Artigos de Álvaro Rodríguez

A mesma manobra

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos últimos anos comezan a render froito, de forma que as melloras de rendemento triplican aos gastos» lembraba un dos dirixentes de ABANCA.

Os amos do progresismo

O grupo PRISA é o medio de comunicación “progresista” de España. Desde el deféndese a visión denominada vulgarmente “socialista” ou “socialdemócrata”, e “á “española”. As persoas que se afirman “progues”, xa sexa por interese crematístico, estética, tradición, por convicción ou conveniencia, fórmanse na opinion que ese medio lanza e presenta día a día. Iso a través dos seus múltiples medios, como prensa, radio, editoriais, libros, etc. É a biblia do progresismo español, a verdade autentica para os seus seguidores. Máis, ¿quen son os donos deses medios tan “socialistas”?.

Políticos mediocres, dirixentes excelentes

O medo instalouse, como querían que sucedese, na sociedade. A sensación de pesimismo e derrota da sociedade é evidente. E os analistas e xornalistas do sistema culpan á clase política pola súa mediocridade.

Galiza, paraíso liberal

328.853 persoas abandonaron Galiza na última década.

Os electivos progresistas e centristas

A política que o goberno progresista prometeu está a cumprirse. E é que todos os gobernos progresistas se caracterizaron por ser fieis ao seu papel, á súa función no actual réxime. Desde Felipe González ata o goberno de hoxe de Pedro Sanchez, Pablo Iglesias, e o xeneral Julio Rodriguez, son leais aos seus financiadores, a gran banca.

O informe Petras 25 anos despois

No presente artigo imos expoñer ou lembrar uns artigos do sociólogo Jamen Petras. Sobran as presentacións para o "revolucionario e anti-imperialista" activista e escritor, como el adoita definirse. Petras publicou o estudo “Marx no século XXI”, revista arxentina O Rodaballo (Revista de cultura e política. Ano 1, Nº 1, novembro 1994). O contido do mesmo é público na rede. Para Petras en 1994 a socialdemocracia morrera: “A transformación da socialdemocracia nun vehículo do neoliberalismo, socavou un tradicional punto de referencia para as clases traballadoras e as políticas do “benestar”. A aparición de voceiros ex comunistas e ex social–demócratas, actuando en favor do neoliberalismo, deu maior “autoridade” á idea de que “non hai alternativa” fronte ao capitalismo de “libre mercado”. Fin da cita.

A ilusión e a realidade

Podemos, Anova, mareas dalgúns pobos e EsquerdaUnida pecharon unha candidatura conxunta despois de criticarse ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación. Con este feito compróbase que a esquerda rupturista é un mito. Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.

A dictadura da apariencia

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá, Elisabeth Noelle- Neumann, expuxo a súa teoría da espiral. Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas. Consideraba que nesta sociedade as ideas contrarías ao sistema dominante, eran atacadas e desprestixiadas. Ante esa realidade, os individuos optaban polo silencio.