Artigos de Xesús Veiga

As incógnitas do 26-X

As eleccións xerais do vindeiro día 26 conteñen o maior número de incógnitas rexistradas neste tipo de acontecementos na recente historia política estatal.Ademais da importante novidade que representou o mapa parlamentario xurdido na cita do pasado 20 de Decembro, a repetición dos comicios é todo un desafío ás lóxicas dominantes na formulación das predicións electorais.

A historia completa de Gómez Aguerre

O pasado dia 22, a Voz de Galicia anunciaba a morte de Pedro Gómez Aguerre, gobernador civil da Coruña entre 1978 e 1982, e deixaba constancia dalgunhas circunstancias biográficas que o devandito xornal consideraba especialmente relevantes.Dende o feito de ser “un colaborador leal do presidente Adolfo Suárez” que “tivo que facer fronte a dous intentos de golpe de Estado” e “nos que se mantivo ao carón da Constitución e da democracia” ate “o seu labor na organización do referendo no que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia e a primeira viaxe dun papa á comunidade galega realizada no ano 1982”.Sinalaba, ademais, que “tivo especial protagonismo no proceso autonómico de Galicia e foi un dos impulsores das primeiras transferencias do goberno central ao Executivo autonómico”.

Camiñando cara o 26-X

A repetición das eleccións xerais constituía unha alternativa con elevadas probabilidades de ocorrencia debido ás restricións tácitas ou expresas fixadas polos principais actores do escenario político conformado o pasado 20 de Decembro.O PP postulaba unha opción –a chamada gran coalición- que non resultaba viábel pola negativa do PSOE e pola peaxe establecida por Cidadáns (a retirada de Rajoy).Os dirixentes socialistas rexeitaban calquera acordo de gobernabilidade que levase aparellado a abstención de ERC e DiLL e teimaban nunha imposíbel alianza con Podemos, as confluencias e o partido de Albert Rivera.Ao cabo, as dúas fórmulas alternativas que proporcionaban unha indiscutíbel maioría parlamentaria non resultaron factíbeis porque o Partido Socialista evitou participar en calquera delas.

A que xoga Abel Caballero?

O PPdG vai chegar ás vindeiras eleccións galegas nunha situación ambivalente:ademais da súa coñecida fortaleza organizativa derivada dunha ampla presenza territorial e social, o partido de Feijoo atura un deterioro significativo da súa credibilidade por mor dos efectos combinados da crise económica e dos variados casos de corrupción.Pódese aceitar que, neste momento, o candidato Feijoo está menos queimado que Rajoy e posúe, ademais, algunhas vantaxes adicionais.Unha das mais relevantes é a imaxe ofrecida polo PSdG.Ademais da caída de Besteiro e da endémica cantonalización da organización –incentivada pola actual posición hexemónica de Abel Caballero-, o penoso espectáculo deparado polas negativas de diversos dirixentes a participar na elección do cartel electoral, certifica que non existen expectativas sólidas no propio núcleo encargado de crear un clima de confianza de cara á esa confrontación electoral.

A decisión de Feijóo

Durante os últimos meses, Alberto Núñez Feijoo semellaba ser o protagonista dun filme de suspense a respecto da súa decisión final sobre unha nova candidatura á presidencia da Xunta.

Ascensión e caída de Besteiro

Cando no 2009 o PP de Núñez Feijoo derrotou, pola mínima, ao PSdG e aoBNG, o aparato de Ferraz promoveu a dimisión de Touriño e colocou a Pachi Vázquez como substituto provisorio mentres Xosé Blanco maduraba a decisión da súa eventual candidatura á presidencia da Xunta.A desfeita do PSOE nas xerais de 2011 e os episodios xudiciais nos que se viu involucrado provocaron a inhibición do político de Palas.O novo triunfo de Feijoo nas eleccións galegas do 2012 abriu ás portas á chegada de Besteiro á secretaría xeral do Partido Socialista.O novo dirixente ofrecía como activo relevante a súa presidencia dun bipartito provincial que non padecera os conflitos e desencontros exhibidos no ámbito galego e dispuña da ampla marxe de manobra derivada da inexistencia dunha oposición significativa no interior do propio partido.

Divide e vencerás

Dende hai algúns meses, as mudanzas que se están rexistrando na política galega resultan evidentes.Para quen tivera dúbidas, aí está a reacción pública do PPdG á recente Asemblea Nacional do BNG.Ou ese laudatorio artigo escrito por unha persoa –Xosé Carlos Caneiro- cuxa afinidade política co actual presidente da Xunta ten sido expresamente recoñecida.

O BNG ante o reto da súa refundación

Os chamados “contrafactuais” están sendo moi utilizados en determinados ámbitos mediáticos.Certamente, constitúe un exercicio intelectual estimulante imaxinar qué tería ocorrido se a historia, persoal ou colectiva, tivera seguido unha traxectoria diferente á que, finalmente, se rexistrou.