Erro de coordinación

Opinión - 08 Xaneiro 2010

O cidadán Omar Faruk naceu fai 23 anos en Lagos (Nixeria), no seo dunha familia adiñeirada, e cursou estudos universitarios en Londres de Enxeñería mecánica. Foi alí onde foi chamado por Alà e correu ao Iemen, de onde era orixinaria a súa nai e segundo di a policía estadounidense pretendeu converterse en mártir da causa de Al Qaeda. O pasado venres tomou un avión dirección Detroit e como todos sabemos, levaba consigo un poderoso explosivo mal situado na zona máis íntima do seu corpo, que pretendeu facer estoupar e que encendió de novo o pánico xeral. Dous días máis tarde, outro pasaxeiro na mesma liña, antes de chegar a Detroit, encerrouse no lavabo do avión, ameazando con estoupalo; aterrou nunha zona apartada e o viaxeiro foi detido. Estas situacións desvelan un clamoroso fallo de descoordinación da Administración Obama que encendeu as alarmas e os ánimos dos norteamericanos. Os datos apuntan que os servizos de intelixencia tiñan información suficiente para evitar que o terrorista embarcase no avión co explosivo suficiente para rebentalo. O erro é de tal proporción que ata Obama visiblemente irritado cualificouno como “inaceptable”. O longo dos anos, no noso país houbo exemplos lamentables de descoordinación nun tema tan grave como o terrorismo, e non sempre admitidos polo Goberno de turno. Obama, pola contra, non tivo inconveniente para recoñecer a desastrosa actuación dos seus subordinados, que é o primeiro paso para tratar de evitar a súa repetición no futuro. Por iso, sabemos todos os españois que a unidade é imprescindible para erradicar o terrorismo, pero esa unidade só é posible se quen dirixe actúa con lealdade e transparencia

Dubai, fin de festa

Opinión - 28 Decembro 2009

Dende fai anos, presentábase os emiratos como un novo boom inmobiliario onde todo era posible, onde a riqueza se multiplicaba.

Pedagoxía futboleira

Opinión - 20 Decembro 2009

Despois de repasar as noticias deportivas do pasado fin de semana, chama a atención a certa (ou excesiva) incivilidade que existe ó redor do fúltbol.

En busca dunha nova reforma

Opinión - 14 Decembro 2009

A profunda recesión que sofre a economía española foi provocada,como todos ben sabemos, pola profunda crise do sistema financiero, ademais do estourido da burbulla inmobiliaria. Por iso, sorprendenos que nas últimas datas as organizacións empresariais e o pensamento da dereita propoñan para saír da crise unha nova reforma laboral.

Indecente

Opinión - 06 Decembro 2009

A vicepresidenta do Goberno, Fernández de La Vega, calificou hai uns días de indecente a pretensión dos funcionarios de que se lles suba o soldo "cuando a inflación sexa negativa". Afirmación razonable, pero pódolles transcribir un explícito documento que recibín fai uns días no meu correo electrónico...

  • 1
  • 2
  • 3