Artigos de Xesús Veiga

O debate económico que non existiu

Cando comezou o curso político, no pasado mes de Setembro, existía un prognóstico case unánime nas análises mediáticas: a situación económica ía ocupar o lugar dominante no debate público e nas estratexias dos principais actores políticos.

Certezas e incógnitas da cita electoral municipal

Hai uns meses especulouse coa posibilidade de que Pedro Sánchez adiantase a convocatoria das eleccións xerais para facelas coincidir cos comicios locais previstos para o último domingo do vindeiro mes de Maio. Falábase de que tal opción podería maximizar os resultados do PSOE nas urnas. Dado que nesa mesma cita primaveral van ser elixidas as Cámaras lexislativas dalgunhas CC.AA., a eventualidade de semellante coincidencia suscitou unha notábel preocupación naqueles baróns socialistas que dispoñen dunha influenza importante nos segmentos do electorado mais reticentes aos acordos parlamentares con forzas como ERC ou Bildu.

As pegadas do Prestige

A conmemoración da traxedia do Prestige orixinou un conxunto de análises, debates e achegas que serviron para lembrar a transcendencia do sucedido e sinalar a necesidade de promover políticas preventivas ante unha eventual repetición de algo parecido.

O epílogo de Feijóo

No ano 2018, cando Mariano Rajoy foi desprazado da Moncloa pola moción de censura presentada polo PSOE, Núñez Feijoo non quixo presentar a súa candidatura á presidencia do partido e permitiu que, finalmente, Pablo Casado gañase as eleccións internas fronte a Soraya Saenz de Santamaría.

A chegada de Felipe González á Moncloa

Instalados no ronsel da lembranza de importantes acontecementos históricos, atopámonos coa conmemoración dos 40 anos da vitoria electoral de Felipe González que propiciou a formación do primeiro goberno do PSOE despois da morte de Franco.

A segunda morte de Gorbachov

Nas últimas semanas, a morte de Gorbachov serviu para evocar un conxunto de acontecementos sucedidos na derradeira década do século XX que tiveron unha grande relevancia na evolución da historia contemporánea.

Un punto de inflexión na historia do nacionalismo

A importancia do nacemento do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Setembro de 1982 residiu na súa condición de acontecemento fronteirizo entre dúas épocas da historia do nacionalismo galego contemporáneo. Antes desa data, xa existían diversas organizacións políticas nacionalistas (PSG, UPG, ANPG...) e, posteriormente, tamén se mantiveron vivas outras expresións partidarias (EG, UG, FPG...). Foi na década dos 90 cando se rexistrou unha converxencia orgánica substancialmente diferente ao que se tiña coñecido anteriormente: daquela, o proceso iniciado no outono de 1982 acadou unha dimensión inédita coa presenza activa dun abano plural de colectivos e persoas.

Vellos e novos problemas graves pendentes de solución

Neste mes de Agosto de 2022 estiveron converxendo, no ámbito do Estado español e noutros países da contorna europea, un conxunto de circunstancias que remiten a problemas de moita fondura. Ademais do que representou a invasión de Ucraína polo Exército ruso -no plano da vulneración das regras que deben rexer as relacións entre Estados soberanos e nas importantes consecuencias económicas que provocan nas sociedades da UE e no propio corpo social da Federación rusa- estamos asistindo á multiplicación de incendios forestais e a importantes ameazas no suministro de auga por mor da intensa seca que se está a rexistrar nas últimas semanas.