Artigos de Xesús Veiga

A coartada de Feijóo

Na conmemoración da ratificación legal do actual Estatuto de Autonomía, Alberto Núñez Feijóo e o seu partido reiteraron a coartada xustificativa que veñen utilizando, durante a última década, para incumprir a inicial promesa formulada na campaña electoral do ano 2009 relativa a unha presunta  iniciativa de reforma estatutaria: a situación política xerada en Catalunya a partir do recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP de Rajoy contra o novo Estatuto aprobado en referendo polo corpo electoral catalán.

Reaxustes no mapa político estatal

Todos os indicios apuntan a que, nun futuro relativamente próximo, o partido “Ciudadanos” desaparecerá do escenario político ou ficará nunha posición irrelevante. A esta altura, resulta pertinente lembrar algúns aspectos do seu nacemento e posterior medre e, tamén, suscitar algunhas interrogantes sobre as consecuencias derivadas desa previsíbel hipótese.

Un ano de pandemia

Estase cumprindo, agora, un ano dende o comezo da pandemia sanitaria. Pouco tempo se consideramos a perspectiva dos prazos que se computan nas mudanzas que se rexistran na historia. Moito tempo, poren, se manexamos as referencias psicolóxicas das persoas que atravesamos esta ruta incerta que nos deparou o destino.

o 23F visto dende a equerda

Ter vivido, hai 40 anos, dende a primeira liña do activismo político, o intento de golpe de Estado do 23-F proporciona a satisfacción de coñecer directamente unha das experiencias mais relevantes rexistradas no ámbito do Estado español despois da morte de Franco. Ao mesmo tempo, provoca a frustración de comprobar que o paso do tempo non posibilita o desexado coñecemento de todos os materiais que fican arquivados na carpeta dos “segredos de Estado”.

Buscar unha saída para o labirinto catalán

Un dos aspectos mais salientábeis dos comicios ao Parlament de Cataluña do pasado día 14 foi a elevada cifra de abstención rexistrada (a maior porcentaxe da serie histórica deste tipo de convocatorias: a respecto da anterior, celebrada no mes de decembro de 2017, deixaron de votar un millón e medio de persoas).

As vacinas no centro das polémicas

As vacinas contra o coronavirus convertéronse nunha sorte de chave mestra que serve para alimentar a esperanza do control da enfermidade nun prazo de tempo razoábel e, simultaneamente, abren a porta a un futuro económico menos incerto do que agora domina nos estados maiores de empresas, gobernos e organismos especializados. A lóxica transcendencia que se lle asignou a estes fármacos preventivos permitiu visualizar, con maior amplitude, algúns dos comportamentos que habitan no seo do noso corpo social.

O derradeiro vestixio do poder financeiro galego

O proceso de absorción de Bankia por Caixabank abriu a caixa de Pandora dos procesos de concentración bancaria no ámbito do Estado español. Metidos na lóxica de que o medre na dimensión empresarial é unha condición imprescindíbel para acadar as rendibilidades mínimas na actual conxuntura do negocio bancario, non cabe descartar que -nun horizonte temporal non lonxano- apareza unha eventual proposta de integración de ABANCA nun proxecto empresarial de maior envergadura.

O complicado camiño da harmonización fiscal

A polémica sobre a situación fiscal na Comunidade de Madrid podería inspirar a formulación dunha singular versión do “principio de Arquímedes”: todo problema mergullado na confrontación política convencional experimenta unha pulsión simplificadora e demagóxica proporcional ao volume de complexidade analítica que posúe.