son españois, dos cales 207 de Galicia segundo os cálculos da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EFBA, polas súas siglas en inglés) e a patronal pesqueira Cepesca.

Antes estabamos ben, pero era mentira

En Galicia pérdese polas tubaxes a 41% da auga. Terremoto sísmico non houbo. Entón que ocorreu? Pode ser que o suposto cambio climático afecte as tubaxes?. Talvez a súa construción foi neglixente, defectuosa ou chafalleira?

¿Quen nos mente?

Obras construídas hai 20 anos derrúbanse. Obras valoradas en centos de millóns de euros desaparecen convertidas en entullos. As empresas construtoras máis potentes, FCC e ACS dos oligarcas Carlos Slim e Florentino Pérez foron as artistas.

A Democracia da Usura

Xúbilo e prosperidade para a banca. A compra de débeda polo Banco de Bruxelas acabará o 1 de xullo, e nese mesmo mes provocarase a primeira subida de tipos, do 0,25%. Estímase, para xolda e alegría da banca, que España peche 2022 cunhas obrigacións que representen o 120% do PIB, cos seus respectivos intereses a pagar á banca progresista. E soben os tipos de interese para as empresas e consumidores. Festa liberal bancaria.

Cocaína boa, Cocaína mala

Hai décadas xurdiu o debate: as drogas puras non fan dano, as adulteradas sí. Os ricos tiñan cocaína pura, os pobres mala, e por iso facíalles dano aos pobres e aos ricos non. Era como o aborto. Os ricos abortan en clínicas boas e os pobres en malas.

1º de maio: Festa do turbocapitalismo

É obvio que desde 1978 asistimos a políticas de privatizacións, desindustrialización, eliminación da Soberanía, somos servos da UE, OTAN, FMI, e sometemento aos plans e programas ideolóxicos, políticos, antropolóxicos, morais e económicos das plutocracias financeiras globalistas.

A Crise, a eterna Crise

O artigo 1 da Constitución establece: “España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado”. Atendendo ao indicado, correspóndese coa realidade?.