Artigos de Rodri Suarez

Belén Esteban preside a Xunta

Nos últimos tempos, semella que o autogoberno galego só ten sentido como plató de televisión. Talvez, porque está en mans dos que non cren no seu significado e prefiren o escándalo mediático.

Municipalistas como Feijóo

Ás veces fanse pesados, pero elixir ben os -istas e os -ismos é moi relevante.

Marineda contra A Coruña

Marineda foi o nome literario co que Emilia Pardo Bazán falaba da Coruña.

Prensa, política, empresa

Un par de días antes da anunciada marcha de Zapatero entre algúns forzosos aplausos que non poden ocultar o desencanto respecto á ilusión inicial, o PSOE de Galicia denunciou que cargos dos medios de comunicación públicos da Xunta foran interventores electorais do PP.

José Blanco, ministro de Madrid

Entre as tradicións deste país que deberían cambiar radicalmente de contido está a do “ministro galego”.

A patoloxía Inditex

Pasou, pasa e pasará. En medio dun grupo e entre viños, algún co periódico na man pregunta: “Pero para que queren tantos cartos? Por que non o deixan e gozan un pouco da vida, que xa van maiores?”.

Galicia, capital Chicago

Poucos na Costa da Morte saben quen é. Tampouco noutros lugares é demasiado coñecido. Pero malia ter falecido hai varios anos, goberna.
Rodrigo Suarez Rodri Suárez (A Coruña. 1974) é xornalista. Foi xefe da área de Política de Xornal de Galicia e xefe de Deportes en La Opinión de A Coruña, traballou en A Nosa Terra e DxT Campeón, foi guionista de humor para a TVG e colaborou ou colabora en varios medios, como en Localia Coruña (Turkia, La Prórroga) en Radio Coruña-Cadena Ser (A Tropa da Tralla ou a programación deportiva), Cope-Galicia ou as revistas Bravú e Interviú, que postas así compoñen un sorprendente pareado. Como o seu eixe vital anda entre Monte Alto e Fisterra ten o soño de ser fareiro.