Artigos de Farruco Graña

Non aprenden

Semella que hai xente que non aprende nin que baixen os anxos. Desta volta tocoulle ao señor Aznar laretar usando os vellos tópicos sobre os galegos e galegas á hora de se referir ao seu compañeiro de partido, o señor Rajoy.

Móvese algo en Asturias

O momento político que vive Asturias é moi interesante. Estabamos acostumados ao dominio socialista, cunha pequena cuña introducida por IU (indispensábel agora para garantir o goberno) e un acomodado PP que, baixo o paraugas do gabinismo, secuestra as súas posibilidades de futuro a maior gloria de Gabino de Lorenzo (alcaldísimo de Uviéu).

Ghaliña-choca

Hai vellos estigmas que de cando en vez agroman e lémbrannos etapas xa pasadas que non deberían ter regresado.

Feijo11: un fracaso

Xogando coa imaxe do espía da raíña imperial, Feijo09, mozo ghuapetón onde os houber, presentouse ante a sociedade galega como xestor eficaz que todo o ía solucionar… na máxica cifra de 45 días!

Sobre o Eo-Navia, parte II

Nesa mesopotamia que conforman as terras do Eo-Navia logrou sobrevivir unha cultura, unhas maneiras de pensar, sentir e obrar moi específicas.

Sobre o Eo-Navia, parte I

Esta semana pasada puidemos sorprendernos na Mariña luguesa e nas terras do Eo-Navia ante unha noticia ben rechamante. Cinco persoas, integradas nunha plataforma, manifestaban publicamente o seu apoio á explotación dunha mina de ouro en Salave (Tapia de Casarego).