Artigos de Xesús Veiga

As hemerotecas arden mal

A pesar de que non o pareza, Núñez Feijoo tivo sorte na secuencia temporal rexistrada nestas primeiras semanas de Outubro.O debate parlamentario sobre o estado da nación galega realizouse tres dias despois dos relevantes acontecementos vividos en Catalunya por mor da convocatoria do 1-O.

Consultar á sociedade catalá

A esta altura, calquera persoa que pretenda analisar con rigor a situación que se vive en Catalunya ten que recoñecer que xa non existe, no seo do seu corpo social, o amplo acordo que se rexistraba dende o posfranquismo sobre as fórmulas de relación coas demais nacións e comunidades que conforman o Estado español.Para comprender os factores causais desta realidade é preciso proxectar a visión analítica ao conxunto da última década.

A historia do financiamento autonómico

Nos mais de trinta anos de vixencia dos Estatutos de Autonomía elaborados e aprobados a partir do texto constitucional de 1978, a cuestión do financiamento das CC.AA. ten sido obxecto dunha atención fulcral nos debates políticos e tamén nas análises realizadas nos ámbitos académicos ou nos medios de comunicación.Durante todo este período histórico houbo diversas respostas ás dúas cuestións básicas que están no cerne da problemática do financiamento territorial:qué volume de recursos debe proporcionar o sistema ás institucións de autogoberno das distintas Comunidades e cal debe ser o nivel de poder fiscal existente en cada un dos entes territoriais.

O capitalismo realmente existente

A política francesa semella levar no seu “adn” unha propensión a certo rupturismo nominalista que evoca alguns dos eventos mais coñecidos da súa historia.

A escolla de Feijóo

A maioría dos relatos biográficos que se constrúen sobre Núñez Feijoo sinalan como virtude aparentemente indiscutíbel a súa capacidade para realizar unha xestión acaída dos recursos (políticos, económicos, mediáticos) que lle proporciona o seu posto institucional de presidente da Xunta.

25 de xullo: Era inevitábel a división?

O 25 de Xullo do ano 2015 foi unha data especial. Tivo lugar unha celebración do Día da Patria diferente do que tiña acontecido nas últimas décadas. Unha comisión plural conformada por persoas relevantes da cultura e da sociedade galegas realizou unha convocatoria unitaria que -agás o PSdG-foi secundada pola totalidade das forzas nacionalistas e de esquerdas. Semellante feito extraordinario foi posíbel pola conxuntura específica que se vivía naqueles meses -comezo dun novo ciclo electoral coa aparición de novos actores no escenario- e, tamén, pola decisión xenerosa adoptada polo BNG renunciando á tradicional demostración da súa hexemonía mobilizadora nesa data.

Aquel 15 de xuño de 1977

A lembranza das eleccións do 15 de Xuño de 1977 organizada polo actual Congreso dos Deputados exemplifica as luces e as sombras da chamada transición á democracia.

A desfeita do Banco Pastor

Cando Alberto Núñez chegou á presidencia da Xunta, o sistema financeiro galego pivotaba sobre tres entidades principais: Caixagalicia, Caixanova e o Banco Pastor. As dúas primeiras tiñan unha natureza fundacional -xa que logo, non substancialmente lucrativa- e o terceiro era unha sociedade anónima clásica orientada á consecución do máximo beneficio.As Caixas operaban cun marco normativo específico no que as institucións políticas galegas tiñan unha notábel capacidade decisoria.No caso do Pastor, os condicionantes legais eran semellantes aos que presidían as actividades do conxunto de empresas financeiras existentes no Estado.