Artigos de Xosé Glez.

En agosto, comer e beber do noso

Cando convido aos amigos a xantar ou cear adoito poñer na mesa un espumante, un vermú e un viño etiquetados en galego. Para a sobremesa, queixo e licores, que tamén estean etiquetados na nosa lingua. Nese ambiente aproveito para poñer en práctica as miñas artes socráticas explicándolles a importancia que ten para a nosa economía e o futuro da nosa identidade cultural o consumo responsable. Entendo por tal, amosar preferenzas polos produtos do país e por aqueles que se expresan na nosa fala.

Por unhas festas máis galegas

Pasou o día,pasou a romaría; e de hoxe nun ano. O dito repítese unha e mil veces cun certo aquel de tristura; tantas como festas se celebran durante o ano en Galicia. As máis delas cunha programación rotineira, sen ningún interese ou singularidade que as faga merecentes das atencións dos que buscan nelas a nota de orixinalidade. A falta de imaxinación da que fan gala os seus organizadores vai parella coa desmedida voracidade dos que miran nelas unha fonte inesgotable para faceren negocio. Refírome a esas empresas de espectáculos que ofrecen orquestras e atraccións desgaleguizadas.

Enrique Peinador Lines, memoria dun empresario galeguista

Na miña memoria gardo o vivido en Mondariz-Balneario con Luís Soto. Ocorreu hai ben anos.Visitabamos o balneario e naquel escenario o vello amigo evocou a grandeza política de Enrique Peinador a quen algún día Galicía terá que renderlle recoñemento en pública homenaxe. Gardei para min aquel desexo durante moito tempo, e cando as circunstancias foron propicias boteime ao rescate da súa memoria.

O Couto Mixto, capital de fronteira

Vai para máis de vinte anos que fun visitar as estremeiras terras da raia seca na baixa Limia. Ali houbo unha entidade territorial con personalidade xurídica de seu que tiña as súas oríxes na idade media. Chamábase Couto Mixto. Un protectorado das casas nobiliarias de Bragança e Monterrei, coas mesmas peculiaridades políticas de Andorra.

XXV Premios Peña Novo, o recoñocemento do maxisterio galeguizador

No patio de armas do histórico castelo de Soutomaior celebrarase o acto da entrega dos Premios Peña Novo o próximo día 26 do mes que andamos. Un convocatoria que todos os anos vén congregando a centos de amigas e amigos procedentes de diversos lugares da xeografía galega para testermuñaren a merecida homenaxe e recoñecemento público a aquelas persosas merecentes del polo seu bo facer na dignificación da nosa lingua.

As contas non cadran

Gardo a Cartilla Militar que me entregaran ao rematar o servizo militar obrigatorio, nas que se reseñaban as calificacións polo amor ao servizo, entrega, sacrificio e disciplina. No que fai ao Valor facían unha anotación común para todos: “se le supone”.

Irmandade Xurídica Galega

O próximo día 1 de xuño a Irmandade Xurídica Galega celebrará a XII asemblea anual na cidade de Pontevedra. A constituínte tivo como escenario a vila de Celanova. Despois foron escollidas sucesivamente outras cidades e vilas para homenaxear a egrexios xuristas comprometidos coa causa da galeguidade.

Pagar en galego

Desde hai un mes circula profusamente polas redes sociais unha campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística instando á cidadanía a facer a declaración da renda en galego. Participan nela moitas persoas e coñecidos personaxes públicos.