Artigos de Xesús Veiga

Os relatos sobre a historia recente do nacionalismo

Unha das novidades rexistradas na recente campaña á Cámara lexislativa galega foi o acordo presentado por Ana Pontón e Martiño Noriega -en representación do BNG e de Anova- en virtude do cal, a organización que encabeza o que foi alcalde de Santiago solicitaba publicamente o apoio ás candidaturas do Bloque para os comicios celebrados o pasado 18-F.

Primavera electoral transcendente

O adianto da celebración das eleccións ao Parlament de Cataluña para o vindeiro 12 de Maio provoca unha singular circunstancia temporal: no período comprendido entre o 28 de Maio de 2023 e o 9 de Xuño de 2024 terán lugar as 6 convocatorias que configuran o ciclo electoral principal no ámbito estatal.

Un punto de inflexión no tratamento da corrupción?

O chamado "caso Koldo" colocou a temática da corrupción, mais unha vez, no centro da atención pública. Poren, nesta ocasión, apareceron dúas novidades relevantes a respecto do que viña sendo habitual nos episodios anteriores: un xeito diferente de entender as denominadas responsabilidades políticas e o marco singular (a pandemia da COVID que comezou hai agora 4 anos) no que tiveron lugar as prácticas irregulares que están sendo investigadas.

Continuidade e cambios no 18F

Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a forza mais votada o domingo no que rematou a semana do Entroido -o PP- posúe a maioría parlamentaria suficiente para ocupar o goberno da Xunta en solitario.

A posibilidade dun cambio histórico

O termo "histórico" é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.

A memoria do Prestige aparece na campaña

É ben coñecida a frase de Carlos Marx contida no inicio da obra "O 18 Brumario de Luis Bonaparte": "A historia ocorre dúas veces: a primeira vez como unha grande traxedia e a segunda como unha miserábel farsa".

A campaña máis estalizada da última década?

Despois de moitas especulacións e declaracións, xa sabemos a data dos comicios ao Parlamento galego. Certamente, o adianto dunha convocatoria electoral forma parte das normas e das prácticas vixentes en moitos sistemas democráticos. Xa que logo, non ten sentido focalizar a discusión na congruencia legal da decisión tomada por Alfonso Rueda senón noutras cuestións relevantes: os argumentos utilizados para explicar o adianto e as formas aplicadas na súa execución.

Podemos: dez anos de luces e sombras

O recente abandono das 5 deputadas e deputados de Podemos do Grupo Parlamentar de Sumar e a súa integración no Grupo Mixto no Congreso escenifica, definitivamente, unha ruptura que se viña madurando durante os últimos meses.