Artigos de Xesús Veiga

A conxelación da política

Os manuais que utilizan habitualmente aqueles partidos políticos que posúen maior influencia electoral establecen un criterio valorativo de relevancia indiscutíbel:esas organizacións existen para resolver os problemas que afectan ao corpo social.Aí radica a presunta superioridade argumental que exhiben ante os demais:eles pretenden ser útiles e non propoñen fórmulas ou alternativas utópicas.

A pantasma do bipartito

Unha pantasma percorre os despachos de San Caetano.A pesar do tempo transcorrido, o goberno bipartito (PSdG-BNG) segue presente nos labirintos do poder galego.Só así cabe entender o recurso argumental que, periodicamente, exhibe Núñez Feijoo nas súas intervencións parlamentares.

Ceferino

Pasou case un ano dende a desaparición física de Ceferino Díaz. A concesión, a título póstumo, da Medalla de Ouro de Galiza é unha merecida lembranza institucional que pode contribuír ao medre do coñecemento público da historia da transición política vivida na segunda metade da década dos setenta do pasado século.

Feijóo e as carencias da oposición

Seguindo a mesma lóxica que se practica habitualmente no mundo dos negocios, Núñez Feijoo pretendía patrimonializar os beneficios do poder que ocupa e socializar coa oposición –singularmente co PSdG- as perdas asociadas ao labor que desempeña.

Deutchland uber alles

As eleccións celebradas na República Federal de Alemaña confirmaron algunhas das tendencias presentes nesa sociedade e abriron algunhas incógnitas para o futuro.

Oportunidades e ameazas para Besteiro

O triunfo de Gómez Besteiro nas primarias celebradas o pasado día 7 e a futura confirmación como secretario xeral do PSdG no vindeiro Congreso, abre unha nova andaina nesta organización política.

Pedagoxia negativa

Non saben ou non respostan.Coma se foran abordados por unha empresa encargada de facer análises demoscópicas, Arenas, Cascos e Cospedal non quixeron confirmar ante o xuíz Ruz algunhas das informacións mais relevantes que se derivan dos papeis de Barcenas.

Un comportamento intolerábel

Unha traxedia como a que vivimos o pasado 24 de Xullo en Santiago constitúe un test que serve para medir varias cousas:a capacidade solidaria do corpo social, o comportamento das persoas que sustentan co seu traballo o funcionamento dos servizos públicos e o labor dos xestores que dirixen a propia maquinaria das administracións.